Skip to Content

CociñArte

CociÑarte
 
Dende o E.D.L.G. lanzamos o programa gastronómico CociÑarte!!
 
Unha forma suculenta de dar a volta ao mundo. 
 
Un modo de viaxar, coñecer diferentes culturas e apreciar a riqueza e o patrimonio de diferentes lugares. Nesta faceta, os galegos e as galegas somos pioneiros e pioneiras. Temos unha gran tradición gastronómica cunha enorme relevancia e variedade que goza de gran recoñecemento mundial.
 
Tamén constitúe un aspecto representativo da nosa sociedade e tradición que pasa de xeración en xeración. Anímate a gravar en galego as túas receitas e participar como protagonista do noso novo programa. Podes explicar a procedencia desta receita, nomear os ingredientes que imos precisar e comezar a aventura na cociña!!
 
Envía o teu vídeo a vivimosengalego@gmail.com
 


page | by Dr. Radut