E. Dinamiz. Ling. Galega

ACTO DAS LETRAS GALEGAS 2014

Este venres 16 de maio, a partires das 13.00 horas tivemos no CEIP Nosa Señora dos Remedios o acto central da celebración das Letras Galegas 2014, homenaxeando a Xosé Mª Díaz Castro.

Primeiro leuse un manifesto a prol da Lingua Galega por parte de alumnos/as do Colexio. Continuamos co recitado de varios poemas do autor. Despois o coro do Colexio interpretou varios temas.

Tivemos de seguido a actuación do Grupo de baile e pandereteiras Pedra da Garza de Fozara (Ponteareas).

Para rematar, todo o colexio interpretou o Himno Galego.

O escenario estaba decorado con bandeiras galegas feitas nas aulas e cun mural de gran formato elaborado baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Foi seguido con interese por todo o alumnado do colexio.

Distribuir contido