Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

CINÉFILOS DO ARRABAL #2

Segundo programa de "CINÉFILOS DO ARRABAL", o programa das nenas e nenos de 2º curso de E. P. do CEIP M. Manuel García de Oia (Pontevedra) onde nos falan das películas que están a ver este ano no cole. Neste programa "Sonic, a película". Dádelle ao play e a desfrutar!!!

Programa "Alucine!"

RADIO ARRABAL

Programa "Alucine!"

Aquí chega o primeiro programa elaborado polo alumnado de 5º de primaria!

Temática: cine!

Dalle click ao play e alucina con... Radio Arrabal!

 

CINÉFILOS DO ARRABAL #1

Primeiro programa de "CINÉFILOS DO ARRABAL", o espazo das nenas e nenos de 2º de E.P. do CEIP M. Manuel García de Oia (Pontevedra). Neste programa falámosvos de "Abominable".

MÚSICA GALEGA NA RADIO ARRABAL

Radioointes, eu son Iago Falcón e estou con Fidegüá!!!

Ola radioointes este programa vai adicado á música Galega!!! 

Os nenos e a nena de 6º de primaria prepararon unha selección, tanto de música tradicional (Rianxeira), como de música contemporanea (Terra).

Preparádevos, collede os cascos e...escoitade BEN !!!

QUE VIVA A MÚSICA!!!

Turismo Enxebre: Musica tradicional de Galicia

(Iago e Antón 6ª)

 

 

COMEZAMOS O CURSO 2022/23

Ola nenos, nenas, pais, nais, e a todos os espectadores!!!

Neste maravilloso ano, os de 5º e 6º, faremos os programas e podcast que poderedes escoitar tanto nos recreos como aquí.

Para poder participar tedes que escoller un tema e facer un pequeno guión e...esperámosvos nos estudos da RADIO ARRABAL!!! Alá vai!!!

(Pablo 6º)

 
Radio Arrabal

CHEGOU O VERÁN

Último programa deste curso e o alumnado de 6º lle pasa o relevo ao de 5º para que sexan eles os que sigan coa radio o curso que ven. Os podcast de hoxe veñen con moita música, recomendacións para facer turismo no verán e estar en compañía de bos amigos. Disfrutadeo, pasadeo ben nas vacacións e non deixedes de escoitar a RADIO ARRABAL.

ADEEEEEUUUUUSSS!!!!

 

PODCAST 10-6-2022

Hoxe dende os novos estudos da RADIO ARRABAL emitimos un programa cargadiño de novas e información. Teremos recomendacións lectoras, letras galegas (Florencio Delgado Gurriarán), más que coches e unha maravillosa receita de cociña. Todo acompañado dun pouco de publicidade que fixeron os nenos de 5º. Esperamos que vos guste. Adiante coa radio!!!

 

PODCAST 3-6-2022

Coñecedes contos que sucedan en Oia? Coñecedes contos escritos e narrados polos nenos e nenas do colexio? Pois darlle a "play" no arquivo sonoro e escoitaredes un estupendo podcast das nenas e nenos de 4º de primaria. Grazas amigxs!!!

 

PODCAST 27-5-2022

A cousa está que arde, non paramos de facer actividades no cole: bici, circo, excursións, múica, teatro...E os nosos locutores da RADIO ARRABAL non se andan con monadas, siguen traballando a reo para que tódolos venres se emita un novo programa de podcast. Disfrutadeo!!!

PODCAST 20-5-2022

Xa é venres de radio, hoxe cunha nova entrega de podcast feitos polo alumnado de 5º e 6º. Disfruta destes estupendos audios da RADIO ARRABAL. Gústache a lectura? Es un "friki" dos videoxogos? Ou pode que che guste a cociña e os seu segredos? Acertaches, os podcast van de LER E CRECER, VIDEOXOGOS e MASTERCHEF!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut