Skip to Content

Colaborar no comedor

Colaborar no comedor escolar 2023.24

Foron publicadas as instrucións de comedor escolar (Instrución 2/2023) da secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño,sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso 2023- 2024 (Consultar).

Ne mesa réxense as normas xerais de usuarios de comedor e tamén as que colaboradores de comedor.

Na documentación vai anotado todo o que se ten que traer para poder facer efectiva a anotación na listaxe.

- Solicitude colaboración.

- Anuncio apertura.

-Condicións e criterios de colaborar.

 

Apertura de listas de colaboración de comedor para persoas convivintes co alumnado do centro.

Ábrese unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes, segundo o acordo do 15 de outubro do Consello da Xunta, derivada da situación COVID. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

Adxuntamos toda a información ao respecto.
A entrega de documentación será no centro.

Colaboración Comedor

Aberto o prazo para a colaboración de comedor. Do 22 de xuño ao 10 de setembro.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección

A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 9,39 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2020.
 Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut