Skip to Content

                              

Curso 2013/14

Festa final de curso

 O último día do curso celebramos a despedida do curso cun banquete a base de petiscos, pizza e xeado...toda a celebración estivo acompañada pola música que nos ofreceron os mellores DJ do concello de Boborás.

Asemade, aproveitamos a celebración para realizar a entrea dos premios aos mellores lectores do trimestre, aos gañadores do concurso de cartaces de fomento do emprego do galego e aos gañadores do II torneo de bádminton do colexio.

Nas seguintes galerías de imaxes podedes observar o acontecido neste día de diversión e despedida:

 

 

Entrega de premios:

Graduación de sexto curso de Ed. Primaria

O 17 de xuño realizamos a Graduación do alumnado de sexto curso de Ed. Primaria que remata Etapa Educativa e promociona a Educación Secundaria.

Esta é a orla do alumnado que remata Etapa Educativa:

Orla de sexto

 

Este é o vídeo resumo do seu paso por Ed. Primaria:


Galería de imaxes do acto de Graduación:

Graduación de Educación Infantil

O 17 de xuño realizamos a Graduación do alumnado de Ed. Infantil que remata Etapa Educativa e promociona Educación Primaria.

Esta é a orla do alumnado que remata ciclo:

Educación Infantil

Este é o vídeo resumo do seu paso por Ed. Infantil:

Galería de imaxes da graduación:

Viaxe á praia de Samil

O xoves 12 de xuño realizamos unha viaxe ata Vigo para disfrutar das magníficas instalacións da praia de Samil.

Despois de varios intentos por mor da climatoloxía para facer esta excursión, podemos dicir que pagou a pena esperar xa que tivemos un tempo ideal. Pasámolo xenial, tanto na praia como nas piscinas municipais.

Na galería de imaxes podedes ver o que fixemos durante toda a xornada:

 

Carreira de orientación no cole

O mércores 11 de xuño, como actividade final do traballo documental que realizamos sobre as árbores do noso patio, organizamos unha carreira de orientación con 12 puntos de control nos que o alumnado, repartido en grupos, ía buscando pistas para resolver un enigma que resultou ser a seguinte frase "Facer exercicio físico é bo para o noso corpo e para a nosa mente".

A verdade é que esta resultou ser unha actividade na que todo  o alumnado o pasou xenial, ao tempo que foi coñecendo as características das diferentes especies arbóreas que temos no noso colexio.

Festa final do PROA

O último día de clases de PROA, todo o alumnado do programa, xunto aos mestres do centro, participamos na festa de despedida con moita ledicia e ao mesmo tempo tristura. Ledicia por todo o ben que o pasamos ao longo destes seis meses cos nosos compañeiros e amigos de clase e tristura por ter finalizado unha das actividades que máis nos ten unido como comunidade educativa, grazas á combinación de tempos de lecer e estudo.

Xa estamos desexando que chegue xaneiro para comenzalo de novo.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos na festa final.

Iniciándonos no taekwondo

A principios do mes de abril organizamos no colexio unha xornada de taekwondo dentro das actividades lúdicas do Plan Proxecta.

A actividade comezou cun pequeno relatorio a cargo dun membro da Federación que nos amosou de xeito ilustrativo e motivador cal é a esencia desta modalidade deportiva, que máis que un deporte pódese considerar como unha forma de vida.

Posteriormente á charla, pasamos á acción. Nas instalacións deportivas do noso centro realizamos unha serie de exercicios introdutorios para practicar taekwondo.

A maioría do alumnado non tiña experiencia neste deporte polo que esta actividade foi para eles unha gran novidade  supuxo unha experiencia irrepetible.

Na seguinte galería podedes abservar en imaxes as actividades realizadas durante a xornada.

Día internacional da nutrición

O 28 de maio, Día nacional da nutrición, realizamos na biblioteca do centro un relatorio sobre os bos hábitos de alimentación que foi impartido por Lydia Gisselle Almonte, especialista en nutrición e dietética, e Presidenta da ANPA.

Despois do relatorio construímos no patio do cole unha roda dos alimentos con cartolinas de cores e para finalizar a cociñeira, Carmen, preparounos unha deliciosa merenda a base de bocata, froita e iogur.

Todo o alumnado recibiu un tríptico informativo sobre nutrición e unha tatuaxe.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

Xogando ao atletismo 2014

O 21 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2013/2014: Xogando ao atletismo.

Este ano celebramos a V edición dunha das nosas actividades deportivas favoritas. Participaron os seguintes colexios da Agrupación Deportivo Arenteiro:

  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
  • CPI Virxe da Saleta de Cea.
  • CEIP de Amoeiro.
  • CPR Vila de Arenteiro do Carballiño.
  • CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
  • CEIP de Beariz.

Os colexios do Vila de Arenteiro e de Calvo Sotelo repartíronse os primeiros postos nas das categorías de alevíns e benxamíns.

Nós acadamos un meritorio 3º posto na categoría benxamíns e un 4º posto na categoría de alevíns.

Marcas e resultados das distintas probas:

Galería de imaxes da competición:

Festival de Fin de Curso 2013/2014

O día 20 de maio celebraremos o Festival Fin de Curso no Salón de Actos do centro.
Se premedes nas seguintes ligazóns accederedes ás diferentes representacións que tiveron lugar no Festival:

  1. Obra EI: “A pulga e o piollo”.
  2. Obra 3º ciclo: “Saltando entre estrelas”.
  3. Baile 1º ciclo: “Mamma Mía”.
  4. Obra 3º ciclo: “Os tres cirurxiáns”.
  5. Baile EI (3,4 anos): “Move Rock”.
  6. Obra 2º ciclo: “Rosita, la criada sordita”.
  7. Obra 1º ciclo: “Os músicos de Bremmen”.
  8. Acrosport 3º ciclo: “Alegría”.
  9. Canción inglés 2º ciclo: “Light a candle”
  10. Obra 3º ciclo: “El pescador y la bruja”.
  11. Baile EI (5 anos): “El rock de la cárcel”.
  12. Canción EI e Primaria: “Los niños queremos la Paz”.
  13. Baile 3º ciclo: “Limbo”
  14. Frautas 2º ciclo
  15. Video: “HAPPY”
  16. Musical (1º,2º,3º ciclo): GREASE
  17. Video imaxes  curso 2013-2014.

Homenaxe dos pais, nais e alumnado aos mestres.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut