A NOSA OFERTA EDUCATIVA

No C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" de Ponteareas temos Educación Infantil e Educación Primaria.

Contamos con Aula de Informática,  Biblioteca, Aula de Música, Aula de Apoio, Aula de Audición e Linguaxe, Departamento de Orientación, Aula de Psicomotricidade, Ximnasio, Pista Polideportiva e Campo de fútbol. Todas as aulas están dixitalizadas e con conexión a Internet.

Temos tamén Comedor Escolar.

 

Temos, entre outros, os seguintes programas:

  • Seccións bilingües en Plástica en todos os grupos de 3º e 4º de E. Primaria. 
  • Programa PROA para alumnado do 3º a 6º de E. Primaria.
  • Programa de mellora do éxito escolar, participando en seis actuacións.
  • Plan de Convivencia, que inclué un protocolo de actuación contra o Acoso Escolar.
  • Programa de Técnicas de Estudio.
  • Programa de Atención ao alumnado pertencente a colectivos de inmigrantes e a minorías étnicas.
  • Programa de competencia lingüística.
  • Programa de adaptación para o alumnado procedente do CRA.
  • Programa de Adaptación á E. Infantil.
  • Programa de Adaptación para o alumnado que vén de outros centros.