Iniciar sesión: Acceso

TICs

Guía ABALAR Móbil

Guía ABALAR Móbil

 

ABALAR

Abalar

O Proxecto Abalar dispón dunha nova ferramenta para a comunidade educativa

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012. Continuando co desenvolvemento e mellora das ferramentas a disposición da comunidade educativa dentro do Proxecto Abalar, desde este mes de outubro, está dispoñible unha ISO da Maqueta Abalar 2.0, que funciona en modo Live, é dicir, sen ter que facer unha instalación no disco duro do equipo.

III Edición do Plan Navega con Rumbo

O Plan Navega con Rumbo é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O programa ten como obxectivo formar ao alumnado nas boas prácticas no uso de internet, previndo o ciberacoso e a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais. Asi mesmo, pretende a implicación do profesorado e das familias neste proceso, facéndoos partícipes destas recomendacións.

Novas funcionalidades na rede social educativa Redeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou fai 6 meses Redeiras, unha rede social educativa para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Hemeroteca de experiencias: Experiencias de centros galegos presentadas no Congreso Nacional Contenidos Educativos Digitales

Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar en Mérida o “Congreso Contenidos Educativos Digitales”, cuxo principal obxectivo é a presentación e análise de diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización de ditos contidos.

TADEGa recoñecida na Red de Buenas PrácTICas 2.0

“Red de Buenas PrácTICas 2.0” do INTEF recolle a labor da asociación TADEGa, “Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega”.

Distribuir contido