Por si vos interesa, deixámosvos o enlace a unha actividade de reciclaxe e actividade física para facer en familia. Ademáis de colaborar no coidado do medio ambiente hai programadas interesantes actividades.
Para máis información, pinchade no enlace. TOUR PLOGGING
Xa rematamos o primeiro trimestre do curso 2021-2022. Para festexar estas datas tan importantes, na biblioteca usamos o libro" Adviento de Cuentos" que nos axudou a traballar a oralidade. Cada curso compartiu un conto diferente e unha actividade relacionada coa mesma.
Premade na imaxe para ver o vídeo ou o PDF adxunto!
Que bonito é poder compartir as nosas ideas entre os nosos iguais!
O trimestre está a piques de rematar, a para darlle a benvida ao mes de abril, deixámosvos algunhas das novidades mercadas no mes de marzo na biblioteca do centro.
Pinchade na imaxe para ver o vídeo resumo, ou no PDF adxunto.
Aquí tedes ao noso auxiliar de conversa Daniel explicándonos como baleirar un ovo para que despois o poidamos decorar para participar na mostra de Ovos que terá lugar no noso colexio.
O primeiro trimestre está a piques de rematar, polo que, un ano máis queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras para que pasedes unhas festas de conto!!
Celebrando o día internacional contra a violencia de xénero, sumámonos ao percorrido "Camiño ao respecto", no tempo da milla diaria. Aínda que algúns grupos tiveron que postponelo por mor da metereoloxía.