Skip to Content

Actividades cursos anteriores

FESTA FIN DE CURSO

O curso chegou ao seu fin e toda a comunidade educativa puxo un broche final a este curso cunha celebración na que a implicación foi impresionante. Moitas familias dirixiron xogos, axudando a preparar a merenda...polo que de verdade gracias a todas as familias, á ANPA por encargarse da merenda, ao persoal non docente que colaborou, aos mestres implicados e á profe que organizou todo isto, Paloma.

Bo verán!!!

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

GRADUACIÓN

O Martes 19 de xuño tivemos a graduación dos alumnos/as que finalizan 6º de educación primaria e 6º de educación infantil.

NORABOA GRADUADOS  E GRADUADAS!

  

 

 

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

No cole tivemos a actuación de Paco Nogueiras, pasámolo moi ben e máis coñecendo a importancia dos libros, da lectura e das tradicións galegas.

 

MERENDA SAUDABLE VOZ NATURA

Este luns puxemos fin ao programa Voz Natura, por este curso, cunha merenda saudable. Para a merenda saudable nenos/as e maiores elaboraron brochetas de froitas que degustamos todos xuntos!

LETRAS GALEGAS 2018

Festexamos o día das letras galegas coa actuación da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, coa que aprendemos bailes, cancións.. e tamén cos alumnos/as que se están formando na súa asociación... e como non, todos e todas fixemos foliada!

Tamén vos deixamos un video do alumnado de infantil realizando unha alfombra floral, despois de escoitar a Queiroa (dado que fixeron dous pases).

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

ENTROIDO 2018

O pasado 9 de febreiro Mosteirón encheuse de moita cor para festexar o entroido adicado á natureza. 

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

MANDADIÑOS DO MECO

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Coa colaboración do Concello De Sada

BADALADAS 2018

Coas badaladas anticipadas do 2018, desexámosvos un Bo 2018!!

 

ENTREGA DE PREMIOS

Neste video podedes ver a entreda de premios aos gañadores e o sorteo de camisetas do Clube de Atletismo de Sada.

 

SAN SILVESTRE 2017

O último día de clase antes das vacacións, o 21, festexamos a chegada do Nadal como un verdadeiro fin de ano, no que non faltou a carreira de San Silvestre  que organizou o equipo de actividades extraescolares e complementarias.

Moitas gracias ás familias pola vosa participación e axuda! 

E moitas gracias ao Clube de Atletismo de Sada que fixo os quecementos, axudou nos percorridos, nos premios... sempre con moi boa disposición.

 

Curso 2014/2015

Fotos do entroido (visitar)

Reis Magos en Mosteirón

 

Curso 2015/2016

Illa fantasía 

Time for english  

Letras galegas

Distribuir contido


by Dr. Radut