Iniciar sesión: Acceso

Educación Física

EU XOGO CON ENKI

RisaO VINDEIRO MARTES 19 DE OUTUBRO...APUNTÁMONOS A XOGAR CON ENKI NO COLEXIO!

A Fundación Abrente é unha organización sen ánimo de lucro que traballa entre outras cousas, na inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte.

A carreira ENKI é unha cita única en Galicia. Nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

A carreira ten unha modalidade escolar, e este ano APUNTÁMONOS!

Será o vindeiro martes 19 de outubro en horario escolar , e para poder levala a cabo, necesitamos a vosa colaboración.

A carreira ten un fin solidario, polo que os nenos que queira participar cun dorsal e colaborar na recaudación de fondos para o proxecto que a promove, deberán aboar 1€. Esto é totalmente voluntario, xa que todo o alumnado participará, pero repito que soamente levará dorsal o alumnado que aporte o euro.

Por outra banda, osa pais e nais que queiran colaborar na organización da mesma, e poidan vir esa mañá a formar parte da organización, que se poñan en contacto comigo.

Adxunto varios documentos e enlaces por si queredes máis información.

Lidia

MESTRA DE EF

                          

INFORME FINAL DO PROXECTO CAMIÑO

O alumnado de 6º achegamos o informe final elaborado cos datos recollidos no proxecto "EN CAMIÑO...ATA ONDE CHEGAREMOS?".

A conclusión final a que chegamos é que con motivación o corpo e a mente están máis predispostos a facer deporte. Tíñamos un obxectivo de grupo (facer o maior número de pasos) e conseguímolo motivando as familias e uníndonos nunha proposta en común.

Dimos chegado a Santiago, e por varios camiños! Coñecimos Google Maps e axudounos a localizar as distancias, traballamos xeografía, matemáticas...e todo isto facendo máis exercicio no noso tempo de lecer, que era a finalidade última.

 

Polo tanto, podemos finalizar o noso estudo, concretando o seguinte:

Educación Infantil ----Completou o camiño do Norte (Irún a Santiago)

Primeiro Ciclo ----Completou o camiño Portugués (Lisboa a Santiago)

Segundo Ciclo----Completaron o camiño Portugués (Lisboa a Santiago)

Terciro Ciclo ----Completaron o camiño Inglés (dende Ferrol e dende A Coruña)

XANELA ABERTA Á FAMILIA

 

 

Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.

Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos

Para máis información:

ALIMENTACIÓN E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

Da man de Gadis, traio un proxecto de promoción de hábitos de consumo e estilo de vida saudable.

Son unha serie de xogos que podedes practicar na casa e fichas coas que aprenderemos contidos referentes a un etilo de vida molón, como nos gusta decir en VALÓN! Guiño

ENLACE A DESCARGA DE DIFERENTES FICHAS PARA DIFERENTES NIVEIShttps://www.gadis.es/saludable/gl/gadisescuela/

ENLACE A  DIFERENTES XOGOS PARA DIFERENTES NIVEIS DENDE INFANTIL ATA 6º

https://alimentes.gadis.es/activity/eyJhY3Rpdml0eSI6MSwidGVhbSI6MX0%3D

MUJERES DE LEYENDA

O 8 DE MARZO É UN BO DÍA, COMA OUTRO PODERÍA SER, PARA FALAR DE MULLERES DEPORTISTA QUE FORON OU SON UN REFERENTE.

AQUÍ TEDES UN LIBRO QUE RECOLLE 25 HISTORIAS DE MULLERES DIGNAS DE COÑECER!

Distribuir contido