Iniciar sesión: Acceso

Educación Primaria, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO MONTE DE BRIÓN-DONIÑOS

O martes día 14 todo o alumnado de Educación Primaria iremos a plantar árbores autóctonas ós Montes comunal de Brión-Doniños.

Acompáñanos a Asociación de Montes Veciñais do Chá.

Cada alumno/a plantará unha árbore que levará o seu nome para que o poida ir a coidar nun futuro.

Esperemos que non choiva e podamos disfrutar desta experiencia!!!!!!!!

TEMPO DE ENTROIDO

  CEIP A LAXE    

SeladoSeladoO ENTROIDO XA PASOU SeladoSelado

 

 

ORINOCO

O pasado 28 de novembro asistimos á exposición ORINOCO no Museo Centro GAIÁS de Santiago.

 

 

A vida das doce tribos do Orinoco venezolano preséntase dunha forma atractiva para os escolares que participan nesta visita adaptada aos diferentes tramos educativos. Explorando o Orinoco no Gaiás.

 

 


OS SONS DO VENTO

Os sons do vento

   O catro de decembro asistimos a un espectácul didáctico- músical  no Teatro Jofre de Ferrol. Actividade organizada polo concello de Ferrol desde a concellería de Educación.,

 

Os Sons do Vento é un espectáculo dedicado aos instrumentos de vento no sentido máis amplo dapalabra. Aprendimos como se afina un órgano feito con botellas, vimos como se converte unha mangueira nunha trompeta. Escoitamos o son das caracolas de mar,  dun clarinete-regadeira, descubriremos que as cañas de bambú son instrumentos musicais, veremos como o saxo e a trompeta falan, rin, choran, rifan e pelexan.. Tamén vimos como se pode formar unha orquestra con xoguetes... e moito, moito máis.

Os intérpretes:

Pep Gol é trompetista, compositor, produtor musical, deseñador de extranos instrumentos musicais...

Pep Pascual toca os saxos, o clarineta, a tenora eo flabiol. Tamén é compositor.


PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS DE CINE INFANTIL EN EDUCACIÓN E VALORES

 

 

Continuando coas xornadas de cine infantil iniciadas o martes polo alumnado do terceiro ciclo que participou nelas co visionado de "CHÁMANME RADIO". Os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo acudimos a un filme titulado "VECIÑOS INVASORES". Houbo unha posterior charla-coloquio no teatro JOFRE de Ferrol. As xornadas foron organizadas pola Fundación LUMIÈRE e patrocinadas polo Concello de Ferrol.

  Na clase seguimos traballando cunha pequena ficha sobre esta película.

 


Distribuir contido