Blogues
Enquisa Patios Dinámicos. Precisamos a vosa axuda!
Enviado por Paloma Rayón o Mar, 26/01/2021 - 01:15Estimadas familias,
Necesitamos a vosa colaboración para levar a cabo o Proxecto "Patios Dinámicos", no que buscamos dar opcións de ocio a todo o alumnado do centro e xogar en prol da integración.
O que tedes que facer é animar ás vosas fillas e fillos a que cubran a seguinte enquisa e axudalos a respondela no caso de que sexa necesario.
ENQUISA PATIOS DINÁMICOS (Cliquear no enlace)
Moitas grazas por participar!
O Equipo do GT "Patios Dinámicos"
ACREDITACIÓN DOS CRITERIOS DO BAREMO- ADMISIÓN 2020-21
Enviado por Silvia Abrodos o Lun, 18/05/2020 - 14:59Para consultar a documentación acreditativa cliquee (Acreditación baremo)
Listaxes definitivas de fondo de libros
Enviado por admin o Lun, 15/07/2019 - 09:39Listaxes definitivas de admitidos.
Listaxes definitivas de excluídos.
Entrega de libros: Luns día 9 de setembro de 11:30 a 13:30.
Colaboración Comedor
Enviado por admin o Lun, 24/06/2019 - 21:07ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP PLURILINGÜE “O MOSTEIRÓN”, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo curso 2019-2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, en horario de 13,45 a 15,30 horas, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 9,39 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto dende o 22 de xuño ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2019.
Libros de texto e material complementario para o curso 2019/2020
Enviado por admin o Ven, 14/06/2019 - 11:50Achegamos a relación de libros de texto e material complementario nos arquivos adxuntos.
Calquer incidencia na compra dos libros por favor facédenolo saber.
Aviso ao alumnado de 3º EP: Non mercar o libro de lecturas "El Dragón de Jano".
Admisión 2019-2020
Enviado por Silvia Abrodos o Mér, 27/02/2019 - 22:34O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ate o 20 de marzo.
O dia 18 o centro estará pechado, por ser un dos días non lectivos escollidos polo centro e aprobados pola X. Territorial.
Adxuntamos:
Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión.
Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña.
Lexislación aplicable no proceso de admisión.
III CARREIRA SAN SILVESTRE DO MOSTEIRÓN
Enviado por Paloma Rayón o Ven, 30/11/2018 - 11:32Despedide o fin de trimestre connosco na “III San Silvestre do Mosteirón”. Este ano, ademais forma parte do programa da Milla diaria, na que buscamos mellorar a condición física de todo o alumnado.
Xa sabedes que todas as familias estades invitadas, pero coa condición de que participedes na andaina/carreira para adultos ou ben acompañando aos vosos fillos/as se son de Ed. Infantil.
Para participar só tedes que cliquear no link. Tedes ata o 13 de decembro para apuntarvos.
LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19
Enviado por admin o Mar, 24/04/2018 - 10:42Adxuntamos as listas provisionais de admisión do alumnado para o curso 2018/19. Lembrade que o periodo de reclamación é de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes, é dicir, dende o día 25 de abril ata o día 2 de maio.
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN
Enviado por admin o Mar, 20/03/2018 - 15:29
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN (Art. 17 da Orde do 12 de marzo de 2013): do 23 de marzo ao 5 de abril de 2018 (ámbolos dous inclusive)
INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19
Enviado por admin o Mér, 28/02/2018 - 13:37Adxuntamos o documento sobre as instrucións a seguir no proceso de admisión de alumnado para o próximo curso académico 2018/19, no que se aclaran os seguintes apartados:
1. PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN E PRAZOS.
2. PRAZAS VACANTES E RESERVA PARA O ALUMNADO CON NEAE.
3. SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA E DE ADMISIÓN.
4. FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.
5. CENTROS DE ADSCRICIÓN E PRIORIDADE NA ÁREA DE ESCOLARIZACIÓN.
6. APLICACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.
7. FASE DE ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA DE POSTOS ESCOLARES.
8. EMPATE NA PUNTUACIÓN
Xornada de portas abertas
Enviado por Silvia Abrodos o Dom, 12/02/2017 - 10:16
Todos os anos o CEIP PLurilingüe O Mosteirón organiza unha xornada de portas abertas para todas aquelas familias que quieran coñecer o centro, o xeito de traballo e resolver dúbidas que lle poidan xurdir, polo que o vindeiro mércores 22 de Febreiro, todas as familias que queiran coñecer o centro educativo están convidadas a facelo.
Boletín mes de febreiro
Enviado por Tania García o Lun, 01/03/2021 - 17:54Febreiro pasou moi rápido entre libro e libro! Deixamos as novidades do mes de febreiro. Na sección de materias podedes ver todos os libros novos sobre o corpo humano!!
Rutas por Sada
Enviado por Paloma Rayón o Xov, 18/02/2021 - 00:50Neste apartado presentamos actividades que podedes realizar en familia. Buscando, ademáis de que compartades tempo de calidade, que incrementedes a actividade física de toda a familia. Para comezar adxuntamos uns folletos que baixamos da páxina web do Concello, nos que aparecen roteiros tanto urbanos como naturais en Sada. Para todos os gustos tanto dos urbanitas como dos que gozan da natureza. Non vos parecen unhas fantásticas opcións? Máis aínda, agora que non podemos sair dos nosos Concellos.Xa nos contaredes as vosas experiencias. Saúdos!
VS Battle One. From PE Bowman
Enviado por Paloma Rayón o Xov, 18/02/2021 - 00:25Para aproveitar a movilizar o corpo e darlle oxíseno á mente, adxuntamos uns vídeos de diferentes canles de youtube para realizar descansos activos.
Non esquezades facer un pequeno quecemento antes de comezar co vídeo, este é de alta intensidade.
Ánimo!!!
Almorzos e merendas saudables
Enviado por Paloma Rayón o Xov, 18/02/2021 - 00:16Benvidas familias ao recuncho de propostas saudables na alimentación. Como ás veces resulta complicado pensar en opcións sans e variadas para que as nenas e nenos traigan ao cole, adxuntámosvos algunhas propostas de duas fontes distintas. Esperamos que sexan de utilidade!
Boletín mes de Xaneiro
Enviado por Tania García o Dom, 31/01/2021 - 21:11Ola familias!O equipo da biblioteca levan un mes de xaneiro MOI ocupado coa compra de moitas libros novos. Deixámosvos o boletín deste mes de Xaneiro con algunhas das novidades!!Feliz lectura!
Recomendación De Lectura Da Profe Tania
Enviado por Tania García o Dom, 31/01/2021 - 20:57Ola familias!
Voltamos cunha nova recomendación, esta vez da profe Tania que nos fala dun conto que é unha novidade da nosa biblioteca!
Premade https://youtu.be/q1Ghsycnskw
Recomendacións Nadal
Enviado por Tania García o Mar, 22/12/2020 - 07:48Bos dias familias,
Hoxe rematamos o primeiro trimestre dun curso diferente. Para celebrar manánosvos as nosas recomendacións de libros para o nadal para darlle algunhas ideas aos reis magos.
Tedes toda a información por etapas no PDF adxunto.
Bo Nadal!!
Recomendación De Lectura Da Profe Lara
Enviado por Tania García o Dom, 06/12/2020 - 21:28A recomendación de libro desta semana faino a profe Lara. Escolleu un conto moi coñecido.
Mirade o vídeo tan chulo que fixo!
Grazas, Lara!
https://www.youtube.com/watch?v=lcxtU8xMZOU&feature=youtu.be