Skip to Content

Blogue de admin

Listaxes definitivas de fondo de libros

Listaxes definitivas de admitidos.

Listaxes definitivas de excluídos.

Entrega de libros: Luns día 9 de setembro de 11:30 a 13:30.

Colaboración Comedor

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP PLURILINGÜE “O MOSTEIRÓN”, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020
  
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo curso 2019-2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, en horario de 13,45 a 15,30 horas, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 9,39 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
 
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto dende o 22 de xuño ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2019.
 

Libros de texto e material complementario para o curso 2019/2020

Achegamos a relación de libros de texto e material complementario nos arquivos adxuntos. 

Calquer incidencia na compra dos libros por favor facédenolo saber.

Aviso ao alumnado de 3º EP: Non mercar o libro de lecturas "El Dragón de Jano".

LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

Adxuntamos as listas provisionais de admisión do alumnado para o curso 2018/19. Lembrade que o periodo de reclamación é de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes, é dicir, dende o día 25 de abril ata o día 2 de maio.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN (Art. 17 da Orde do 12 de marzo de 2013): do 23 de marzo ao 5 de abril de 2018 (ámbolos dous inclusive)

INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

Adxuntamos o documento sobre as instrucións a seguir no proceso de admisión de alumnado para o próximo curso académico 2018/19, no que se aclaran os seguintes apartados:

1. PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN E PRAZOS.

2. PRAZAS VACANTES E RESERVA PARA O ALUMNADO CON NEAE.

3. SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA E DE ADMISIÓN.

4. FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

5. CENTROS DE ADSCRICIÓN E PRIORIDADE NA ÁREA DE ESCOLARIZACIÓN.

6. APLICACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.

7. FASE DE ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA DE POSTOS ESCOLARES.

8. EMPATE NA PUNTUACIÓN

ENKI

Participamos na carreira ENKI na Coruña. 

Outono en infantil

Coa chegada do outono, fixemos un conxuro facendo eco ao noso PDI e logo preparamos a nosa vendimia!

 

Documentación alumnado nova incorporación

Á matrícula do alumnado de novo ingreso é do 1 ao 10 de xullo, ambos incluídos. A documentación a presentar é a seguinte.

Impreso de matrícula.

Folla de infantil.

Folla de Ed. Primaria.

Ficha médica.

Servizos complementarios: Transporte e comedor.

Autorizacións

Carne de bus (so para Ed. Infantil e 1º EP)

Solicitude comedor escolar, transporte e renovación de autorizacións (alumnado xa matriculado no centro)

Do 18 ao 30 de xuño en horario de 09:00 a 14:00 recolleremos a documentación para o vindeiro curso do alumnado que xa estivo matriculado no centor durante este curso, ide cliqueando na documentación a abrirásevos:

- Solicitude  de servizos complementarios: transporte e comedor escolar.

-Renovación de autorizacións.

- Actualización de datos e materias optativas educación priamaria (xunto coas fotografías)

-Actualización de datos e materias optativas ed. infantil (xunto coas fotos)

-Ficha médica. 

Se o desexades podedes pasar polo centro e dámosvos unha copia.

Adxuntamos tamén o carne de transporte escolar que será obrigatorio para o alumnado usuario de transporte escolar de educación infantil e educación primaria. No mesmo documento pódense consultar as paradas.

Para un maior coñecemento das novidades, publicamos tamén as seguintes instrucións que acaban de ser publicadas esta mañá.

Instrucións transporte escolar.

Instrucións comedor escolar.

Este tipo de documentación non se recollerá por e mail. 

Listaxe de libros de texto e material complementario para o curso 2020/2021

Seguindo a Orde do 22 de xullo 1997, Capítulo III 4.6: A relación de libros de texto e material didáctico curricular será publicada no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de xuño. 

Aquí vos deixamos o listado para o vindeiro curso, podedes descargalo pinchando no curso correspondente. 

4º Ed. Infantil

5º.Ed. Infantil

6º Ed. Infantil

1º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria

3º Ed. Primaria

4º Ed. Primaria

5º Ed. Primaria

6º Ed. Primaria

Entrega de material do alumnado e recollida dos libros

Seguindo a Resolución do  do 22 de maio de 2020 (Ver), nesta fase 2, as familias poden vir recoller o material dos seus/suas fillas. Así pois, establecemos uns horarios para a recollida e á vez, entrega de libros da biblioteca e fondo de libros.

Aconséllase vir unha soa persoa por alumno/a e, o uso da mascarilla é obrigatorio.

O día e a hora que se marca para cada un dos cursos débese entregar os libros do fondo (de 3º a 6º EP a poder ser)e  os libros de préstamo da biblioteca (incluídas mochilas viaxeiras).

Os libros do fondo deben de vir en bo estado.

Os 3 primeiros días haberá un horario especial para o alumnado que teña irmáns nos cursos que se indican. Así pois, as familias virán cando lle toque vir polo material do alumnado de menor idade, por exemplo unha familia que ten un fillo en 4º ed infantil (3 anos) e outro en 3º de educación primaria virá o luns 1 de xuño respectando o calendario que se marca a continuación.

Se non pode vir o pai ou a nai que traia unha autorización a persoa que veña.

A entrega realizase no patio andaluz, gardando sempre a distancia de seguridade.

Cada día estarán dispoñibles os materiais dos cursos mencionados.

Se hai algún inconviente escribe un correo.

Podedes aproveitar ese día para entregar a solicitude de fondo de libros, se o tedes pensado facer de xeito presencial.

A solicitude comedor e transporte escolar aínda non está aberta para o vindeiro curso, cando estea avisamos e engadiremos a este tramite a renovación de autorizacións de imaxe, recollida de alumnado e actualización de datos persoais.

 

Luns 1 xuño

Martes 2 xuño

Mércores 3 xuño

Xoves 4 xuño

10:00: 4º Ed. Infantil- 3 anos

11:00: 5º Ed. Infantil- 4 anos

12:00: 6º Ed. Infantil: 5 anos

13:00: Familias de 3,4 e 5 anos que teñan irmáns no colexio.

10:00: 1º Ed. Primaria

10:30: 2º Ed. Primaria

11:00: Familias de alumnado de 1º e 2º Ep que teñan irmáns en 3º,4º,5º ou 6º EP.

10:00: 3º Ed. Primaria

 11:00: 4º Ed. Primaria

12:00: Familias de alumnado de 3º e 4º EP que teñan irmáns en 5º ou 6º.

10:00: 5º Ed. Primaria

 11:00: 6º Ed. Primaria

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Hoxe saiu publicado no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidarios de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de educación Primaria. O prazo para presentar as solicitudes é dende mañá, día 20-05-2020, ate o 19-06-2020 (artigo 11). A presentación pódese facer no propio centro ou ben de xeito telemático, a través da chave 365 preferiblemente.(artigo 10)
Adxuntámosvos a orde. A solicitude non está dispoñible ata mañá, publicarémola na páxina web e  tamén podedes recoller a solicitude no propio centro. 
A documentación complementaria podedes consultala no artigo 12 da Convocatoria.
Como ben indica a orde, débense devolver os libros que tedes de préstamo, pero, a Consellería ten previsto sacar unha resolución para que poidades recoller os materiais dos vosos/as fillos/as que quedaron no centro e logo nós, concretaremos dende o centro, o proceso de recollida  e á vez a devolución dos libros , para evitar aglomeracións e que teñades que vir, o menor número de veces posible.
Faremos un documento/publicación coas datas nas que se van publicar as listaxes de alumnado que é beneficiario dos libros de texto, periodo de reclamacións e todos os trámites. Adiantamos que, non está permitido publicalo na páxina web por protección de datos, as listaxes estarán publicadas na taboleiro de anuncios do centro.
A día de hoxe, non é necesaria a cita previa, pero, se vemos que existe moita aglomeración de xente, preservando a vosa saúde, procederemos a comezar a este sistema e seredes informados.

Resumo da Orde

Anexos I e II
Enviámosvos o enlace do video que temos preparado para a entrada ao centro, a cal, dende mañá está permitida para admisión e fondo libros. (Video)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Cliqueade na imaxe para ver o cartel ampliado.

Agardámosvos!

Simulacro de evacuación

Hoxe no colexio  realizamos  un simulacro de evacuación, no que nos explicaron  cousas fundamentais  de como salir. Así  pois,ponse en funcionamento  o novo plan de autoprotección do centro.

Grazas ao SEM e ao Concello de Sada !

ENKI

Cliqueade na imaxe e poderedes velo con maior resolución e acceder ao enlace da páxina da ENKI.

 

Documentos de centro 2019

Listaxes provisionais de fondo de libros

Listaxes provisionais de alumnado admitido de fondo de libros.

Listaxes provisionais de alumnado excluído de fondo de libros.

 

* Prazo de reclamación contra estas listas, 2 días hábiles: 5 de xullo e 8 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut