Skip to Content

                              

Escola de pais

Unha alimentación equilibrada

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA)  E DIRECCIÓN
CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (9- maio - 2014)

A ANPA e a Dirección do colexio, infórmalles e invítalles a asistir á cuarta e última charla coloquio neste curso, da Escola para nais e pais que se celebrará o próximo martes día 13 de maio, as 16:15, na biblioteca do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos.

Nesta ocasión trataremos o tema da nutrición :” Unha alimentación equilibrada” Será impartida por Lydia Almonte Polanco, especialista en nutrición e dietética e asemade Presidenta da ANPA

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia. Moitas grazas.
Un saúdo,

Lidya Almonte (Presidenta ANPA)
María Sánchez Seco ,Directora do Centro.

Escola de pais e nais: “A comunicación afectiva e as normas de comportamento.”

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA) E DIRECCIÓN
CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (7-abril- 2014)


O pasado martes, 8 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio da Escola para nais e pais que organizou a ANPA do colexio e contou para esta ocasión coa colaboración da mestra de apoio da Mancomunidade Soraya Fernández Carramale e da psicóloga Inés Meizoso López.

O tema tratado foi: “A comunicación afectiva e as normas de comportamento.”

Faláronos da importancia da comunicación afectiva. Consellos para desenvolver un bo ambiente familiar no fogar.

Informaron, asemade, sobre as normas de hixiene, control de esfínteres, alimentación,soño e tarefas escolares.

Durante a charla os aistentes propuxeron dúbidas que foron atendidas polos relatores.

Damos as grazas á ANPA e ás relatores Soralla e Inés pola realización desta actividade na biblioteca do noso centro.

Galería de imaxes do relatorio

 

Escola de pais e nais: Primeiros auxilios

O martes 11 de marzo tivo lugar na biblioteca do centro un novo relatorio, organizado pola ANPA do colexio, no que se abordou o tema de prevención de incendios e de primeiros auxilios e á que asistiu unha gran cantidade de membros da nosa comunidade educativa.

Os membros de Protección Civil do Concello do Carballiño foron os encargados de informarnos como actuar en caso de incendio e de como podemos prevelos. Na segunda parte da sesión abordaron o o tema dos primeiros auxilios e do protocolo a seguir en caso de atoparnos ante unha situación que requira a nosa actuación: infartos, atragantamentos, queimaduras...

Durante o desenvolvemento da sesión os asistentes foron propondo dúbidas aos membros de Protección Civil i eles nos foron indicando as pautas a seguir ante unha situación de emerxencia.

 

GALERÍA DE IMAXES

Primeiros auxilios e accidentes domésticos

A ANPA e a Dirección do colexio, infórmalles e invítalles a asistir á segunda charla coloquio da Escola para nais e pais que se celebrará o próximo martes día 11 de marzo, ás 16:15, na biblioteca do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos.

Nesta ocasión contaremos coa presenza dun membro de Protección Civil para tratar o tema: “Primeiros auxilios e accidentes domésticos: como actuar”.

Por parte do Concello acompañaranos a mestra de apoio e por parte da Mancomunidade a psicóloga, para responder a calquera dúbida que teñamos sobre a educación dos nosos fillos.

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia.

Lidya Almonte (Presidente ANPA)
María Sánchez Seco,Directora do Centro.

Escola de pais e nais: "Abordaxe da febre en pediatría"

O martes 11 de febreiro tivo lugar na biblioteca do colexio o primeiro relatorio informativo/educacional correspondente á escola de pais e nais que organiza a ANPA do colexio e que está dirixido a todos os membros da comunidade educativa.

Nesta primeira sesión, tivemos a honra de contar coa presenza do doutor Villanueva, médico pediatra, que nos informou de como debemos actuar e proceder cando nos atopemos con episodios de febre nos nosos fillos e fillas.

Ao final da charla, o doutor resolveu as múltiples dúbidas que o numeroso público asistente lle preguntou.

Desde aquí queremos expresar o noso agradecemento a todos e todas as participantes neste evento, e en especial ao Dr. Villanueva.

 

Escola de Pais

O ANPA e a Dirección do colexio, desexamos informarlles da creación da “Escola para Pais” que se levará a cabo no transcurso do ano escolar e invitarlles a participar na mesma.

O obxectivo da devandita “Escola” é crear un espazo onde os pais, titores, avós, coidadores, etc., ademais de recibir charlas sobre diversos temas referentes á saúde, nutrición, hixiene, primeiros auxilios, etc, podamos expresar as nosas dúbidas e obter respostas  sobre a educación dos nosos fillos, das psicólogas (orientadoras) que estarán presentes, por parte tanto do Concello de Boborás, como da Área de Prevención de Drogodependencia da Mancomunidade de O Carballiño que colaboran co ANPA e o Colexio.

Ao longo deste curso teremos catro reunións, una por mes, na biblioteca do colexio.

Informámoslles que a primeira reunión terá lugar o martes 11 de febreiro ás 16:30 no colexio. Para este día contamos coa presenza do Dr. José Villanueva Lamas, pediatra. Tratará o tema das "urxencias pediátricas e como afrontalas". Logo de devandita intervención, haberá un tempo para preguntas e respostas. Ao finalizar a charla poderemos expresar as dúbidas que desexemos.

Desde a dirección do colexio animamos aos pais/nais e titores a asistir a estas reunións. A “Escola de pais e nais “ é un espazo onde se fomenta a comunicación entre pais/nais, avós e coidadores. Consideramos que  é unha oportunidade para axudar a buscar solucións a problemas que vos xurdan na educación dos vosos fillos, mellorando así a calidade de vida na casa e na escola. É unha  ferramenta de carácter formativo para axudar a fortalecer as asociacións de país/nais de familia, mestres e a escola. A educación é tarefa de todos.

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia. Moitas grazas.
Un saúdo,

Lidya Almonte (Presidente ANPA)
María Sánchez Seco, Directora


 Descargar documento en pdf:

Distribuir contido


by Dr. Radut