Skip to Content

Radio Arrabal

Radio Arrabal

Radio Arrabal#1

BENVIDXS A ESTE NOVO CURSO DA RADIO ARRABAL

Neste primeiro programa falamos do horto, da fauna mariña, de ciencia, das noticias deportivas e moitas máis seccións que podrás descubrir sintonizando as ondas de Radio Arrabal. As nenas e os nenos de 5º e 6º encargaronse da organización e gravación das noticias e fixeron un traballo fabuloso.

E sin máis...3, 2, 1, ADIANTE CO PROGRAMA!!!!

 

Clica AQUÍ para escoitar a segunda parte do programa.

Radio Arrabal #30

Último programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Un ano para o recordo, de moitas emocións e con moitas cousas que contar. A historia da radio escríbese en Oia e, máis concretamente, no CEIP Mestre Manuel García. Gracias a todxs xs navegantes das ondas do Arrabal por capear as marusías e por estar aí cada semana. Volvemos para o curso que ven. E como di Pablo Terremoto, adeusssssssssssssssssssssssss!

Radio Arrabal #29

Programa número vinte nove da Radio Arrabal. Neste programa entrevista a uns moz@s escaladores e multideportistas de aquí do lado que saben ben das riquezas que ten a nosa terra. E coma sempre moitos contidos especiais e divertidos. A voar nas ondas do Arraballlll!!!!

Radio Arrabal #28

Programa número vinteoito da Radio Arrabal. Este programa ten unha valor moi especial xa que entrevistamos ao capitán do barco do noso cole, ao director de orquestra, a Manuel Fajar Salcidos. E coma sempre, contidos de moita actualidade e moi interesantes. Xa non queda nada e moi atentos que para a semana recollemos os comprobantes das participacións do concurso da radio. A seguir surfeando nas ondas do Arraballllll!!!!

Radio Arrabal #27

Programa número vintesete deste curso 2020 - 2021 da Radio Arrabal. Despois dunhas semanas moi movidas seguimos con máis forza ca nunca. Coma sempre contidos actualizados e de total actualidade e moi interesantes. A voar nas ondas do Arraballlll!!!!

Radio Arrabal #26

Vixésimo sexto programa deste curso escolar. Esta semana tivemos unha visita moi especial, a de César Álvarez, o construtor do boulder do colexio. Contounos moitas cousas sobre a escalada e sobre Oia, xa que é veciño de Mougás. E coma sempre moitas seccións interesantes. A voar polas ondas da Radio Arraballllll!!!!!

NA BUSCA DO FELINO VERMELLO

"NA BUSCA DO FELINO VERMELLO" é unha historia de acción dramática na que uns androides comandados por Xela Arias van na busca do Felino Vermello, un ser especial que se encontra desaparecido nos confíns dun escenario fantástico. Os personaxes teñen que pasar unha serie de obstáculos ata chegar ao Felino Vermello. Esta historia orixinouse a partir de poesías e textos de Xela Arias. Con este extraordinario audio, nós os nenos de cuarto de primaria, participamos e fomos seleccionados como gañadores do III Concurso de Podcast Radio na Biblio na modalidade II (alumnado de 3º a 6º de Primaria). Non facemos máis adiantos e a desfrutar do podcast. Nenxs de 4º.

 

 

Radio Arrabal #25

Programa vixésimo quinto da Radio Arrabal. Parece que foi onte cando comezamos con esta tolemia e non hai nada que nos pare. Este ano non sabemos a onde imos chegar, pero algo é certo, imos chegar moi lonxeeeee. A voar e gozar cos contido desta semana!!!!

 

Radio Arrabal #24

Un novo programa da Radio Arrabal e xa levamos vintecatro, e coa mesma ilusión e ganas do primeiro día. Achégase xa o final de curso e atentos: moi pronto celebrarase a Gala dos Premios da Radio con moitas sorpresas e premios para tod@s. Así que a participar e a voar nas ondas do Arrabal!!!!!

Radio Arrabal #23

Vixésimo terceiro programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García. Esta semana celebramos o Día do libro e como non podía faltar moitas recomendacións de lecturas e demais curiosidades. Coma sempre moito entusiasmo e grandes comentaristas radiofónicos. Non esquezades de participar no concurso da radio do cole que se achegan grandes premios. A voar nas ondas do Arrabal!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut