Skip to Content

Campaña pola seguridade vial

Hoxe levamos a cabo unha actividade sobre Educación Vial no parque de formación vial de Barallobre. Fomos escollidos polo concello e a DGT para unha actividade formativa na que ademais de aprender moitisimo, puidemos contar co asesoramento e resolución de dúbidas da xefa provincial de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro  o o capitán do subsector da Garda Civil da Coruña, Jesús del Río  o noso Alcalde, Gumersindo Feal, o Xefe da Policía Local de Fene e a Concelleira de Educaciòn, Juana Barro Couto.
Posteriormente enviamos unhas mensaxes sobre a importancia da Educaciòn e a seguridade vial, e fixemos unha solta de globos celebrando a xornada.

Destacar que esta actividade está promocionada, entre outras institucións pola ONU, da cal fomos escollidos para participar, o aprendizaxe foi interesantísimo, vendo a importancia de gardar as normas e ser consciente da seguridade vial coma conductores (coche, bici...) e coma peóns.

 



page | by Dr. Radut