Skip to Content

                              

Escola de Pais

O ANPA e a Dirección do colexio, desexamos informarlles da creación da “Escola para Pais” que se levará a cabo no transcurso do ano escolar e invitarlles a participar na mesma.

O obxectivo da devandita “Escola” é crear un espazo onde os pais, titores, avós, coidadores, etc., ademais de recibir charlas sobre diversos temas referentes á saúde, nutrición, hixiene, primeiros auxilios, etc, podamos expresar as nosas dúbidas e obter respostas  sobre a educación dos nosos fillos, das psicólogas (orientadoras) que estarán presentes, por parte tanto do Concello de Boborás, como da Área de Prevención de Drogodependencia da Mancomunidade de O Carballiño que colaboran co ANPA e o Colexio.

Ao longo deste curso teremos catro reunións, una por mes, na biblioteca do colexio.

Informámoslles que a primeira reunión terá lugar o martes 11 de febreiro ás 16:30 no colexio. Para este día contamos coa presenza do Dr. José Villanueva Lamas, pediatra. Tratará o tema das "urxencias pediátricas e como afrontalas". Logo de devandita intervención, haberá un tempo para preguntas e respostas. Ao finalizar a charla poderemos expresar as dúbidas que desexemos.

Desde a dirección do colexio animamos aos pais/nais e titores a asistir a estas reunións. A “Escola de pais e nais “ é un espazo onde se fomenta a comunicación entre pais/nais, avós e coidadores. Consideramos que  é unha oportunidade para axudar a buscar solucións a problemas que vos xurdan na educación dos vosos fillos, mellorando así a calidade de vida na casa e na escola. É unha  ferramenta de carácter formativo para axudar a fortalecer as asociacións de país/nais de familia, mestres e a escola. A educación é tarefa de todos.

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia. Moitas grazas.
Un saúdo,

Lidya Almonte (Presidente ANPA)
María Sánchez Seco, Directora


 Descargar documento en pdf:

AdxuntoTamaño
anpa201401.pdf194.67 KB


page | by Dr. Radut