Skip to Content

Blogue de Silvia Abrodos

Admisión 2019-2020

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ate o 20 de marzo.  

O dia 18 o centro estará pechado, por ser un dos días non lectivos escollidos polo centro e aprobados pola X. Territorial.

Adxuntamos:

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión.

Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña.

Lexislación aplicable no proceso de admisión.

  Aplicación Admisión Alumnado.

Anexo II: Solicitude Admisión.

Información sobre o centro e prazos. 

Xornada de portas abertas

 

 

Todos os anos o CEIP PLurilingüe O Mosteirón organiza unha xornada de portas abertas para todas aquelas familias que quieran coñecer o centro, o xeito de traballo e resolver dúbidas que lle poidan xurdir, polo que o vindeiro mércores 22 de Febreiro,  todas as familias que queiran coñecer o centro educativo están convidadas a facelo.

Escape Room en 3º

 O venres en 3º de Primaria fixeron un Escape Room no que puxeron en xogo as súas habilidades, ademais de aprender nun ambiente lúdico.

Entrega de diplomas TEI

Noraboa a todas e todos as titoras e os titores e ás/ós titorizados/as.

Graduación

Gala Final Reserva da Biosfera

Hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria asistou á Gala Final da Reserva da Biosfera onde expuxeron o seu traballo sobre o proxecto no que estiveron traballando; dito traballo versaba sobre a auga: os usos, de onde ven, a ETAP... gran traballo o exposto! Noraboa!

 

O Moure Mouro

Esta semana tivemos ao Moure Mouro no cole para o alumnado de educación infantil, primeiro e segundo.

Maxia no cole

Alfombras naturais

Coa chegada do bo tempo e o cambio que se produce no entorno aproveitamos a semana das letras galegas para fomentar unha tradición: A creación de alfombras naturais e impulsar o noso PDI de arte.

Grazas ás familias polas aportacións realizadas.

III Feira de Abril

Charla sobre deporte adaptado

A Fundación Abrente veunos dar unha charla sobre o deporte adaptado e sobre a importancia de adoptar sempre as medidas de seguridade indo en vehículos.

Reserva da biosfera

O alumnado de 5º de Primaria realizou o venres día 3 de maio unha saída á ETAP (depuradora do Temple) e aos arredores do Encoro de Cecebre.

 

Día do Libro

Polo día do libro o alumnado de 1º foi á biblioteca "Ramón Suárez Picallo" de Sada e realizar un maratón de lectura. Aquí vai unha pequena mostra.

 

Día Mundial do Autismo

Eu son band

Hoxe tivemos no cole un concertazo, o grupo "Eu son band" (cliquea para ver a sua web), creado na Fundación Eu Son, veu ao noso colexio tocar. Un impulso máis para o noso proxecto das artes e un pasiño máis para favorecer a inclusión e que así, se faga visible para todo o alumnado.

A actuación estivo acompañada dos acordes de Iván, pai dun alumno do cole, quen nos propuxo esta fermosa actividade.

Moitísimas grazas! Mosteirón está inmensamente agradecido. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut