Skip to Content

Blogue de Silvia Abrodos

Reserva da biosfera

Este venres tiveron lugar no cole os primeiros obradoiros de ciencia para o alumnado 5º de Educación Primaria dentro do Programa " Educando na biofera", promovido e impartido pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Titoría Entre Iguais (TEI)

O venres día 8 tivemos no centro o acto de nomeamento oficial de Titores do Programa de Titoría Entre Iguais. O alumnado de 5º de educación primaria, logo da formación inicial que tiveron, foron nomeados titores do alumnado de 3º de educación primaria. Tamén neste momento, cada titor coñececeu ao seu titorizado e viceversa.

Ao acto asistiu o Alcalde Benito Portela, con dous representantes máis do concello, Fernando e Miguel e tamén asistiu o Director do Centro de Formación e Recusos do Profesorado, Emilio Veiga.

Benvidas parellas TEI.

 

Entroido no cole

O noso entroido este ano será....

Novidades no cole

Comezamos o ano cun aula nova, para que o alumnado realice psicomotricidade e educación física. Obra realizada pola Consellería De Educación, Universidade e Formación Profesional, sendo esta promovida pola Xefatura Territorial de A Coruña.

 

E tamén contamos cun novo espazo de xogo para educación primaria, que veu da man do Concello de Sada. 

Xornada de portas abertas

O vindeiro 18 de febreiro ás 17:00 terá lugar no colexio a Xornada de Portas Abertas para que as familias que estéan interesadas en solicitar praza no centro poidan coñecer como traballamos, ver as instalacións e solucionar posibles dúbidas. É aconsellable acudir sen os nenos/as.

Plan director

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, pretende sensibilizar ao alumnado sobre temáticas que hoxe en día están moi patentes na sociedade.

Este curso 2018/19, terán lugar no centro as seguintes charlas por parte da Garda Civil de xeito moi didáctico.

-Acoso Escolar (5º EP).

-Novas Tecnoloxías (5º e 6º Ep).

-Pandillas (5º e 6º Ep).

 

Se queredes ter máis información sobre o programa, cliqueade Aquí.

Composición do Consello Escolar

San Silvestre 2018

Visita dos Reis Magos

Felicitacións dende a biblioteca

 

Proclamación de candidatos electos do Consello Escolar por parte da Xunta Electoral

Representantes dos responsables do alumnado

Despois do escrutinio realizado pola Mesa electoral para elección dos representantes dos responsables do alumnado, segundo a acta que se remitiu a esta Xunta Electoral, proclámase como candidatos electos:

-D. Javier García Bello.

-Dna. Paula Pujades Suárez Pumariega

25 N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O martes día 20, conmemoramos o Día Internacional Da Infancia. Para iso fixemos unha gran roda arredor do colexio xuntando as nosas mans para abrazalo, tendo en conta a importancia de que o abrazo era moi igual e moi diferente, porque cada un de nós é diferente. Aproveitamos para que, este abrazo, fose tamén sinal de vida saudable; Este curso todo o centro está inscrito dentro do Plan Proxecta Proxecto Deportivo de Centro: Unha milla diaria, a través do cal pretendemos fomentar unha vida sa baseada na actividade física e na alimentación saudable, por iso, este día a nosa actividade física percorría o centro.

 

 

MAGOSTO

O EDLG do cole organizou o  magosto que tivo lugar o día 13. Non faltou nin a música, nin as castañas nin os xogos cos carozos.

Moitas grazas ás familias  polas castañas e ás familias que colaboraron para asalas.

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

Candidaturas ao Consello Escolar

Documentos consello escolar

O PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2018 NO COLE

Esta semana tivemos a sorte de que unha familia regalounos o libro  "Kusuma" de Héctor Cajaraville para a biblioteca do centro. Agardamos esta visita enormemente.

Moitas gracias á familia e moitas gracias Héctor.

 

Halloween Games

O mércores o equipo de plurilingüismo organizou uns xogos, nos que se ensalzaba a tradición do halloween. Co cal os distintos cursos na súa hora de ou ben lingua inglesa ou ben materia plurilingüe baixaron ata o patio planchero para levalos a cabo.

 

DIVERMAXIA

O pasado 25 do outubro o alumnado de 5º de Ed. Primaria asistiu a unha sesión de maxia e animación á lectura promovida dende a biblioteca do Concello de Sada.

 

Coa colaboración do Concello De Sada

DÍAS NON LECTIVOS

Indicamos que seguindo a orde do 28 de maio de 2018 pola cal se establece o calendario escolar e seguindo o Artigo 7. Días non lectivos
2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Neste centro os elexidos son 2 de novembro de 2018 e o 18 de marzo de 2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut