E. Dinamiz. Ling. Galega

PROGRAMAS RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE

PROGRAMAS RADIO FALADORA

No seguinte enlace pódese ver e ler unha recopilación dos dez programas de radio emitidos durante o 2º trimestre.

Como xa sabedes o programa emítese os xoves despois do recreo de Primaria, pero por se alguén non o puído escoitar ese día ou quere voltar a escoitalo, cada semana tamén aparece aquí nesta páxina o enlace para o programa desa semana. E no remate de cada trimestre faise unha recopilación do guión escrito do programa.

Agardamos sexa do voso interese e tamén se aceptan suxerencias para mellorar.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/prog_radio_2__t

A PITA FALADORA 28

A PITA FALADORA

Xa podemos ler un novo número do noso xornal escolar "A Pita Faladora", da que levamos xa editados 28 números.

Como xa sabedes, este número igual que o primeiro deste curso 2008/2009, poderedes lelo aquí na páxina pincando no enlace pois só haberá un exemplar impreso por aula ademais dos da Biblioteca.

Moitas grazas a todos e todas por participar, ao Equipo de Redacción pola súa colaboración e neste número especialmente a nosa compañeira escritora Susana Lamela por escribir o artigo do apartado da  Editorial.

A todos e todas grazas de novo e que pasedes un bo anaquiño coa lectura, agora picade no enclace.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita_faladora_28

 

 

RADIO FALADORA

A continuación pódense ler os programas de radio escolar "Radio Faladora" que se levaron a cabo durante o primeiro trimestre todos os mércores, sendo locutores cada mes un grupo de alumnos e alumnas de sexto curso de Primaria.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/radiofaladora1

Almanaques 2009

ALMANAQUES 2009

Neste trimeste o Equipo de normalización e Dinamización Lingúística e un Equipo de Alumnos e alumnas de 6º estiveron a traballar para elaborar un almanaque no que aparecesen reflectidas as parroquias que están adscritas ao Colexio e que forman parte das 24 que compoñen o Concello de Ponteareas.

O almanaque que consta só dunha páxina será o que se imprima para cada aula, o que esta por meses quedará na páxina tamén para quen  o queira imprimir de forma persoal.

 

Agardamos sexan do voso agrado e  tamén suxerencias e críticas constructivas para o do vindeiro curso.

Grazas pola vosa colaboración para a obtención das fotografías.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/almanaque_parroquias

http://issuu.com/esther.prieto/docs/almanaque_meses

A PITA FALADORA 27

Para ver o número 27 da nosa revista escolar A Pita Faladora pinchar no seguinte enderezo: http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita_faladora_27

RADIO FALADORA 10

Pinchando neste enlace http://www.box.net/shared/vanrikego6#RADIO_FALADORA podes escoitar o programa da nosa Radio Escolar Radio Faladora, emitido no colexio o 11 de decembro de 2008.

A PITA FALADORA NA NOSA WEB

XA SE PODEN VER OS NÚMEROS ANTERIORES DA NOSA REVISTA ESCOLAR A PITA FALADORA. PARA FACELO IDE AO APARTADO REVISTA ESCOLAR E EN NÚMEROS ANTERIORES PODEDES ENTRAR NA NOSA REVISTA. ESTAMOS SEGUROS DE QUE VOS GUSTARÁ.

A PITA FALADORA

Pinchando nos enderezos seguintes podes acceder aos números 25 e 26 da nosa revista a pita faladora.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita25

http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita08

A PITA FALADORA

Se queredes ver un dos números anteriores da revista escolar do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios", pinchade no seguinte enderezo:

http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita

Actividades ENDL

  RADIO FALADORA

Para este curso que comezou a súa andaina, unha das actividades para o uso do galego, propostas polo ENDL e Biblioteca,  era a creación dunha emisora de Radio Escolar.

Pois, ben esta emisora xa está funcionando dende o pasado día 8 de outubro; e aínda que estamos aprendendo e facendo probas xa levamos 4 programas, nos que ademais de levar a cabo un concurso para elixir o nome (a gañadora foi unha alumna de 5º: Vérónica Vázquez Pumeda, que nomeou a nosa radio como RADIO FALADORA,este será o nome polo que se recoñeza de agora en diante), xa fixeron a súa intervención os alumnos de 1º B e 4º B.

Da emisión destes programas de radio, que se emite nos mércores alá polas 12 e cuarto da maña, encárganse  catro alumnos-locutores de 6º que van rotando, neste primeiro trimestre.

Os programas constan de novas do colexio, actividades (adiviñas, monográficos, resumo de saídas...) que os alumnos xunto cos seus titores/as propoñen e música que os alumnos elixen.

Animádevos a  deixar a vosa opinión proposta, así como a participar.

Arquivos adxuntos dos programas emitidos até o de agora.

RECUNCHO GALEGO

               Outra das actividades propostas polo ENDL para este curso a nivel de linguaxe escrita é o Recuncho Galego. Tratase de dous murais que permanecerán cada un nunha entrada do colexio para que os alumnos vaian deixando escritos.

Neste trimestre a proposta é  deixar adiviñas, refráns, trabalinguas ou cantigas que se refiran ao outono escritas en papeis con forma de follas, cogomelos, landras, castañas...

Agardamos axiña se enchan, logo recolleranse e confeccionaranse libriños para a Biblioteca.

Distribuir contido