Skip to Content

Colaboración Comedor

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP PLURILINGÜE “O MOSTEIRÓN”, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020
  
As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo curso 2019-2020, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, en horario de 13,45 a 15,30 horas, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 9,39 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
 
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto dende o 22 de xuño ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2019.
 
Durante o curso escolar 2019-2020 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.



blog | by Dr. Radut