Skip to Content

LIBROS DE TEXTO CURSO 2015/16

En documento adxunto tedes publicados os libros de texto para o vindeiro curso 2015/16.

AS FAMILIAS DE 3º E 5º DE PRIMARIA NON COMPREDES OS LIBROS ATA TER NOTIFICACIÓN OU FALAR CON DIRECCIÓN.

Recibide un cordial saúdo.

FONDO LIBROS DE TEXTO alumnado de 3º e 5º de Primaria no vindeiro curso 2015/16.

Eiquí tedes unha nota informativa sobre o FONDO de LIBROS de TEXTO que sacou a consellería para o curso 2015-16.

SOLICITAMOS as familias do alumnado que neste actual curso 2014/15 teñan os seus fillos en 2º e 4º de primaria, e queiran solicitar axudas para libros de texto, acudan á reunión que teremos no cole o luns 15 ás 16 horas.

 

Somos centro Voz Natura.

Acabamos de ser selecionados para o vindeiro curso escolar 2015/16 coma centro Voz Natura para o noso proxecto HORTO ESCOLAR NO CEIP O RAMO, podedes consultar a convocatoria neste enlace. O vindeiro curso ademais de coma actividade extraescolar de horto contaremos en ciencias naturais co apoio da organización, materiais e comité científico que La Voz de Galicia, pon a disposición dos centros que forman parte desta rede.

AXUDAS LIBROS CURSO 2015/16 para alumnado de 1º,2º,4º e 6º

A consellería acaba de sacar as axudas para libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º de EP, as familias que vaiades a ter os vosos fillos nestes cursos o vindeiro ano académico 2015/16, podedes pasar pola secretaría do cole a pedir a documentación precisa para optar aos vales de libros de texto.

No PDF adxunto podedes atopar toda a información precisa sobre esto.

 

AS FAMILIAS DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECIBIREDES INSTRUCIÓNS EN BREVE¡

PLAN DE CONVIVENCIA

Estimadas Familias:

Tedes o Plan de Convivencia o cal serviranos de moita axuda, para contribuir a un bo clima de convivencia no noso centro. 

Celebración do Maio

Como todos os anos dende o CEIP O Ramo facemos homenaxe ao Maio cunha ofrenda floral elaborada por todos os nosos nenos. As frores decoran a nosa escola celebrando a consolidación da primavera e o inicio dun novo cambio temporal con moita forza e ánimo para encauzar a recta final deste curso que inicia o seu fin...

 

Este ano, de acordo co noso proxecto de plástica e de biblioteca, relacionamos a celebración do maio coa homenaxe ao estilo do autor Keith Haring

Campaña pola seguridade vial

Hoxe levamos a cabo unha actividade sobre Educación Vial no parque de formación vial de Barallobre. Fomos escollidos polo concello e a DGT para unha actividade formativa na que ademais de aprender moitisimo, puidemos contar co asesoramento e resolución de dúbidas da xefa provincial de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro  o o capitán do subsector da Garda Civil da Coruña, Jesús del Río  o noso Alcalde, Gumersindo Feal, o Xefe da Policía Local de Fene e a Concelleira de Educaciòn, Juana Barro Couto.
Posteriormente enviamos unhas mensaxes sobre a importancia da Educaciòn e a seguridade vial, e fixemos unha solta de globos celebrando a xornada.

Destacar que esta actividade está promocionada, entre outras institucións pola ONU, da cal fomos escollidos para participar, o aprendizaxe foi interesantísimo, vendo a importancia de gardar as normas e ser consciente da seguridade vial coma conductores (coche, bici...) e coma peóns.

 

PROGRAMA DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO E CULTURAL CON COLEXIOS DO EXTRANXEIRO

Comezamos a poñer en marcha un programa de intercambio de experiencias , culturas, pensamentos, e inicio no coñecemento de outros idiomas con coles de outros países. A pasada xornada mantivemos contacto por videoconferencia coa Escola Italiana Direzione Didattica (Finale Ligure) preto de Savona. O aprendizaxe foi inmenso e pasámolo xenial¡ Manteremos contacto durante todo o curso en varias sesións... En breve comunicarémosnos cunha escola de Hungría....... Manterémosvos informados...

CEIP Plurilingüe O Ramo

 

Enderezo:

 

Rúa Pablo Ares Feal nº 28

Barallobre

15528 Fene

A Coruña


 

Telf./fax:  981 360 661

e-mail: ceip.oramo@edu.xunta.es

   Mapa       [Enlace á web antiga]


        localización

PXA

Distribuir contido


by Dr. Radut