Skip to Content

Axudas de material escolar e libros de texto.

Fondo solidario libros de texto e material escolar.

Publicouse no DOG do 19 de maio de 2023 a Orde do 10 de  maio pola cal se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial en centros docentes sostidos conn fondos públicos, para o curso 2023/2024 (código de procedemento ED33B).

Prazo de presentación: do 20/05/2023 ao 21/06/2023
Solicitude: ED330B – anexos I e II

Convocatoria. 
  
Solicitude galego

Solicitude castelá 

Artigo 24 - Fondo solidario (3ºe 4º Primaria)
 
Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 03/07/2023
 
Reclamacións á listaxe provisional (2 días hábiles):4 e 5 de xullo de 2023
 
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas:10/07/2023
 
Entrega de libros: Setembro/2023
  
Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º Primaria)
Material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º Primaria)
 
Entrega do vale: do 1 ao 8 de xullo de 2023 

Artigo 2
(Renda 2021: recadro 435+460)
Fondo solidario
3ºe 4º Primaria
Axuda libros texto
1º e 2º Primaria
Axudas material
Toda Primaria
Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € 6 libros de texto 240 € 75 €
Renda per cápita entre 6.000 € e 10.000 € 4 libros de texto 160 € 60 €

Becas para alumnado NEAE

 Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Convocatoria.
Acceso aplicación.

Axudas material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a  Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

As familias non terán que presentar ningunha documentación, senón que se adxudicará directamente. Débese pasar polo centro para recollelo e asinar a recollida. 

  1. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Becas para alumnado NEAE

Foron convocadas as becas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. O prazo de presentación vai dende o 19 de maio ate o 30 de setembro de 2022, presentaranse no propio centro.

Toda a información pode consultarse nos seguintes enlaces:

Dúbidas: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Convocatoria: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

Publicouse no DOG do 20 de maio de 2021 a Orde do 6 de  maio pola cal se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial en centros docentes sostidos conn fondos públicos, para o curso 2021/2022 (código de procedemento ED33B).

O prazo para solicitar tanto as axudas de material e libros como o fondo solidario abranguen dende o 21 de maio ate o 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 5º Ed. Primaria o vindeiro curso non terá libro de texto por entrar a formar parte o centro educativo do Proxecto Edixgal, o cal permitirá que o alumnado traballe co libro dixital, sendo dotados/as cun ordenador portátil de préstamo.

Nos documentos adxuntos vai:

-Orde que o regula.

-Pequeno resumo do centro.

- Formulario en castelá.

-Formulario en galego.

Entrega de libros de préstamo do fondo solidario

Os libros de prestamo do fondo solidario de libros serán entregados nas seguintes datas:

3º e 4º Ed. Primaria: Luns 7 de setembro  entre as 11:30 e as 13:00.

5º e 6º Ed. Primaria: Martes 8 de setembro entre as 11:30 e as 13:00.

AS familias que teñean que recoller libros ambos días poden vir un dos dous días.

A entrega realizarase no patio andaluz, gardando a distancia de seguridade e con uso obrigatorio de mascarilla. Aconséllase traer bolígrafo propio para a firma do documento de entrega.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Hoxe saiu publicado no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidarios de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de educación Primaria. O prazo para presentar as solicitudes é dende mañá, día 20-05-2020, ate o 19-06-2020 (artigo 11). A presentación pódese facer no propio centro ou ben de xeito telemático, a través da chave 365 preferiblemente.(artigo 10)
Adxuntámosvos a orde. A solicitude non está dispoñible ata mañá, publicarémola na páxina web e  tamén podedes recoller a solicitude no propio centro. 
A documentación complementaria podedes consultala no artigo 12 da Convocatoria.
Como ben indica a orde, débense devolver os libros que tedes de préstamo, pero, a Consellería ten previsto sacar unha resolución para que poidades recoller os materiais dos vosos/as fillos/as que quedaron no centro e logo nós, concretaremos dende o centro, o proceso de recollida  e á vez a devolución dos libros , para evitar aglomeracións e que teñades que vir, o menor número de veces posible.
Faremos un documento/publicación coas datas nas que se van publicar as listaxes de alumnado que é beneficiario dos libros de texto, periodo de reclamacións e todos os trámites. Adiantamos que, non está permitido publicalo na páxina web por protección de datos, as listaxes estarán publicadas na taboleiro de anuncios do centro.
A día de hoxe, non é necesaria a cita previa, pero, se vemos que existe moita aglomeración de xente, preservando a vosa saúde, procederemos a comezar a este sistema e seredes informados.

Resumo da Orde

Anexos I e II
Enviámosvos o enlace do video que temos preparado para a entrada ao centro, a cal, dende mañá está permitida para admisión e fondo libros. (Video)

Distribuir contido


by Dr. Radut