Skip to Content

ACTIVIDADES

UNHA AVENTURA MÁXICA

As nenas e nenos de 4º de E.P. levan varios meses traballando na elaboración dun conto colectivo. Onde cada unha e cada un puido fomentar a súa creatividade, autonomía e responsabilidade, como consecuencia da súa elaboración.

Tal como anunciamos na revista escolar, estábamos argallando unha sorpresa. E chegou o momento de dicir cal é:

Gravamos o noso primeiro pódcast!!!


 

O noso primeiro pódcast contén o noso conto titulado “Unha aventura máxica”.

Este venres xa o puidemos escoitar en primicia no tempo de recreo e actualmente está dispoñible no apartado de radio da web do noso cole para que todas e todos poidades desfrutar da nosa historia.

Se desexan coñecer aos personaxes desta apaixonante historia tan só teñen que visualizar o seguinte vídeo:

 

 

 

Esperamos que vos guste!!

MULLERES DA HISTORIA

O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria segue traballando  coa finalidade de por en valor as mulleres da nosa sociedade. Por iso, quixemos homenaxear as mulleres da nosa historia, xa que por desgraza moitas veces quedaron relegadas a un segundo lugar.

Para iso, estivemos traballando os libros da colección Mulleres Galegas composta por cinco biografías de mulleres: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ernestina Otero e Ángeles Ruiz Robles.

A continuación poden observar algunhas imaxes do fantástico resultado:

 

XADREZ NA BIBLIOTECA

Definición:

Xadrez: substantivo masculino. Xogo no que dúas persoas van movendo dezaseis figuras cada unha sobre un taboleiro dividido en cadros brancos e negros segundo unhas regras determinadas. A partida de xadrez remata co xaque mate.

Entre os múltiples beneficios do xadrez atópanse:

  • Aumenta o coeficiente intelectual.
  • Mellora o razoamento matemático
  • Estimula a capacidade de análise e síntese.
  • Potencia a creatividade e a imaxinación.
  • Fortalece e entrena a memoria.
  • Aumenta a comprensión lectora.
  • Facilita a concentración
  • E moitos máis!

Sabedes que a nosa biblioteca é unha apaixoada deste xogo, organizando distintos torneos de xadrez en cursos anteriores. Pois ben, como non ía ser menos, proximamante desenvolveranse os primeiros duelos do presente campionato. Comeza a practicar! Estás preparado para chegar á final e gañar o prezado trofeo?

 

Álbum: CURSO 21-22 -> II TORNEO AXEDREZ

FINAL TORNEO XADREZ

 Clica no álbum para ver as imaxes do torneo.

Álbum: CURSO 21-22 -> II TORNEO AXEDREZ

VISITA DE ALICIA BORRÁS

Este mércores visitounos Alicia Borrás, escritora e actriz de dobraxe. Con ela compartimos un encontro de profundas reflexións en torno a dous dos seus libros "Nata y chocolate" e "Nata y chocolate invencibles" que o alumnado de 6º EP lemos na aula. Falamos de compañeirismo, solidariedade, igualdade, empatía, convivencia... aspectos vinculados ás súas obras e aos protagonistas das mesmas.

Tamén descubrimos que se esconde detrás das series animadas como "Los Green en la Gran Ciudad" emitida actualmente en importantes canles infantís e na cal Alicia pon voz ao entrañable e gracioso personaxe de "La Yaya".

Esperámoste en vindeiros encontros Alicia!

 

MOSTRA DE ARTESANÍA

Co gaio da conmemoración da Semana Europea da Artesanía, artesáns da contorna fixéronnos unha visita para amosarnos a arte do seus oficios e a importante labor de conservación das tradicións culturais propias do noso pobo. Un verdadeiro privilexio contar con eles e elas no noso centro. Esperámosvos en vindeiras edicións!

Clica no álbum para ver imaxes da actividade:

Álbum: CURSO 21-22 -> OBRADOIRO ARTESANÍA

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, 8 de marzo, conmemoramos o “Día Internacional da muller” no centro; xa que apostamos por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade.

Para iso, dende a biblioteca continúase coa exposición de libros que permite ao alumnado e familias desenvolver o espírito crítico, coñecer a labor de mulleres relevantes na historia e na súa contorna así como contribuír a súa divulgación.

 

 

Ademais nos corredores do noso colexio poden observar os carteis reivindicativos elaborados polo  alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco do Proxecta + “Donas de si: Valiosas”.

A elaboración do produto constou de varias partes. Primeiro o alumnado indagou sobre a orixe e posteriormente efectuaron os carteis reivindicativos en equipos cooperativos.

 

 

Seguimos camiñando!

MARZO: TIMBRE MUSICAL

Acaba de comezar marzo e sen dúbida estamos ante un mes moi importante, xa que o día 8 conmemórase o “Día Internacional da Muller”.

O timbre musical abordará dita cuestión, xa que este permite traballar todas as conmemoracións rexistradas na orde do calendario escolar, dende unha perspectiva lúdica e amena.

 A continuación poden observar a música escollida:

Distribuir contido


by Dr. Radut