E. Activid. Complem.

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA 2012

Entre o 8 e o 16 de outubro celebramos no noso colexio as Xornadas de Educación Viaria 2012, coordinadas dende o equipo de actividades complementarias e coa imprescindible participación da Garda Civil que puxo un circuíto completo no que o alumnado recibiu unhas normas de educación viaria. Tamén foi importante a participación da Policía Local de Ponteareas que colaboraron todos estes días instruíndo ao alumnado.

Participaron todos os alumnos e alumnas do colexio; os máis pequenos con triciclos, outros con bicicletas e os amiores con karts que trouxo a Garda Civil. Houbo unha colaboración moi importante por parte das familias que prestaron triciclos e bicicletas para facer a actividade.

Tamén houbo a colaboración de todo o profesorado do colexio para participar nesta actividade.

Ao remate das xornadas repartíronse diplomas de participación a todo alumnado.


FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado 18 de xuño celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Ponteareas o Festival de fin de curso.

 


O ENTROIDO NO COLEXIO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Do luns ao xoves seguíronse as ordes do Meco. O xoves fixemos a xa clásica no colexio degustación de sobremesas típicas destas datas e o venres participamos no desfile con outros colexios de Ponteareas.

 


II CARREIRA PEDESTRE DO MAGOSTO

Logo de ter que aprazar esta carreira varias veces por mor do mal tempo, por fin este martes 15 de decembro puidemos celebrar a II Carreira Pedestre do Magosto, na que participou todo o alumnado do colexio. Fixéronse carreiras por cada nivel e ao final entregáronse medallas aos tres primeiros alumnos e ás tres primeiras alumnas de cada nivel.

Foi moi divertido para todos/as.

DESFILE DE ENTROIDO

 

DESFILE DE ENTROIDO POR PONTEAREAS

 Hoxe, 20 de febreiro, dende primeira hora da mañá comezou a festa. Primeiro comprobamos que estaba todo en orden, logo comezar a transformarnos nos diferentes personaxes dos contos que representaban cada ciclo; máis tarde saímos ao patio para colocarnos en fila para o Desfile e a correspondente foto.

E comezou o percorrido polas rúas da vila ata a Praza, onde nos agardaban compañeiros doutros coles que xa foran chegando, colocámonos no lugar reservado, coma sempre o público non nos deixa pasar e hai que ir reclamando o noso lugar, pero todo se vai arranxando con boa vontade. E dá comezo o acto, saúdo do concelleiro de Cultura e paso as coplas e posterior queima do Meco, que se retrasou un chisco por mor do directo para a televisión de Galicia, porque , sabedes saímos en directo na tele, agardamos poder ver a repetición.

Logo houbo que facer o recorrido para o cole, que xa tiñamos ganas, máis polas ganas de repor enerxía que por outra cousa.

Repuxemos forzas, descansamos e rematamos.

E para que teñades unha mostra do guapos e guapas que íamos mirade a seguinte galería de fotos.

Moitas grazas a todos e todas polo traballo e colaboración entre toda a comunidade educativa.

 

13ª EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS DE ENTROIDO

SOBREMESAS DE ENTROIDO

O mércores 18 de febreiro, coma todos os anos , celebrouse no colexio unha xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa, levándose a cabo unha exposición e degustación de sobremesas de Entroido.

Dende 1ª hora da mañá os mestres e mestras que non tiñan que impartir as súas materias, coa axuda do conserxe e persoal da cociña, encargáronse de colocar murais,as mesas e baixar os doces feitos polas familias, para a exposición e posterios degustación.

Xa na terceira hora abríronse as portas e pais, nais e alumnos e alumnas acompañados dos seus mestres e mestras pasaron a ver e degustar tan exquisito banquete.

Na cuarta hora tocou como non recoller e voltar cada un ao seu traballo.

MOITAS FELICITACIÓNS!! a todos e todas polo traballo levado a cabo e a colaboración, algo imprescindible para que esta comunidade funcione axeitadamente.

A continuación poden ver unha mostra do acontecido.

DECORACIÓN DE NADAL

DECORACIÓN DE NADAL NO COLE

Durante o mes de decembro cada aula elaborou figuras en plastilina para a elaboración do Belén. Tamén se decoraron os distintos corchos de cada pasillo con motivos alusivos.

A continuación poden ver unha galeria de imaxes dos traballos realizados.

le="width:426px;text-align:left;">

Distribuir contido