Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

Radio Arrabal #23

Vixésimo terceiro programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Esta semana celebramos o Día do libro e como non podía faltar moitas recomendacións de lecturas e demais curiosidades. Coma sempre moito entusiasmo e grandes comentaristas radiofónicos. Non esquezades de participar no concurso da radio do cole que se achegan grandes premios. A voar nas ondas do Arrabal!!!!!

 

Radio ARRABAL #22

Volvemos das vacacións e con moita forza para rematar este último trimestre. Com sempre contidos de moita actualidade e moi interesantes. E moito coidado que os máis pequenos do equipo veñen pisando moi forteeeee!!! A voar nas ondas do Arrabal!!!! 

RadionArrabal #21

Último programa deste segundo trimestre. Xa pasamos a barreira dos vinte e imos a por moitos máis!!! Coma sempre contidos variados e moi interesantes. Dende a Radio Arrabal desexámosvos boas vacacións e regresamos despois de Semana Santa. A voar polas ondas do Arraballlll!!!!!

Radio ARRABAL #20

Vixésimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Programa especial sobre o Día Internacional da Muller Traballadora. A piques de superar todas as marcas, o equipo da radio do colexio fai un esforzo extra e tráenos un programa superior cheo de contidos interesantísimos. A voar e participar nas ondas do Arrabal!!!!

 

Radio Arrabal #19

Décimo noveno programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Coma sempre contidos moi divertidos e interesantes. Noticias, deportes, o tempo, masterchef da semana, chistes, artigos de investigación, videoxogos, música, e.... a sección oculta. Non vos esquezades de participar no concurso que xa chegan os premios. A voar nas ondas do Arrabal!!!

Radio Arrabal #18

Programa décimo oitavo da Radio ARRABAL, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Esta semana adicado a Rosaliía de Castro. Ademais, moitos contidos de interese: a historia da hamburguesa, virus informáticos, especies en extinción, xadrez, videoxogos, música e moito máis. A voar nas ondas do Arraballllll!!!!

Radio Arrabal #17

 

Novo programa da Radio Arrabal. Esta semana falamos do Entroido e tivemos unha entrevista moi interesante, Ignacio "o peluqueiro do Rosal". Non esquezades de participar no programa e a voar polas ondas no Arrabal.

RADIO ARRABAL #16

Décimo sexto programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Coma sempre moitos contidos interesantes e de actualidade. Por certo, non vos esquezades de participar no concurso que se achegan as datas de entregar os premios. Animádevos a participar!!!

Radio ARRABAL 15

Décimo quinto programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Programa especial con moitos contidos sobre o día da Paz e a non violencia. A voar nas ondas do Arraballll!!!!

 

Radio ARRABAL #14

 

Primeiro programa do ano e décimo cuarto deste curso 2020-2021. Debido á situación que estamos a vivir tivemos que facer algún cambio pero seguimos ca esencia principal da radio. Esta semana moitos contidos e concurso dobre. Atentos e animádevos a participar. A voar nas ondas do Arrabal!!!!

Mensaxe en código morse:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut