Skip to Content

ACTIVIDADES

DÍA DO LIBRO

 

 

 

21 MARZO, DÍA DA POESÍA - BÚSCASE POETISA / POETA

DÍA DA POESÍA - BÚSCASE POETISA / POETA

DO 8 AO 12 DE MARZO, SEMANA DA PRENSA

NOVA EDICIÓN DO DIARIO ARRABAL ADICADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO

DEPORTE COS BIBLIOS

BOLOS RECICLADOS

O alumnado de sexto de primaria realizou unha actividade de reciclaxe coas botellas de auga consumidas a diario. Crearon uns divertidos bolos coa imaxe dos personaxes protagonistas da biblioteca "Os Biblios". Experimentamos no seu interior cos colorantes, a auga e viscosidade do xel cos que os enchemos. A que quedaron chulos?

8 MARZO, A MULLER NA LECTURA

Selección dalgúns libros sobre a muller e a igualdade como protagonistas.

ROSALÍA DE CASTRO

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro, poetisa e novelista española que escirbiu en galego e castelán. Foi considerada entre unha das grandes poetas da literatura española do século XIX.

 

23 de Febreiro DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, Poética preséntanos uns recursos  que nos achegan á obra desta gran escritora galega. O primeiro creado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) permítenos coñecer os poemas musicalizados de Rosalía nas voces de grandes cantantes. O segundo é un cover, unha versión da canción "Malamente" da outra Rosalía que está de actualidade pola súa música inovadora, pero que neste caso a súa letra se fusiona co poema "Castellanos de Castilla" de Rosalía de Castro.

Neste terceiro recurso preséntasenos información, xogos, unidades didácticas en torno a figura de Rosalía de Castro. É un material traducido e adaptado por Marta Paredes (@burbullas_de_pt)

"Dicen que no hablan las plantas..." Fermosos versos de Rosalía de Castro na voz da actriz Aitana Sanchez-Gijón no marco do proxecto "Amamos la poesía" da RAE e Condé Nast España e Latinoamérica.

 

ENTROIDO 2021: BIBLI - MECA

Neste atípico Entroido 2021 marcado pola pandemia, a mascota da biblioteca converteuse nunha Meca-peregrina que nos foi dando instruccións ao longo da semana entroideira.

Distribuir contido


by Dr. Radut