Skip to Content

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE

Este curso 2015/16 iniciamos o noso programa, que xa cumple 2 anos de sensibilización da discapacidade, cun enorme traballo realizado dende o Departamento de Orientación e dentro deste polo Equipo de Atención á Diversidade, en concreto pola mestra Catu, que xestiona directamente o programa. Coa axuda da asociación ASCM principalmente e de Vida Activa, coordinadas pola Mancomunidade de municipios de Ferrolterra, os nosos nenos tiveron a oprtunidade de coñecer os deportes que practican as persoas con discapacidade ou diversidade funcional e practicalos coma o bogda, slalom de cadeiras de rodas, basket adaptado...... Foi moi pedagóxico e traballaronse os valores da inclusión educativa e social.

Fixemos slalom coas cadeiras de rodas, ensináronnos estupendos colaboradores
 
Respectivamente e de esquerda a dereita, viñeron a apoiarnos o alcalde de Mugardos (Domingo), o nosos alcalde de Fene (Juventino ) e o xerente da Mancomunidade de Ferrolterra (Luis), o seu apoio ao CEIP Plurilingüe O Ramo foi total.
Domingo e Juventino, participaron da festa e da actividade física no slalom co resto dos rapaces
 
Xogamos ao bogda
Fixemos Basket adaptado
 
Rematamos bailando e celebrando unha estupenda xornada de aprendizaxe e inclusión.
 
Grazas as asociacións colaboradoras ASCM e Vida Activa co noso programa de sensibilización da discapacidade, os nosos nenos aprenderon moitísimo...
 

PROXECTO VOZ NATURA

Neste enlace podedes escoitar a entrevista que nos fixo Radiovoz sobre o Proxecto Voz Natura que estamos a facer, e sen dúbida polo que aprenden os nosos nenos está a ser todo un éxito¡

SEGUNDO PRAZO SOLICITUDE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Estimadas Familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 10 de novembro de 2015 a segunda tanda de petición de axudas para adquisición de material escolar cun importe de 50 Euros para familias cunha renda per cápita inferior a 5400 Euros. Se queredes consultar a orde que regula esta axuda, tédela anexada ao pé desta noticia (Orde de 6 de novembro de 2015).

Para solicitar a axuda soamente tedes que pasarvos pola secretaría da nosa escola

FESTA DE SAMAÍN 2015

Hoxe tivemos unha celebración estupenda de Samaín, cun altísimo valor educativo, destacar o feito de que os nenos coñeceron as tradicións relacionadas con esta festa, manipularon e realizaron manualidades coas cabazas (aspecto altamente educativo), fixeron un mural e cooperativamente participaron na festa, decoraron o centro e desfrutaron das castañas coma menú típico deste día, asadas na nosa escola coma sempre, aproveitando os impresionantes exteriores naturais que temos e que tanto favorecen a aprendizaxe.

Biblioteca terrorífica¡

Collage do Samaín

Asamos as castañas fóra¡

Pasamos polo túnel do terror, que medo¡

Comemos castañas e xogamos mogollón¡

Concurso e exposición de cabazas¡

E os papas participáchedes tan ben coma sempre. Sodes os mellores¡

 

Visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez González

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria Don Román Rodríguez González, visitou hoxe o noso centro para darnos moitos ánimos no noso traballo, e felicitarnos pola nosa labor coma mestres, e comunidade educativa en xeral. Quixo facer fncapé no bó fucionamento da nosa biblioteca escolar coordinada por Rebeca e Celia, e destacou que estivésemos no PLAMBE, ademais felicitounos pola recente incorporación á rede de centros plurilingües. Foi moi cercano cos nenos cos cales estivo moito tempo e tamén coas mestras e mestres, fixo unha visita pola escola e comprometeuse a seguir mellorando as condicións da nosa escola para poder seguir proporcionando unha ensinanza de calidade. Velaquí tedes unhas fotos do momento...

Eiquí está o Conselleiro co xefe territorial e a representación do noso concello de Fene.

Contemplando as nosas estupendas instalacións así coma os exteriores da nosa escola que invitan ao aprendizaxe e maila diversión dos nosos nenos.

Contemplando os nosos proxectos pedagóxicos...

Saludando aos nenos e vendo as clases...

 

Foi un auténtico placer, Grazas pola visita Conselleiro¡

HORARIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

Estimadas familias:

O día 5 de outubro de 2015 iniciaremos a realización das Actividades Extraescolares, os nenos este ano poderán desfrutar da actividade de horto (dentro do programa de Voz Natura, do que formamos parte coma centro), obradoiro de cociña, patinaxe, multideporte, e ademais contaremos con tenis este ano.

 


 


LUNS


MARTES


MÉRCORES


XOVES


VENRES


16 A 17 HORAS.


Obradoiro da Natureza.


(Voz Natura)


Obradoiro de Cociña.


Multideporte.


Obradoiro de Cociña.


Patinaxe.


17 A 18 HORAS.


 


Baile Moderno.


Tenis.


 


 

FESTA DA BENVIDA 2015

Este novo curso 2015/16 festexamos o inicio de curso coa benvida, dando acollida aos nenos e nenas no CEIP O Ramo, que é a súa casa, e a todas as nosas familias, con especial agarimo as que son de nova incorporación, esperamos que esteades moi agusto con nós.

Así demos a benvida ao outono...

Con murales e collages...

 

Fixemos exposición de froitos do outono, que os nenos trouxeron da casa...

 

Pasámolo xenial cos xogos populares...

E por fin, concurso e degostación de doces típicos...

Axudas á adquisición de material escolar.

Estimadas Familias:

Acaba de sair hoxe mesmo no Diario Oficial de Galicia unha axuda para adquisición de material de 50 Euros para familias cunha renda per cápita inferior a 5400 Euros. Se queredes consultar a orde que regula esta axuda, tédela anexada ao pé desta noticia (Orde de 25 de agosto de 2015).

Para solicitar a axuda soamente tedes que pasarvos pola secretaría da nosa escola

RECOLLIDA LIBROS DE 3º e 5º DE PRIMARIA

Estimadas familias con alumnado escolarizado en 3º e 5º de primaria, a partir do luns 7 de setembro, poderedes vir recoller os libros dos vosos fillos na secretaría da nosa escola. 

IMPORTANTE¡: Pedímosvos que por favor, protexades os libros cun forro que sexa fácil de quitar posteriormente, para que en vindeiros cursos os nenos que veñen, poidan volvelos a utilizar en perfecto estado de conservación.

PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/16

Xa temos listo o programa de Actividades Extraescolares do curso 2015/16, aberto para todos aqueles nenos entre 3 e 12 anos que se queiran anotar. PROBADE a nosa semana de portas abertas, totalmente gratuíta do 21 ao 25 de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut