Iniciar sesión: Acceso

Peques de A Laxe

NEVE NO COLE!!

   A semana pasada os nenos e nenas de infantil levamos a cabo un experimento: fixemos neve.

   Mezclando dou ingredientes moi sinxelos logramos ter neve na aula. Que ben o pasamos!!

  

NACEMENTO NA CLASE DE INFANTIL

   Este trimestre estamos traballando o proxecto dos dinosaurios e a semana pasada tivemos un nacemento na clase.

   Un día chegamos á aula e había un ovo. Moitos pensamos que ía nacer un dinosaurio. Por iso botámoslle auga e fomos observando cada día o que sucedía. Co paso do tempo o ovo foise rompendo ata que vimos nacer un Triceratops.

   Xa temos unha nova mascota no noso recuncho do proxecto!!

            

SESIÓN DE PERRUQUERÍA

   Hoxe tivemos que ser perruqueiras e perruqueiros e cortarlle o pelo a Ricky. Pero como estaba un pouco pálido, primeiro démoslle un pouco de cor.

   Despois collemos as tesoiras e, a cortar!!! Moitos dos nenos e nenas decidiron rapalo, pero outros cortáronlle só algúns mechóns de cabelo.

   Quedou moi guapo!!

   

 

CELEBRAMOS O NADAL: ACTUACIÓN E VISITA DE PAPÁ NOEL

   O último día de clase antes das vacacións de Nadal tivemos moitas sorpresas no colexio.
   Primeiro fixemos a nosa actuación que preparamos coa profe María, onde tocamos "Estrelita onde estás" cos tubos musicais, e tamén vimos as dos compañeir@s de Primaria.
   Esta é a nosa actuación.

   A continuación merendamos con produtos típicos desta época que trouxemos da casa. Comemos polvoróns, turróns, chocolatinas con formas do Nadal e bebemos zume de piña e melocotón. Estaba todo boisimo!!!

 

                

    E por último, recibimos unha sorpresa moi especial: a visita de Papá Noel!!!!
   Deunos caramelos e un agasallo a cada un/unha: un crocodilo que nos morde o dedo se lle apretamos a moa incorrecta.
   Moitas grazas!!!!

 

 

 

 

                         


 

IMOS DE EXCURSIÓN

   Como excursión por estas datas fomos ao centro de Ferrol a realizar varias actividades. 

   Primeiro fomos a un obradoiro de Papiromates onde resolvemos unhas tarefas para poder conseguir unhas chaves que abrían un libro, tiramos materiais de refugallo a unhas canastas, vimos figuras feitas con papel e fixemos una marcapáxinas que despois levamos para decorar na casa.


                      


                                   


               


                            


                 

   
   Despois fomos a ver o Belén da Rúa Dolores.


                 

   E por últimos tomamos o chocolate con churros, que rico estaba!!!


                  




 
 
Distribuir contido