Skip to Content

Palabra do mes de novembro: FREIXÓ

Iván Illanes Pérez, de 5.ºB de educación primaria, gañador da palabra do mes de novembro con FREIXÓ: doce para sobremesa que se fai con ovos leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira e ao que se le pode engadir azucre, mel...

Outras palabras finalistas foron: lambón, larpeirada, cogomelos, gardada, landra, xoubas, tixola, piarda, xenxibre e carballo.

 

Deixámosvos tamén aquí a historia que creou o alumnado de 6.ºB coas palabras finalistas do mes de outubro:

 



page | by Dr. Radut