Skip to Content

Palabra do mes

Palabra do curso: ARDENTÍA

Beltrán Arévalo Baltar, de 1.ºB de educación primaria, gañador da palabra do curso con: ARDENTÍA: "fosforescencia ou luminosidade das augas mariñas, producida polos movementos dos peixes ou doutros organismos que habitan nelas."  Parabéns!

Gañadora da palabra do mes de maio

Julieta Bassi Galleni, de 1.ºB de educación primaria, gañadora da palabra do mes con "RODODENDRO". Outras palabras finalistas foron: arnela, aturuxo, brétema, miolo, cullarapo, xeado, luscofusco, recuncho, enchoupar, fochiña e xerminar. Parabéns a todos os participantes.

No mes de xuño non teremos a palabra do mes, senón a "Palabra do curso", que xa se vos enviou por correo electrónico a familias e profesorado para que votedes entre todas as gañadoras do 2020-2021.

Gañador da palabra do mes de abril

Beltrán Arévalo Baltar, de 1.ºB de educación primaria, gañardor da palabra do mes de abril con "Ardentía": "Fosforescencia ou luminosidade das augas mariñas, producida polos movementos dos peixes ou doutros organismos que habitan nelas." Outras palabras finalistas foron: penuxe, furancho, apreixo, trebello, quérote, bafa, garatuxa, carrabouxo, albiscar, andoriña. mixiricas, ruliña.
En hora boa a todos os participantes!

Gañador da palabra do mes de marzo: FOCHIÑAS

Lucas Boado García, de 6.º de educación infantil, gañador da palabra do mes de marzo con FOCHIÑA.

Outras palabras finalistas foron: garatuxeiro, luscofusco, arroutada, lareto, asexar, candorca, fíbula, bolboreta, solpor e parrula.

Parabésn a todos os participantes.

Gañador da palabra do mes de febreiro: ATURUXO.

Diego Fernández Pérez, de 6.ºA de educación primaria, gañador da palabra do mes de febreiro con ATURUXO: "Berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas."
Achégase un enlace no que se interpreta un aturuxo: https://soundcloud.com/edlg_mosteiron/aturuxo-galego
Outras palabras finalistas foron: larafuceiro, sotaventos, botafumeiro, cantaruxar, lapas, filloas, choqueiro, vagalume, farelada, cachucha, choca e decálogo.
Parabéns ao gañador, aos finalistas e a todos os participantes!

 

Me gusta

 

Gañadora da palabra do mes de xaneiro.

Inés Rivadulla Suárez, de 5.ºA de educación primaria, gañadora da palabra do mes de xaneiro con: CEBRISCA ("Neve acompañada de vento forte").

Outras palabras finalistas foron: AMORGALLAR, ENXEBRE, FARO, PINCHACARNEIRO, AFOUTEZA, MIXIRICAS, FOLERPAS, ACALMAR E SABICHÓN. 

En hora boa a todos os participantes.

Gañadora da palabra do mes de decembro.

Melania Álvarez del Río, de 3.ºB de educación primaria, gañadora da palabra do mes de decembro con PANXOLIÑA.

Outras palabras finalistas foron: randeeira, cantareira, familia, luar, biquiño, folerpa, folgazán, asubío, pinchacarneiro e buxaina.

En hora boa a todos os participantes!

Gañador da palabra do mes de novembro: GALOPÍN

Luis Queijas Pardo, de 1.ºA de educación primaria, gañador da palabra do mes de novembro con GALOPÍN: "(Rapaz) que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia."

Outras palabras finalistas foron: cuspidiño, toxo, riquiño, bordón, barallocas, xoaniña, incensario, lóstrego, debullar, escarvadentes.

En hora boa a todos os participantes!

Gañador da palabra do mes de outubro: TIRABOLEIRO.

Alberto Santos Fraga, de 6.ºB de educación primaria, gañador da palabra do mes de outubro con "TIRABOLEIRO"(Persoa encargada de manexar o botafumeiro, particularmente o da catedral de Santiago de Compostela). Ademais de aportar unha palabra moi novidosa e relacionada co camiño de Santiago, tamén acertou no debuxo, que era "Cruz de Santiago".

Outras palabras finalistas foron: besbello, amorodo, magosto, reirrei, marexada, escarapote, bolboreta, luzada, fervenza, bordón. 

Palabras en galego para expresar un desexo.

O vocabulario da nosa lingua é tan rico que temos moitas palabras para expresar un mesmo desexo. (Algunhas destas palabras son ben curiosas, mesmo para gañar o noso concurso da "Palabra do mes").

 

Palabra do mes de marzo.

Icía Dapena Pereira, de 1.ºB de educación primaria, gañadora da palabra do mes de marzo con LAMBISQUEIRO: "(Persoa) que lambisca. Que é amigo das lambiscadas (pequena cantidade de comida ou bebida que adoita tomarse a caquera hora; cousas de comer que saben moi ben, especialmente doces, xeados, caramelos etc."

Outras palabras finalistas foron: compango, lareira, xermolo, careixón, androlla, melindres, petisco, pemento, botelo e bubela.

 

Palabra do mes de febreiro: MORNO.

Valeria Zapata Esmorís, de 6.ºB de educación primaria, gañadora da palabra do mes de febreiro con "MORNO": "Lixeiramente quente; Levemente afectuoso; Pouco enérxico."

Outras palabras finalistas foron: fartuco, leituga, rabelo, baruto, papanduxas, mango, nécora e zamelo. En hora boa a todo o alumnado e familias participantes!


Esta é a historia que fixo o alumnado de 6.ºB coas súas palabras do mes de xaneiro.

 

A mesa das verbas.

A partir da actividade da "Palabra do mes" organizamos outra nova: con todas as palabras propónselles como reto ao alumnado de 1.º de educación primaria que cada vez que entren ao colexio ou que suban do recreo lean unha palabra en galego. Temos unha chea delas!

Palabra do mes de xaneiro: BAGA

Daniela Boedo Arza, de 2.ºB de educación primaria, gañadora da palabra do mes de xaneiro con BAGAfroito de endocarpo brando e carnoso, con sementes, que adoita ter forma redondeada e cores rechamantes.

Outras palabras finalistas foron: sapoconcho, bolboreta, garabata, salgado, cachelo, cachola, enchedoiro, lume, cogombro, peperetadas, androlla, errata, trapallada.

Gañadora da palabra do mes de decembro: MIOLO.

Alba López Pardo, de 2.ºA de educación primaria, gañadora da palabra do mes de decembro con "MIOLO": "parte interior do pan".

Outras palabras finalistas foron: androlla, carballeira, aguinaldo, caramuxo, agasallos, silbarda, volaván, chineiro, xiba e agasallo.

En hora boa a todos os participantes!

Palabra do mes de novembro: FREIXÓ

Iván Illanes Pérez, de 5.ºB de educación primaria, gañador da palabra do mes de novembro con FREIXÓ: doce para sobremesa que se fai con ovos leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira e ao que se le pode engadir azucre, mel...

Outras palabras finalistas foron: lambón, larpeirada, cogomelos, gardada, landra, xoubas, tixola, piarda, xenxibre e carballo.

 

Deixámosvos tamén aquí a historia que creou o alumnado de 6.ºB coas palabras finalistas do mes de outubro:

 

Gañadora da "Palabra do Mes" de outubro

Alba Lien Pérez Fernández, gañadora da palabra do mes de outubro con ZARAGALLADA: 1. Mestura de cousas sen orde. 2. Conxunto de ingredientes que se utilizan de recheo para determinados alimentos.

Palabras finalistas: caldeirada, peixe sapo, pintasilgo, amorodo e batea.

Gañadores da palabra do mes de maio: FERVENZA e BARALLOCAS

Este mes tivemos dous gañadores: Iria Lestón Suárez, de 3. º A de educación primaria, e Brais Dapena Pereira, de 2. º B de educación primaria. Foron os gañadores da palabra do mes de maio con: FERVENZA e BARALLOCAS.

Outras palabras finalistas foron: xoaniña, maxia, queimacasas, manteigoso, luscofusco, faldriqueira, arco da vella e chirlar.

En hora boa a todos os participantes e ás familias colaboradoras!

 

Gañadora da palabra do mes de abril: TROULA

Alba López Pardo, de 1. º A de educación primaria, gañadora da palabra do mes de abril (TROULA). Outras palabras finalistas foron: biosbardo, aloumiño, galleta, colo, nubeiro, filibusteiro, morriña, sapoconcho e clementina. Parabéns a todo o alumnado participante!

Gañador da palabra do mes de marzo: CHINEIRO

Bruno Sambad Fernández, de 2. ºB de educación primaria, foi o gañador da palabra do mes de marzo con CHINEIRO (Moble de dous corpos, o superior con portas de cristal, onde se garda a louza e os demais utensilios para o servizo da mesa). En hora boa!

Outras palabras finalistas foron: chalana, brétema, cóxegas, dozura, cuspidiño, agasallo, cocho, toxo, entroido.

Distribuir contido


by Dr. Radut