Blogue de Tania García
Recomendacións Nadal
Enviado por Tania García o Mar, 22/12/2020 - 07:48Bos dias familias,
Hoxe rematamos o primeiro trimestre dun curso diferente. Para celebrar manánosvos as nosas recomendacións de libros para o nadal para darlle algunhas ideas aos reis magos.
Tedes toda a información por etapas no PDF adxunto.
Bo Nadal!!
Recomendación De Lectura Da Profe Lara
Enviado por Tania García o Dom, 06/12/2020 - 21:28A recomendación de libro desta semana faino a profe Lara. Escolleu un conto moi coñecido.
Mirade o vídeo tan chulo que fixo!
Grazas, Lara!
https://www.youtube.com/watch?v=lcxtU8xMZOU&feature=youtu.be
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
Enviado por Tania García o Dom, 29/11/2020 - 21:20Ola familias!
Durante o mes de novembro estivemos celebrando o mes das ciencias en galego coa axuda de Blue Bot, o noso robot, que nos acompañou polas diferentes rutas do camiño de Santiago. O alumnado escoitaba a información para poder adiviñar a que vila ou cidade quería viaxar Blue Bot e, a continuación, programar a seu traxecto.
Deixámosvos o vídeo cun pequeno resumo da actividade.
Na lareira dos contos puxéronse á disposición das clases, libros deste temática para o tempo de lectura. Está a converterse nun recuncho moi solicitado!
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2020
Enviado por Tania García o Dom, 29/11/2020 - 13:40Ola familias!
Xa casi está a rematar o primeiro trimestre, pero antes de celebrar o Nadal, imos mirar o comezo do curso.
Este ano para a inauguración da biblioteca, o alumnado fixo unha actividade chamando "Contos No Camiño" relacionado co proxecto de centro.
Nesta actividades, tiñamos que adiviñar a que peregrino/a lle pertencia cada mochila peregrina segundo as pistas que deixaran dentro. O/as Peregrino/as eran personaxes de coñecidos contos infantís.
Para o alumnado de maior idade a actividade consistía en realizar un "Escape Room", axudando ao peregrino Nikoletto saír do albergue de O Cebreiro.
Recomendación Lectora
Enviado por Tania García o Ven, 27/11/2020 - 19:21Ola familias!
Esta semana, a recomendación lectora ven da man da profe Patri que nos fala do seu libro preferido, un conto cheo de maxia de Roald Dahl. Deixámosvos o ligazón!
Boletin mes de novembro
Enviado por Tania García o Ven, 06/11/2020 - 15:45Ola familias!!
Deixámosvos o boletín deste mes de novembro coas novidades de libros da nosa biblioteca. O obxectivo deste documento é de informar a toda a comunidade educativa das novas neste curso tan atípico nel que o alumnado non acode á biblioteca coa mesma frecuencia.
Tedes o documento PDF adxunto.
Boa fin de semana!!
Mes da ciencia en galega nas bibliotecas
Enviado por Tania García o Xov, 05/11/2020 - 21:59Ola familias!
Este mes de novembro é o mes da ciencia en galego polo que noso recuncho, A Lareira do camiño xa está chea de libros sobre as diversas ciencias.
Deixámosvos un documento con ligazóns con ideas de diferentes experimentos que podedes facer na casa...só tedes que pinchar no cadro de texto para abrir!
Convidámosvos a mandar unha foto dos experimentos que facedes: bibliotecamosteiron@gmail.com
RECOMENDACIÓNS CONTOS NO CAMIÑO
Enviado por Tania García o Ven, 30/10/2020 - 09:47Hoxe comezamos unha nova actividade dende a biblioteca baixo o noso lema "Contos no Camiño". Cada venres faremos unha recomendación dun libro. A nosa primeira entrega á da profe María recomendando a libro "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roald Dahl. Cada semana haberá unha recomendación diferente.... estade atent@s!
Premade na imaxe para ver o vídeo!
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Enviado por Tania García o Dom, 25/10/2020 - 19:36Onte celebrouse o Día Das Bibliotecas escolares!
Para celebrar este día, ao longo deste semana, o alumnado poderá participar nnha actividade de lectura e escritura de outono e Samaín.
Ademáis, preparamos coa axuda de equipo de EDLG, un recuncho de lectura chamado "A Lareira do Camiño", un lugar para ir ler os libros que recomendamos. Agora mesmo temos expostos libros do outono.
Dende a Asesoria de Bibliotecas escolares de Galicia, o lema deste ano é "sempre o teu carón". Deixámosvos o cartel en formato PDF.
Catálogo biblioteca Online
Enviado por Tania García o Ven, 23/10/2020 - 16:26Aínda que o alumnado poida visitar a biblioteca unha vez á semana coa súa titoría e no tempo de lecer cando lle corresponde, queremos compartir unha guia para poder buscar un libro online. Seguindo a guia, dende casa, podedes ver que libros temos dispoñibles no centro.
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GUÍA
O CAMIÑO CON SENTIDIÑO NA BIBLIOTECA
Enviado por Tania García o Xov, 17/09/2020 - 10:27Ola familias!!Deixámosvos a información sobre como facer o camiño con sentidiño na biblioteca do centro . Camiñamos xunt@s!
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN
Enviado por Tania García o Ven, 12/06/2020 - 09:52Ola familias!
Dende a biblioteca, recomendámosvos algunhas lecturas, música e xogos para o verán.
DIA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE
Enviado por Tania García o Ven, 05/06/2020 - 10:18Hoxe é o Día Internacional do Medio Ambiente. No noso centro, como sabedes, estamos concienciados e procuramos facer todo o posible para que toda a nosa comunidade educatvia axude a protexer a nosa terra.
Dende a biblioteca recomendámosvos algunhas lecturas.
BO DÍA!!
DESPEDIDA DE JABARI
Enviado por Tania García o Mar, 02/06/2020 - 21:05Jabari, o noso auxuliar de conversa, mandounos un vídeo para despedirse do alumnado do centro.
No video dí que lle gustou moitísimo traballar na nosa escola e que o curso (aínda que non fora enteiro) que pasou con todos vos foi un dos mellores dende que está aqui en España.
Espera que o alumnado aprendera moito con el, que o pasatan igual de ben que o pasou el.
Desexa que todo o alumnado do noso centro e as súas familias teñan un verán feliz e cheo de saúde.
Recordade....practicar o inglés!! Espera poder vernos o curso que ven!!
Thank you Jabari!!!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por Tania García o Lun, 11/05/2020 - 13:03Ainda que este ano non podes celebrar o Dia Das Letras Galegas todos xuntos, mandámosvos uns recursos, xogos e demais que vos poderán axudar a gozar do día dende a vosa casa!
Tedes os ligazóns no PDF!
DIA DO LIBRO 23 ABRIL 2020
Enviado por Tania García o Ven, 17/04/2020 - 12:10O día 23 de abril é o día do libro. Este ano celebrámolo ainda que sexa dende a nosas casas. Presentamos a actividade preparada polo equipo da biblioteca que está relacionada co proxecto do centro; chámase RECEITAS DE CONTOS. Cada conto ten unha receita. Se queredes participar facendo unha das nosas receitas ou ben unha diferente relacionada cun libro, encantaríanos saber o que fixéchedes; video, foto, receita....... o que queirades!!
Abride o documento PDF para ver as receitas!
2 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Enviado por Tania García o Xov, 02/04/2020 - 11:43Bos días, familias
Hoxe 2 de abril é o DÍa Internacional do libro infantil e xuvenil. Para celebralo, só vos recomendamos LER! Non hai mellor día que hoxe; estamos na casa e non fai moi bo tempo.
Gustaríanos saber que libros estades lendo na casa estes días. Podedes mandarnos unha mensaxe a bibliotecamosteiron@gmail.com e nos contades. A mensaxe pode ser unha foto, un debuxo, un resumo ou unha recomedación do conto que lichedes estes días.
Deixámosvos unha idea dun resumo por se queredes!
FELIZ DÍA, FELIZ LECTURAS!
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Enviado por Tania García o Mar, 31/03/2020 - 21:30O DÍA 1 DE ABRIL, É O DÍA DAS ARTES GALEGAS.
SABEMOS QUE OS NENOS E AS NENAS DO MOSTEIRÓN SON UNS ARTISTAS. MANDÁDENOS AS VOSAS OBRAS DE ARTE (DEBUXOS, MANUALIDADES.....) AO CORREO bibliotecamosteiron@gmail.com
QUEDAR NA CASA....É COUSA DE CONTOS
Enviado por Tania García o Xov, 26/03/2020 - 21:48Boas tardes, familias
Dende a biblioteca, queremos axudarvos á hora da lectura cos nenos e nenas. No documento PDF adxunto, premando a imaxe, veredes varias webs e contas de redes sociais con diferentes contos e recursos.
Un saúdo
DÍA DA POESÍA - POESÍA LARPEIRA
Enviado por Tania García o Sáb, 21/03/2020 - 19:23Hoxe é o día da poesía. Para celebralo dende as vosas casas, animámosvos a participar nesta actividade! Premade no ligazón para ver o documento.
https://issuu.com/bibliotecamosteiron/docs/d_a_da_poes_a_