Para conseguir acadar os obxectivos propostos no proxecto lector empregamos unha metodoloxía participativa na realización das diferentes actividades programadas, entre as que destacamos:
- Cada semana os alumnos van a biblioteca escolar, coñecen as normas e a utilización do préstamo(seleccionan un conto… e cumprimentan a súa ficha bibliográfica)
- Utilizáronse as mochilas viaxeiras ao longo do curso (elixindo dous libros, un en castelá e outro en galego, unha revista e un caderno)
- No noso horario lectivo temos a “ Hora de ler”, un tempo de lecer diario, coa lectura tanto en lingua galega como en castelá para o cal fixemos a seguinte actividade:
- Lectura individual do conto “Mercedes quiere ser bombera” e un coloquio sobre as distintas profesións.
- Lectura de distintos libros, contos propostos tanto a nivel individual ou colectivo.
- Realizar comprensións lectoras dun texto dado.