Iniciar sesión: Acceso

Blogues

SEMANA DO ENTROIDO

Ola familias!!

Ímosvos contar todo o que fixemos esta semana.

Comezamos o luns cumplindo o primeiro mandato da Meca e por iso levamos unha saia enriba do pantalón.

O martes ademais da saia puxemos algo na cabeza.

O mércores engadimos calcetíns por enriba do pantalóns, eso si, tiñan que ser diferentes.

E o xoves, para completar o look, puxemos algo no pescozo: colares, gravatas, paxariñas...

Ademais estivemos preparando un material que nos vai facer falla para unha actividade que realizaremos a semana que ven, polo que tivemos que marcar a silueta das nosas mans en folios de cores.

Tamén levamos a cabo o obradoiro que tiñamos planificado dentro da sesión de portas abertas. Neste caso foi do método ABN e afaianzamos un pouco máis o de formar números con decenas e unidades.

O martes 14, día do amor e a amizade, realizamos unha actividade xuntos cos nosos compañeiros/as de 3 anos. Primeiro fixemos un debuxo en folios de cores, cada un o que quería.

E despois levamos a cabo unha especie de amigo invisible cos sobre que xa preparáramos a semana anterior, un saquiño cos nomes de todos/as e un buzón.

Primeiro, sen mirar, collíamos un papeliño do saco e identificábamos que nome poñía.

Despois buscábamos o sobre dese compañeiro/a.

A continuación lle metiamos o noso debuxo dentro do seu sobre.

E por último, metíamolo no buzón.

Cando xa todos enviamos o noso debuxo, fomos á clase da profe Iria para abrir o buzón.

Nesta ocasión, o noso compañeiro Álex foi entregando as cartas a cada un dos nenos e nenas como todo un experto carteiro.

Cando rematou, abrimos o sobre e cada un puido ver o debuxo que lle deu de agasallo outro compañeiro/a. Estábamos emocionados e emocionadas!!!

Esta semana tamén estivemos preparando parte do material para a actividade que imos realizar a semana que ven con motivo do día de Rosalía de Castro.

O xoves tivemos a sorte de contar coa visista de Pakolas grazas á ANPA. Desfrutamos moitisimo do concerto.

O venres 17, día do Entroido, comezamos decorando unhas máscaras máxicas que nos regalou a ANPA. Se rascabas cun pauiño de madeira, o máscara, que era negra, comezaba a ter moitas cores. Que ben o pasamos!

E para rematar o día tivo lugar o festival de Entroido no local da Asociación de veciños. Para iso puxemos o noso disfraz de leóns e leonas, posto que este ano a temática escollida eran as películas, e como nós estamos traballando o proxecto da selva, pois decidimos ir deste animal relacionado coa película de "O rei león". Como ruxíamos!!

Fixemos o paseillo ata a asociación e alí tiveron lugar as actuacións do festival que podedes ver na páxina principal do cole, ademais dun xogo de adiviñar bandas sonoras de cancións de Disney.

Como punto final acudimos á queima da Meca, todo sempre controlado por Ricardo, que se lle escapou un pouco a mangueira e nos mollou un pouquiño a todos/as , jajajaja.

Bo Entroido e vémonos o xoves!!!

Bicos familias!

PROPOSTAS NOVAS

Ola familias!!!

Esta semana tiñamos novas propostas nos recunchos e fixemos diferentes actividades.

O primeiro foi coñecer máis sobre as xirafas e para despois axudar á xirafa Margarita, pois un fotógrafo sacoulle unha foto e cortoulle o pescozo, polo que nós tivemos que completala para que saise de corpo enteiro.

No recuncho de arte decoramos un sobres que empregaremos a vindeira semana.

No laboratorio transformámonos en detectives para emparellar copos de neve, pois uns eran tan pequenos que tivemos que empregar as lupas.

En lóxica matemática, despois de coñecer un pouco máis sobre os gorilas e os monos, decoramos as colas dos monos con contas de cores, pero cantas poñíamos? Pois o número que tiña o mono na barriga nolo dicía, desta forma traballamos a asociación de grafía- cantidade e a motricidade fina.

En lectoescritura tivemos que rescatar animais da selva que estaban atrapados e despois facer unha ficha de rexistro para que quedara constancia dos animais rescatados. Primeiro buscábamos a ficha co nome do animal traballando a conciencia fonolóxica e a iniciación á lectura, despois escribíamos de novo o nome e por último debuxábamos o animal, cada un coa estratexia que máis sinxela lle resultase.

Ademais na asemblea tivemos que formar decenas para pode empregalas en vindeiras sesións.

E para que as empregamos? Pois na asemblea temos unha nova rutina: a mestra di un número, buscámolo na táboa do 100, dicimos o anterior e posterior dese número e logo formámolo coas decenas e unidades de paus que fixemos o día anterior, traballando desta forma o concepto decena e unidade, o conteo de 10 en 10  e de un en un.

Esta semana tamén tivemos sorpresa: vimos como funciona o impresora 3D do cole para facer os nosos dados personalizados para o xogo de mesa da selva que estamos e elaborar este trimestre. Quedaron xenial e todo grazas ao papá de Duarte. Moitas grazas!!!

Noutra sesión rematamos os copos de neve que elaboramos con cola e sal a semana pasada. Nesta ocasión os pintamos con témpera azul e a sal estaba dura!!!

Noutra actividade axudamos ao gorila Maxi a recuperar a súa pelaxe pegando anaquiños de discos desmaquillantes polo seu corpo e tintándoos con auga de cor negra feita con colarante alimentario. Que ben o fixemos!!!

E por último, para conmemorar o Día da muller na ciencia que se celebra o día 11 de febreiro, coñecemos a Olimpia Valencia, a primeira muller galega xinecóloga. Para iso, cos retratos dela que coloreamos a semana pasada seguindo a técnica de Andy Warhol, elaboramos un mural cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos no que escribimos o seu nome e a súa profesión.

Xa estamos listos para comezar a vindeira semana cos mandados da Meca e celebrar o Entroido!!!

NOVAS ACTIVIDADES

Ola!! xa estamos de volta por aquí para contarvos todo o que estivemos facendo estes días.

Nos recunchos tivemos diversas propostas. No laboratorio tiñamos que coller boliñas de pinpon cunha culler e ordelas nunhas oveiras para formar decenas ao mesmo tempo que afianzamos a serie numérica.

No de lecto clasificamos flashcards cos nomes dos animais da selva segundo o seu número de sílabas.

Tamén estivemos coa nosa eiruga Cody traballando un pouco a robótica.

Comezamos coa elaboración do noso taboleiro do xogo de mesa da selva que imos levar para a casa a finais de trimestre. Nesta ocasións escribimos os números nas casillas, o cal nos permitiu repasar a serie numérica e a grafía dos números.

No recuncho de lóxica matemática tiñamos un caos coas cartas de póker, tivemos que ordealas.

Outra das propostas do laboratorio foi xogar con auga e os trasvases para traballar a motricidade fina e a coordinación óculo- manual.

No recuncho de arte comezamos a pintar os nosos prismáticos elaborados con materiais de refugallo que nos fúchedes aportando as familias. Grazas!!!

Tamén nos gusta ir moito á zona da selva onde temos todos os libros e xogos que nos troúxechedes as familias. Moitas grazas!!

En inglés estamos familiarizándonos co vocabulario dos animais da selva xogando e manipulando. Nesta ocasión asociamos cada animal coa súa sombra ao mesmo tempo que dicimos o seu nome nesta lingua.

Como nos gustan as apertas que nos damos, incluso nos caemos. Sorriso

Tamén fomos de excursión ao Aquarium onde puidemos ver de novo a Nemo e Dori, ver como comen as focas, e demais animais mariños que alí nos atopamos. Encantounos!

Estivemos elaborando tamén unhas gotiñas de auga para conmemorar o Día da non violencia e a paz con mesaxes de paz.

Tivemos tamén unha sesión de xogos de mesa para traballar diversos aspectos: lóxica matemática co xogo dos monos, expresión oral e descripcións co Quen es quen?, atención e orientación espacial co Speed cups, e vocabulario e atención co Zingo, esta vez en castelán.

Dentro do proxecto da selva coñecemos ao león e o elefante e por iso estivemos cortando a melena do león para afianzar o traballo coas tesoiras, a motricidade fina e a coodinación óculo manual, e as series formando a trompa do elefante.

Ademais fixemos unha parte dunha actividade de arte na que tivemos que botar cola formando un copo de neve e logo lle botamos sal por enriba. Vimos que despois dun tempo queda dura. Agora tócanos realizar a seguna parte. Que teremos que facer?

E por último comezamos a preparar a celebración do día da muller na ciencia. Nesta ocasión empregamos a técnica de Andy Warhol. Pronto vos amosaremos o resultado. Guiño

A próxima semana máis!!

NOVA SEMANA, NOVAS PROPOSTAS.

OLA, OLA!

UNHA VEZ MÁIS, ÍMOSVOS AMOSAR TODO O QUE ARGALLAMOS NA AULA DURANTE ESTAS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS.

A SEMANA PASADA CONTINUAMOS COA ACTIVIDADE DO IGLÚ QUE XA TIÑAMOS INICIADA. PARA ISO E TOMANDO COMO BASE UN OSO POLAR, FIXEMOS DIFERENTES GRAFISMOS EN TODO O SEU CORPO.  XA QUEDA POUQUIÑO PARA REMATAR ESTA ACTIVIDADE COA QUE CONTINUAREMOS EN PRÓXIMAS SESIÓNS, POIS FÁLTANOS PICAR O OSO E PEGALO NO SEU IGLÚ.

ADEMAIS E COMO XA SE ACHEGABA O DÍA DA PAZ, ADIANTAMOS TRABALLO COMEZANDO A PINTAR AS GOTAS QUE COLGAMOS NA ENTRADA DO COLE. AS PEQUENIÑAS PINTÁMOLAS CON CERAS DE CORES E AS GRANDES CON TÉMPERA AZUL E PINCEL. ADEMAIS, E TRAS REFLEXIONAR SOBRE O QUE SIGNIFICA A PALABRA "PAZ" E DE FACER UHA CHUVIA DE IDEAS, SELECCIONAMOS ALGUNHAS DAS PALABRAS QUE NOS EVOCABAN PAZ E ESCRIBÍMOLAS DENTRO DAS GOTAS GRANDES. NESTA CONVERSA AS NENAS E NENOS APORTARON IDEAS COMO "SÍNTOME EN PAZ CANDO ME DAN UN ABRAZO OU UN BICO", "A PAZ TAMÉN É AXUDAR AOS DEMAIS", "TAMÉN É COMPARTIR OS XOGUETES E XOGAR XUNTOS"... ESTAS PEQUENAS E PEQUENOS SON MOI GRANDES!Sorriso 

ADEMAIS, A SEMANA PASADA TAMÉN REALIZAMOS A NOSA PRIMEIRA SAÍDA DO CENTRO E FOI, NADA MÁIS E NADA MENOS, QUE AO AQUARIUM FINISTERRAE. FOI UNHA MAÑÁ DIFERENTE DE VIAXES, CONVERSAS DE BUS, DE DESCUBRIR, EXPLORAR...CHEÍÑA DE APRENDIZAXES!

FINALIZADA ESA SEMANA, DEMOS COMEZO A OUTRA CON NOVAS PROPOSTAS E NOVAS OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE.

NA MESA SENSORIAL PASÁRONO PIPA! ATOPÁRONSE CON AGUA CON PATIÑOS E DIVERSOS ÚLTILES PARA REALIZAR TRASVASES.

NO RECANTO DAS LETRAS, DISPOÑÍAN DUNHA PIZARRA PEQUENIÑA, XIZ, BORRADOR E OS NOMES DAS NENAS E NENOS DA AULA PARA CONTINUAR FAMILIARIZÁNDOSE COA ESCRITA DOS MESMOS.

O XOGO NOS DEMAIS RECANTOS CONTINÚA TAMÉN E CADA VEZ DUN XEITO MÁIS AUTÓNOMO. ELES/AS CONSENSÚAN AS REGRAS, CHEGAN A ACORDOS, SOLUCIONAN PROBLEMAS, FALAN, CREAN, DIVÉRTENSE...

COMO XA SABEREDES, ESTA SEMANA COMEZAMOS A FALAR, INVESTIGAR E APRENDER SOBRE ALGÚNS ANIMAIS DA SELVA. COMEZAMOS CO LEÓN. EN GRAN GRUPO COMENTAMOS OS COÑECEMENTOS PREVIOS DAS NENAS E NENOS E EU ENGADÍN ALGÚN DATO A MAIORES. APRENDIMOS NOVO VOCABULARIO COMO "MAMÍFERO", "CARNÍVORO", "CUADRÚPEDO"... E TAMÉN QUE OS LEÓNS DURMEN MOITAS HORAS!! A COTNINUACIÓN REALIZAMOS UNHA ACTIVIADE QUE REQUERIU DE MOITA CONCENTRACIÓN, PRECISIÓN, COORDINACIÓN OLLO-MAN... TIÑAMOS QUE CORTARLLE A MELENA AO LEÓN! FIXÉRONO XENIALRisa.

O SEGUINTE ANIMAL FOI O ELEFANTE. REPETIMOS A MESMA DINÁMICA QUE ANTERIORMENTE. NESTE CASO, APRENDIMOS QUE ESTES ANIMAIS SON HERBÍVOROS E TAMÉN MAMÍFEROS, QUE A SÚA TROMPA TEN UN MONTÓN DE FUNCIÓNS, QUE TEÑEN MALA VISIÓN PORQUE OS SEUS OLLOS ESTÁN UBICADOS AOS LADOS DA CABEZA E QUE TEÑEN MOI BOA MEMORIA.

A PROPOSTA RELACIONADA CON ESTE ANIMAL CONSISTIU EN DECORARLLE A TROMPA CON CONTAS DE CORES SEGUINDO AS MIÑAS INTRUCIÓNS ORAIS E REPETINDO O PATRÓN DADO, POLO QUE PUXEMOS A PROBA A NOSA MEMORIA DE ELEFANTE! PRECISIÓN, COORDINACIÓN, ATENCIÓN, MEMORIA, MOTRICIDADE FINA, LÓXICA...

OUTRO DÍA DEDICÁMOLO A REALIZAR UNHA ACTIVIDADE DIFERENTE. IMOS PARTICIPAR NUN  CONCURSO CHAMADO "POESÍA E IMAXE" POLO QUE, DE XEITO PREVIO, AS MESTRAS DE INFANTIL SELECCIONAMOS UNHA POESÍA. A CONTINUACIÓN, PRESENTÁMOSLLA ÁS NENAS E NENOS E COMENTÁMOLA. FINALMENTE, TIÑAN QUE FACER UN DEBUXO QUE REPRESENTARA DITA POESÍA.

NA ASAMBLEA DECATÁMONOS DE QUE REMATARA O MES DE XANEIRO, POLO QUE NOS ESTREAMOS FACENDO O REXISTRO DO TEMPO SOBRE PAPEL. EN PRIMEIRO LUGAR, CONTAMOS CANTAS CANICAS TIÑA CADA BOTE. A CONTINUACIÓN, COLOCAMOS TANTOS GOMETS COMO CANICAS HABÍA ENRIBA DA RAIA DO TEMPO CORRESPONDENTE. FINALMENTE E CON AXUDA DA RECTA NUMÉRICA ESCRIBIMOS A GRAFÍA NO RECADRO ADECUADO. POR SUPOSTO, TAMÉN ESCRIBIMOS O NOME DO MES QUE ESTABAMOS REXISTRANDO. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI COMPLETA NA QUE COMBINAMOS, SOBRE TODO, LECTOESCRITURA E LÓXICO-MATEMÁTICA.

POR ÚLTIMO, HOXE VENRES, LEVAMOS A CABO OUTRA PROPOSTA DE INVERNO. NESTA OCASIÓN, CADA NENA/O TIÑA UN COPO DE NEVE IMPRESO EN CARTOLINA AO QUE TIÑA QUE BOTARLLE, EN PRIMEIRO LUGAR, COLA BLANCA E, POSTERIORMENTE, SAL. ASEGÚROVOS QUE ESAS MANCIÑAS TRABALLARON MOITO APRETANDO O BOTE E TAMÉN BOTANDO O SAL. HAI QUEN DECIDIU EMPREGAR AS CUCHARIÑAS E QUEN PREFERIU BOTALA COA MAN. O RESULTADO FOI O MESMO: MOTRICIDADE FINA E PRECISIÓN A TOPE!! AGORA TOCA ESPERAR A QUE SEQUE PARA ASÍ PODER REMATAR ESTA ACTIVIDADE NOUTRA SESIÓN. XA VOS AMOSAREMOS O RESULTADOGuiño

AGORA TOCA RECARGAR PILAS ESTA FINDE PARA VOLTAR CON MÁIS FORZA!

DESCANSADE E DESFRUTADE. ATA A PRÓXIMA!!Risa

PROPOSTAS INVERNAIS

Ola familias!!!

Esta semana estivemos traballando o inverno nos distintos recunchos da clase. 

No de letras estivemos formando palabras que forman parte do vocabulario desta estación. Ademais os nenos e nenas de 5 anos tamén as formaron en minúscula.

No recuncho de arte asociamos as cores de imaxes invernais coa caixa de cores de Montessori.

No recuncho de experimentos fixemos neve con bicarbonato de sodio e auga e experimentamos coa súa textura; ata fixemos xeados! Tamén nos dimos conta que a súa textura cambiaba dun día a outro e investigamos que podiamos facer para que volvese a ser como antes.

En lóxica matemática afianzamos o conteo e asociamos dita cantidade coa súa grafía.

Ademais esta semana estivemos contruíndo un inglú en cartolina cun bloque de lego e pintura azul que despois nos servirá de fondo para unha imaxe que xa case temos rematada.

Distribuir contido