Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

PODCAST 13-5-2022

Este venres de radio o alumnado de 2º de primaria sorprendeunos cun podcast marabilloso. Na clase de galego estiveron preparando os textos e no estudio da RADIO ARRABAL gravaron as voces e a música. Non deixes de escoitalos son o COLMO!!! Adiante coa radio...

✓ 20 CHISTES DE COLMOS muy buenos (¿Cuál es el colmo de...?)

LENDAS DA GALIZA ENCANTADA

 

 

O alumnado de 6º de primaria, na área de Lingua Galega e Literatura, fixo unha recopilación de mitos e lendas de Galicia adaptándoas a nosa localidade, esperamos que vos gusten:

A Casa da Moura é un monumento megalítico situado no concello de Santa María de Oia
Cóntase que cando pasaba por alí unha nena de mañá cedo para a feira do doce saíu un mouro e preguntoulle:
—E logo, para onde vai?
—Voulle para a feira mercar uns porquiños.
—¿E ten moito diñeiro para os mercar?
—Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.
—Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos, dos mellores que haxa. E espérasme alí, ti e mailos que chos vendan. E despois vou eu e págollelos.
Pasou todo segundo dixo o mouro; e o mouro quedou cun porco e a nena con outro. Entón, o mouro díxolle a nena:
—Mira, tráeme aquí todas as mañás cedo un anaco de pan .Ti non chames por ninguén. Déixamo neste sitio que xa terás nel un peso todos os días. E así sempre. E ten tino de non dicir nada a ninguén, que estas cousas non se poden dicir.
E por moito tempo a nena levou o pan e colleu os cartos.
Mais a súa nai sempre lle andaba dicindo:
—¿De onde che veñen os cartos? Porque antes non tiñamos case ningún e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.
E a nena contestáballe:
—Non, mama, non. Ti come e bebe, e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha.
E ela volvía a porfiar:
—Pois ti tesmo que dicir, que de algún lado che veñen.
E tanto porfiou, e tanto fixo, que a nena rematou por llo dicir.
Ao outro día de mañá foi co leite mais ao chegar ao sitio sinalado, en vez de cartos, atopou un corno cun letreiro que dicía:
“Falaches, corneaches”

Lúa Paredes

 

 

NOVOS PROGRAMAS DA RADIO ARRABAL

NOVOS programas da RADIO ARRABAL, en formato de PODCAST, coas SECCIÓNS de máis éxito, con novos EQUIPOS DE TRABALLO e sempre co MÁXIMO INTERÉS E ACTUALIDADE. Non deixes de escoitar a radio. ADIÁNTE!

Nos arquivos adxuntos escoitarás algúns pódcast feitos polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

RADIO ARRABAL # 6

Xa rematou o trimestre e aquí tedes o sexto programa da Radio Arrabal. Neste programa tivemos un convidado moi especial...sabedes quen é? Fixemos varias entradas adicadas ás mulleres que cambiaron o mundo. 

Tamén contamos con novas seccións e informacións de rabiosa actualidade.

Disfrutade do programa e das vacacións!!!

 

OBRADOIRO SOLVOZ

O pasado xoves o alumnado de 4º e 5º de primaria participou no obradoiro de radio impartido por DAMIÁN ALONSO.

Este gran doblador de documentais e películas infantís ensinounos a elaborar os nosos guións, a modular a voz coidando a vocalización e dicción e sobre todo a seguir buscando historias para contar na RADIO ARRABAL.

 

RADIO ARRABAL # 5

Esta semana o programa está adicado ao entroido xa que foi fai pouco, é un dos mellores programas deste curso e esta semana o personax é a profe María, estar moi atentos porque é unha entrevista moi entretida. Ademais falamos do libro doente, explicáronnos como se elaboran as orellas de entroido, entre outras moitas cousas, fademe caso, non vos arrepentiredes de escoitalo. Ata o próximo programa!!

OBRADOIROS DE RADIO, CHAROPITA

Hoxe tivemos a segunda visita de CHAROPITA na que traballamos os contos de tradición oral. Comezamos preguntándonos as diferenzas entre homes e animais...poder contar historias. Claro, como non se nos ocurrira antes!!!

Despois imaxinamos a nosa árbore, recordamos historias que nos contaran na casa e estudamos a forma de contar un conto. Por último xogamos cos contos que nos contou Charopita: "O vendedor do gorras" e "A serpe e as 7 rapazas".

Seguimos a mellorar a nosa competencia como locutores de radio e lectores expertos. Agora toca aplicar todo o aprendido no seguinte programa da RADIO ARRABAL, ánimo periodistas!!!

RADIO ARRABAL # 4

Imágenes de Palomas Paz | Vectores, fotos de stock y PSD gratuitos

XA TEMOS NAS ONDAS O PRIMEIRO PROGRAMA DESTE 2022.

Adicamos unha sección ao día da paz, outra aos cabalos dos nosos montes, deportes, non me tomes o pelo, novas seccións, etc. Por suposto as cancións de eurovisión tamén aparecen neste programa e o personaxe da semana é Beni, a escaladora de Bembrive.

Non deixes de escoitar a RADIO ARRABAL!!!

 

VISITA DE CHAROPITA

Hoxe estivemos facendo un obradoiro para mellorar a nosa competencia como locutores de radio e lectores expertos. Empezamos coa presentación da profe, CHAROPITA. Despois apoiándonos en textos e xogos, fomos descubrindo como a lectura pode enriquecerse coa emoción que cada persoa aporta. Xogando coas vogais e as consonantes, co ritmo e a dramatización pasamos unha hora estupenda.

Agora toca aplicar todo o aprendido no seguinte programa da RADIO ARRABAL, ánimo periodistas!!!

 
 

RADIO ARRABAL #3

 

 Xa rematou o trimestre e aquí temos o programa especial de Nadal. Un programa cargadiño de sorpresas, noticias, informacións e novas seccións. Non deixes de escoitar a RADIO ARRABAL e...

a disfrutar do NADAL!!!

 

 
 
Mientras Cuchufleta Duerme: PATRÓN AMIGURUMI DEL APALPADOR GALLEGO
Distribuir contido


by Dr. Radut