QUEN SOMOS?

O CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios é un Colexio Público de Educación Infantil e Primaria, Plurilingüe e con Educación Dixital (Edixgal), que se atopa situado na Comarca do Condado, no sur da provincia de Pontevedra no Concello de Ponteareas.

Ponteareas limita con Salvaterra de Miño, O Porriño, Salceda de Caselas e Mondariz, e está situado a 26 quilómetros de Vigo. 

O noso Colexio conta neste intre con seis unidades de E. Infantil e quince de E. Primaria e está situado no casco urbano da vila. Levamos unha longa traxectoria no mundo da educación, cumprindo fai pouco os 50 anos de ensinanza (1969-2019).