Skip to Content

Actividades curso 2019.20

Experimentos 5º B

Debido ao coronavirus no puídemos facer no colexio os experimentos de Ciencias Naturais que tíñamos previsto, pero houbo rapaces que se animaron a facelos na casa, aquí queda unha mostra:

Ovo Saltarín por Iván Illanes

Ovo Radiactivo por Daniel Ferreño

Recreación dun castro por Diego Vargas

Coche eléctrico por Alberto e Julio Santos

Mes da poesía en 6º Ed. Primaria

2 de maio- Día internacional do acoso

O vindeiro día 2 de maio é o día internacional do acoso e seguindo o noso PDI deste curso (alimentación e cociña), dende infantil ven unha receita de loita contra o  acoso. 

Video lectura 6º B

Conto para saír da casa (de Carmen Esteban, @mipsicologainfantil)

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTO

Voz Natura

O equipo de Voz Natura invitavos a contruir un futuro sen plástico. Para animarvos os profes xa comezaron a facelo, estaremos encantad@s de aprender de vos!

 

 

2 de abril, Día Mundial do Autismo.

Obradoiros coas familias en eduación infantil.

As mestras de educación infantil fixemos un pequeno recompilatorio das actividades que realizaron as familias de educación infantil con nós no que vai de curso.

Moitísimas grazas e cando volvamos.... agardamos que veñades as que poidades. 

 

Saída educación infantil

Todo o alumnado de educación infantil foi a "El caserío de Tión", un restaurante moi acolledor onde puideron ver de primera man como é unha cociña, como se pon a mesa, cociñar e poder coñecer de primeira man a unha das persoas que lle trae os productos para cociñar, productos de proximidade. 

 

Emisións Mosteirón nas Ondas-

 

Actividades para o período non lectivo por emerxencia sanitaria.

Estimadas familias:
Seguindo as instrucións publicadas o día 13 de marzo de 2020: " O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros  medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables",

así pois engadimos os enlaces para a súa descarga. Entrade como convidados e accederedes a elas (Debaixo do recadro que pide usuario e contrasinal... hai un recadro que pon "entrar como convidado). Tamén poderedes ver os e mails de contacto dos mestras e das mestras.

Agardamos que axiña poidamos estar de novo en activo. Moita forza para toda a comunidade educativa. 

Actividades educación infantil. 

Actividades educación primaria.

Entroido larpeiro

Nova emisión en Mosteirón nas Ondas

 

Mosteirón nas Ondas

No día de hoxe, 13 de Xaneiro, Día Mundial da radio nace "Mosteirón nas Ondas".

Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós; na primeira emisión xa podedes escoitar de que vai tratar.

Hoxe, tivemos a sorte de contar con Mónica Rodríguez, escritora que veu á nosa biblioteca e da que non desperdiciamos a oportunidade de que puidese deixarnos unhas verbas para as primeiras emisións.

 

Perros y letras

Este venres comezou a desenvolverse no colexio unha nova actividade, denominada "Perros y letras". Foi ofertada polo Concello de Sada, dende a Concellería de Educación, como proxecto piloto. 

A esencia da mesma basease na potenciación e mellora da lectura, vocabulario, comprensión... así pois, as actividades lévanse a cabo cunha cadela chamada "Dana" e  este curso vanse desenvolver con 6 alumnos/as de educación primaria, un por cada nivel. O venres pasouse por todas as aulas de primaria para presentar a "Dana" e a súa dona.

 

Reserva da biosfera

Os alumnos e as alumnas de 5º EP están inmersos no Programa da Reserva da Biosfera, posto en marcha en colaboración co Concello de Sada. Están traballando sobre o horto escolar e.... despois dunhas nocións básicas explicadas no aula puxéronse máns á obra do invernadoiro.

 

 

Visita ao IES O Mosteirón

O alumnado de 6º EP visitou este venres o IES O Mosteirón. 

Obradoiro en 2º Educación Primaria

@s alumn@s de 2º EP realizaron esta semana un obradoiro coas familias dos nenos e nenas que cumpren anos ao longo deste trimestre; o obradoiro consistiu na realización dos disfraces de entroido.

Distribuir contido


by Dr. Radut