Articles

A CONSERXE

No cuarto programa de radio realizóuselle unha entrevista á conserxe da escola para coñecer máis polo miúdo en qué consiste o seu traballo

 

OS PEREGRINOS

O Camiño de Santiago referente aos peregrinos e peregrinas que pasaron por el estes últimos

 

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta semana o noso programa vai dirixido á conmemoración do Día Internacional da muller: 8 de marzo. Escoitade con atención!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

E así quedaron os nosos traballos sobre ROSALÍA DE CASTRO destes días. 
Actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.
Música: Uxía (Letra: "Alborada", Cantares Gallegos, Rosalía de Castro)

AS COIDADORAS DO COLEXIO

Aquí temos a nosa primeira edición do curso 2022/23, adicada ás coidadoras do colexio. Agardamos que a desfrutedes!!

 
Continuaremos subindo unha nova edición semana tras semana.

ALMANAQUE 2023

Este trimestre está a piques de rematar e con el o ano 2022.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou este almanaque para o vindeiro ano 2023 deseñado polos nosos alumnos e alumnas e que ten como tema central "O CAMIÑO DE SANTIAGO", tema sobre o que estamos a traballar coma proxecto de centro... aquí o tedes para descargar e imprimir!
Quedou estupendo!
Almanaque 2023

A PITA FALADORA 2021/22 - Nº43

Aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 43 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

    

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Así celebramos o Día das LETRAS GALEGAS 

Estamos a traballar nestes días a obra e vida de Florencio Delgado Gurriarán nas aulas, así como os símbolos de Galicia.
No acto que se celebrou onte día 16 algúns nenos e nenas leron un manifesto a prol da nosa lingua e tamén tivemos a sorte de contar con Cé Orquestra Pantasma que nos fixo cantar e bailar coma tolos!
VIVA O GALEGO!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega

ALMANAQUE 2022

Este trimestre está a piques de rematar e con el o ano 2021.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou este almanaque para o vindeiro ano 2022 deseñado polos nosos alumnos e alumnas e que ten como tema central " A VIDA SAUDABLE", tema que traballaremos neste ano que entra coma proxecto de centro... aquí o tedes para descargar e imprimir!
Quedou preciosísimo!
Portada do almanaque 2022

LETRAS GALEGAS 2021

Este curso para celebrar as Letras Galegas 2021 dedicadas a Xela Arias fixémolo hoxe cun concerto de rock da man de Pakolas 
Tocou todos os seus grandes éxitos: O rock da roda rotaManolo Cavernario, Betume e vendas, Ri, salta, ri, corre...
Foi moi divertido e bailamos e cantamos sen parar!
Preme aquí:
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.