Skip to Content

Actividades curso 2019.20

ENKI

O sábado 19 de outubro un grupo de profes e familias fomos á carreira de obstáculos ENKI, organizada pola Fundación Abrente. Un evento no que, ademais de colaborar coa Fundación pasamos unha tarde divertida, deportiva e saudable... sumamos quilómetros para Piefcitos!!!

Grazas ás familias que nos puideron acompañar! 

Para o ano volvemos, a experiencia foi moi boa!!! 

Saída do alumnado de 2º Ed. Primaria

O alumnado de 2º de Ed. Primaria visitou a exposición "Sopla de Plástico" e realizou un obradoiro sobre a importancia sobre a mesma. Logo visitaron as dependencias do Concello de Sada, onde tiveron a ocasión de falar con Benito Portela, alcalde do Concello, Rebeca Mouriño, concelleira de participación cidadá, transparencia, cooperación e mocidade, con María Nogareda, concelleira de Educación e Deporte entre outros.

Finalizaron a xornada cunha visita ao Carrefour (aproveitando a temática do PDI deste curso) onde puideron ver as distintas dependencias e lles ofreceron unha degustación de zume natural e froitas.

Grazas a todas as familias que os acompañaron neste día e a todas as persoas que fixeron posible que puieden pasar unha mañá tan didáctica, á vez que lúdica.

 

Saída ao Museo de Belas Artes

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou o museo de Belas Artes, onde, ademais de ver as diversas exposicións realizaron actividades artísticas.

O alumnado de 3.º e 4.º de primaria visita a Domus

 

Esta saída educativa tamén estaba relacionado co noso Proxecto Documentado Integrado.

Vendimia Infantil 2019

#Dálleavolta 6 de outubro Día Mundial da Parálise Cerebral

O profesorado do centro sumámonos á iniciativa do Movemento Aspace coa campaña de sensibilización "Dálle a volta", para reivindicar os dereitos das persoas con parálise cerebral.

Escape Room en 3º

 O venres en 3º de Primaria fixeron un Escape Room no que puxeron en xogo as súas habilidades, ademais de aprender nun ambiente lúdico.

Distribuir contido


by Dr. Radut