Skip to Content

ACTIVIDADES

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro conmemoramos no centro o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco de Proxecta + (Donas de si: Valiosas),  efectuou entrevistas a mulleres importantes da súa vida.

Nelas reflexionaron sobre o papel da nena na ciencia co obxectivo de fomentar o espírito crítico do noso alumnado.

Todas as entrevistas recompiláronse nun caderno conxunto que rotará por todas as aulas do centro, coa finalidade de que todas e todos xuntos poidamos enriquecernos e seguir avanzando.

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Gracias ao concurso "Tíralle da lingua", de relato oral en galego e organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega hoxe puidemos gozar na compaña de Paula Carballeira.

Gracias a Teo, Alexandre, Juan e Pedro por inventar e contar historias cheas de fantasía e orixinalidade. 

Gracias a Paula Carballeira por ensinarnos valores mediante os contos en galego e dar visibilidade a importancia da tradición oral. 

 Así de ben o pasamos...

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de Febreiro celébrase o día da muller e a nena na ciencia. No centro elaboramos unha exposición de importantes mulleres vinculadas a este ámbito, libros de ciencia e mulleres, e como non podía faltar, o biblicromo en conmemoración deste día.

 

O LIBRO DOENTE

 
 
 

MÚSICA E BIBLIOTECA

As actividades da biblioteca van sempre acompañadas de música  poñendo banda sonora ás historias que vivimos nela e as cousas que facemos.

Neste espazo queremos recoller algunhas que nos van acompañando na viaxe polo mundo da lectura:

 

 

 

No noso centro tamén animamos as horas do día e as rutinas do noso horario cun timbre musical 100% de calidade:

UNHA NOVA BIBLIOTECA

UNHA NOVA BIBLIOTECA

BibliOia, a nosa biblioteca escolar abre de novo as as súas portas. Aproveitando o décimo aniversario da pertenza ao PLAMBE de mellora de bibliotecas escolares, faino renovada por completo, con máis seccións, novos espazos, actividades, libros, recursos e moitas moitas novidades!

 
Neste ano no noso PDI (Proxecto Documental Integrado) Bibli invítanos a dar "A volta ao mundo" coñecendo diversas realidades xeográficas, gastronómicas, naturais, culturais, sociais... Queres viaxar con nós?
 
 

CORTO DE ANIMACIÓN XELA ARIAS

NON TE AMOLA!

No seguinte corto de animación poderedes gozar da recreación de fragmentos e escenarios do libro "Non de amola!" da autora lucense homenaxeda nas Letras Galegas 2021 Xela Arias.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut