Skip to main content

ACTIVIDADES

Día Mundial do Teatro

Posted in

O teatro na Vila de Cedeira ten un longo percorrido. Non podemos esquecer a figura de Fusa Guillén que con asociacións como A Garola, levou o mundo teatral a toda a Vila, creando canteira de artistas. Como é o caso de Carlos Labraña, alumno seu, dramaturgo e persoa que da nome á nosa biblioteca. Alguén sempre disposto a axudar e colaborar con nós. 

Día Mundial do Teatro

O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras.

Puede ser una imagen de una o varias personas e interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ARTISTAS"Puede ser una imagen de interiorPuede ser una imagen de interior y texto que dice "ENTRADA"Puede ser una imagen de interior

Traballo de investigación polo día da muller traballadora

Polo día da muller traballadora, buscamos información sobre mulleres galegas relevantes para nós. Cada clase elaborou unhas páxinas sobre a biografía, debuxos, elementos relevantes,... da muller escollida pola aula. O resultado final foi a elabroación dun genial.ly que recolle dun xeito interactivo todo o traballo realizado por mestres e alumnado do centro.

 

O Coronadiario

 

 

 

A semana do 8 ao 12 de marzo conmemórase a Semana da Prensa e, o voluntariado da biblioteca participou creando esta exposición que vos ensinamos hoxe. Concretamente, traballaron con prensa escrita escollendo en diferentes xornais novas destacadas relacionadas có coronavirus, a vacinación, o traballo dos sanitarios...

Novos proxectos en marcha!

  

 

  Dende o equipo da biblioteca estamos a preparar algo moi chulo que vera a luz polo Día mundial do teatro...

O alumnado voluntario tamén está inmerso no traballo e, neste caso, traballaron na parte da cartelería deseñando unhas letras en 3D! Para iso, tiveron que empregar a aplicación Tinkercad e a impresora 3D que forma parte do espazo argalleiro da biblio! Quedaron ben chulas!!

Día Mundial da Radio: entrevista a Antía Yáñez.

Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar.  O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.

 

 

#11F e LegoWeDo

 

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia que busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para mulleres e nenas, lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres. Este ano caracterizouse por movementos coma #NoMoreMatildas que vos deixamos enlazado por se queredes botar unha ollada.

Dende a nosa biblioteca realizamos actividades có fin de achegar as habilidades STEAM a todo o alumnado e, neste caso, a rapazada de 5º de primaria achegouse ao recuncho de robótica para traballar có Lego WeDo.

O voluntariado non descansa!

 

A biblioteca non descansa e, a rapazada que forma parte do voluntariado tampouco!

 

   

 

Estes días os nosos voluntarios e voluntarias están inmersos/as en colocar os novos fondos (hai cousas ben chulas!) que se están a incorporar e que xa empezan a encher os andeis das salas!

 

 

 

 

 

E ademáis, están organizando o espazo de robótica! Teñen aínda cousas que colocar (algunhas levan tempo coma as pezas do Lego WeDo...) pero en breves todas as aulas poderán empezar a pasar por este espazo!

Coidemos o planeta!

Estes días as aulas de sexto tiveron unha visita moi especial: viñeron ao cole unha bióloga e unha mariscadora para falarnos da limpeza de praias que están levando a cabo na nosa zona. Contáronnos que están atopando moito plástico e lixo por iso é moi importante que todos e todas colaboremos para coidar o planeta e conseguir así un mundo mellor. Con xestos simples comas as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) podemos poñer o noso pequeno gran de area!

 

FACEMOS GALLETAS. 5 ANOS

BOAS FAMILIAS;

ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FIXEMOS GALLETAS

PARA APRENDER AS FASES DA LÚA.

DEIXAMOS AQUÍ UN RESUMO DA ACTIVIDADE.

 

 

Experimentos de outono

Seguimos có mes da ciencia en galego... neste caso, nunha das aulas de infantil! Os pequenos e pequenas de 4 anos están traballando có outono e qué mellor que facer pequenos experimentos para descubrir cousas novas. Aproveitando unhas follas secas que recolleron no chan do edificio do Areal traballaron unha chea de conceptos: tiveron que clasificar por cores, traballar a motricidade fina machancando as follas, facer trasvases, calcular cantidades... e, por suposto, escribir o experimento e as conclusións! Todo para descubrir cómo se forman as cores do outono!

 

Seguimos traballando o corpo... cun experimento!

Sen case darnos de conta, chegamos xa a novembro, mes que no celebramos o Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Na nosa biblioteca podedes atopar un montón de materiais relacionados coa ciencia pero, neste caso, queremos mostrarvos un experimento moi chulo.

Nas clases de segundo están traballando sobre o corpo humano e para afondar sobre a respiración e cómo funcionan os órganos relacionados con este proceso fixeron este sinxelo experimento no que se pode observar moi facilmente o intercambio de gases mediante a inspiración e expiración.

 

 

 

Indo para o Samaín

Chegamos ao día grande do Samaín no cole e dentro da programación de actividades de hoxe (que a verdade foi un día moi completiño! Guiño), non podía faltar algo relacionado directamente coa biblioteca, os contos e as boas historias! E... qué mellor que un contacontos de Carlos Labraña? Veu contarnos o seu conto Indo para o Samaín editado por Everest Galicia, que fala das celebracions típicas desta data tan especial e de Cedeira!

O alumnado de 2º disfrutou desta obra nas gradas da biblio e, os pequenos e as pequenas de 4 anos aproveitaron o bo tempo para ver a obra no patio!

 

 

  

Contos para pasalo de medo

Por aquí xa andamos en temática de Samaín...  e, neste caso, foi o alumnado de terceiro o que tivo a sorte de asistir a un contacontos financiado a través da biblioteca municipal: Contos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech!

 

 

Representando obras

Seguimos traballando con grandes textos de escritoras galegas... neste caso, a aula de 4ºC acudiu á biblioteca na hora de ler para representar "A casa de había unha vez" escrito por Ana María Fernández.

 

 

 

 

Aprendemos cós Bolechas sobre o 112

Hoxe a clase de 2ºA traballou sobre o 112 cós Bolechas nunha das salas da nosa biblio, aproveitando as novas gradas!

 

 

 

E ao rematar... un agasallo xenial: dous libriños para seguir coñecendo sobre o servicio tan importante que da o 112 e cómo empregalo!

 

Bodyplanet. Aprendendo sobre o corpo humano

Xa empeza a encherse a biblio de alumnado de novo... Nesta ocasión, a clase de 2º de Primaria empregou o Bodyplanet que forma parte da Biblioteca creativa para traballar sobre o corpo humano dun forma moi amena a través da realidade aumentada! O pasaron en grande!

 

 

 

Distribuir contido