Escola de pais e nais: "Abordaxe da febre en pediatría"

O martes 11 de febreiro tivo lugar na biblioteca do colexio o primeiro relatorio informativo/educacional correspondente á escola de pais e nais que organiza a ANPA do colexio e que está dirixido a todos os membros da comunidade educativa.

Nesta primeira sesión, tivemos a honra de contar coa presenza do doutor Villanueva, médico pediatra, que nos informou de como debemos actuar e proceder cando nos atopemos con episodios de febre nos nosos fillos e fillas.

Ao final da charla, o doutor resolveu as múltiples dúbidas que o numeroso público asistente lle preguntou.

Desde aquí queremos expresar o noso agradecemento a todos e todas as participantes neste evento, e en especial ao Dr. Villanueva.