Skip to main content

Decembro 2021

Magdalenas de reno - Receitas de Nadal #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A cociña da BE "Carlos Labraña" non parou de traballar nestas datas.

A verdade é que todas as salas tiñan reservas para elaborar pratos exquisitos

e practicar para logo poñer en práctica na casa.

Unha destas receitas son as Magdalenas de reno do alumnado de 3º de Primaria

e que non se quedou nisto só, pois aproveitou os datos numéricos para realizar

problemas de razonamento matemático e traballar os verbos.

Aquí tedes un pequeno vídeo do seu traballo.

Para chupar os dedos!

BIBLIOTECA HUMANA #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As bibliotecas e o Concello de Cedeira unimos os esforzos para dar voz ao pobo porque

todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio inmaterial,

reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que

conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon,

pois todos/as imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade.

 

Agradecemos a túa colaboración! Prema na ligazón e cubre o formulario.

 

RETO DE PESO - Biblioteca Inclusiva #biblioinclusiva #bescolaresgal

 

 

O voluntariado toma as rendas e leva adiante o obradoiro!

Que faríamos sen eles e elas?

Gracias rapazada!

  

POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Proposta obradoiros de postais.

Hai que poñer moito amor e creatividade.

O destinatario será calquera amig@ do centro.

Estas son algunhas fotos das creacións.

Artistas!! Felices Festas!


OBRADOIRO PASTA DE SAL #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º e 4º de Primaria segue as instruccións e realiza a receita da pasta de sal.

Posteriormente realizan figuras para adornar o Nadal.

 

CLUB DE LECTURA - "Chocolate con Libros" #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os diferentes Clubs de Lecturas formados por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria,

rematan este trimestre con lecturas moi diversas:

La isla del tesoro

Un amor de libro

Tow Sawyer

El mar de la imaginación

¿Quieres ser el novio de mi hermana?

Entre outras.

ANUNCIO NADAL CO COMERCIO LOCAL

O alumnado de 2º de Primaria (Esquíos, Duendes e Vagalumes) xúntanse para promocionar

o Comercio Local, o da nosa vila. Así deseñan un anuncio de Nadal para convencer da importancia

de mercar na vila, pretiño, con persoas de confianza ás que vemos tódolos días e sabemos que

se preocuparán por cumprir os nosos desexos. Por elas e eles, o anuncio de nadal:

No Nadal merca no Comercio Local!

 

 

As tendas nas que estamos a diario son importantes para a sostibilidade do planeta.

Apostar polo comercio local é sinónimo de posicionarse firmemente do lado da sostibilidade:

do consumo responsable, da conservación do territorio, de velar polo medio ambiente. 

Por iso, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2.030) aos que máis

contribúe o Comercio Local son os relacionados co cambio climático. O Comercio Local contribúe

de xeito decisivo na diminución da pegada de carbono que deixa cada persoa.

Cando o consumidor merca no seu barrio, na súa vila, é moi probable que o faga a pe,

reducindo as emisións que proveñen de distintos medios de transporte e diminúe de maneira

clara sobre o medio ambiente.

 

O Comercio Local tamén axuda a loitar contra a desertización rural, xa que a supervivencia

destes comercios nunha vila pequena coma a nosa, permiten que teñamos os produtos e servizos

de primeira necesidade.

 

O obxectivo de loitar por unha produción e consumo responsables constitúe a esencia do Comercio Local,

xa que o mercar "preto" favorece a substitución do "mercar e tirar" pola de "encher e reparar".

 

Ademáis, o Comercio Local fomenta a actividade emprendedora de pequenas/os empresarias/os e autónomas/os

e xera moitos empregos, cumprindo así outro ODS sobre a loita polo traballo decente e o crecemento económico.

 

 

Diferentes formas de falar!

O pasado día 3 de decembro celebrouse o día internacional das persoas con discapacidade e quedounos pendente falarvos dun marabilloso obradoiro que se levou a cabo nunha das salas da nosa biblioteca. O Departamento de Orientación preparou unhas actividades xeniais para o alumnado de Educación Infantil sobre outros linguaxes: a lingua de signos e os pictogramas. Así, nenas e nenos puideron coñecer un pouco máis sobre ambas e incluso formas as súas propias frases empregando pictogramas!

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Xa chegan as vacacións e ler é unha actividade de ocio ben divertida.

Quen quere viaxar coa imaxinación?

Aquí as recomendacións lectoras da BE Carlos Labraña.