Iniciar sesión: Acceso

REFORZA-T

DISPARADORES CREATIVOS

Ola a todas e a todos!

Espero que a semana fose ben e que vos fosen útiles as pautas da semana pasada. Hoxe déixovos simplemente unha imaxe sobre a que debesdes escribir un pequeno texto guiándovos polo documento de redacción que vos subín na entrada anterior. Lembrade envialo ao meu correo antes do xoves se vos animades.

Bicos!

TÉCNICAS DE REDACCIÓN PARA FACER OS MELLORES TEXTOS

Boas!

Estamos chegando xa á recta final do curso así que a partir de agora deixareivos, ademais dalgún traballo ou pasatempo, recomendacións e ideas para mellorar as tarefas que as vosas titoras vos presentarán estas últimas semanas. 

Hoxe deixovos dúas técnicas de expresión escrita para mellorar os vosos textos, que sei que vos virán xenial para a idea que vos imos presentar este luns, pero tamén para os vindeiros cursos! Tédeos sempre a man e revisádeos sempre que o precisedes. Espero que vos sirvan de axuda.

Pasade moi boa semana e desfrutade deste bo tempo!

FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

Boas! 

Como sabedes, con motivo da conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, esta semana rematámola un chisquiño antes así que vos deixo hoxe por aquí a proposta para estes días. Como non podería ser doutro xeito e con todas as cousas que preparastes coas vosas profes, imoslle dar unha volta máis á obra de Carvalho Calero. 

Así que déixovos por aquí un enlace onde podedes acceder ao EBOOK de AS PITAS BAIXO A CHOIVA, coas pezas musicais incluídas aque podedes ler e escoitar na páxina http://aspitas.gal/. Ademais, déixovos por aquí as actividades propostas neste proxecto, que estou segura vos encantarán. 

Deséxovos moi boa semana!!!

UNHA SEMANA MÁIS NA AULA REFORZA-T

Benvidas e benvidos unha semana máis!

Coma lembraredes, na aula REFORZA-T somos moi amigas de preparar lecturas, contacontos e exposicións e agora non imos ser menos. A proposta desta semana é sinxela: ESCOLLE UN CONTO OU UN CAPÍTULO DUN LIBRO QUE CHE GUSTE para preparar a súa lectura en voz alta.

LEMBRA:

1. Fai primeiro unha ou dúas lecturas silenciosas.

2. Identifica os puntos e as comas para saber onde facer as pausas.

3. Practica diante do espello, grávate ou fai a lectura diante da túa familia. 

Cando a teñas podes gravarte en audio ou vídeo. Se che gusta máis a segunda opción, podes disfrazarte ou facer algún decorado chulo. 

Esta semana ademáis deixovos un traballo de lingua castelá para traballar a expresión escrita. Teredes que ler en primeiro lugar o documento "TEXTO MATILDA" (un fragmento do libro de ROAL DAHL) e resolver do "DOCUMENTO DE TRABALLO" as cuestións realizadas. 

Coma sempre, podedes enviarme os vosos traballos por correo ou whatsapp. PASADE MOI BOA SEMANA!

ADIANTAMOS A FIN DE SEMANA!

Ola de novo!

Como sabedes, mañá é festivo polo que estamos xa de volta. 

Esta semana, todas aquelas persoas que enviáchedes o DIARIO, recibiredes unha proposta de traballo de repaso das linguas. Se alguén aínda non o fixo e credes que vos viría ben reforzar un pouquiño o traballo de clases de palabras (morfoloxía) estades a tempo de enviarme os vosos textos ao longo desta nova semana. 

Ademais, aproveito para deixarvos unha RECEITA da miña TARTA DE QUEIXO para estes próximos días. Calquera de vos pode elaborala- Tranquilas, non leva levadura! Ademais, tedes un oco ao final por se vos apetece propoñer ou compartir algunha receita propia. 

Como veredes, vai acompañada dalgunhas actividades de repaso de matemáticas SÓ PARA AS ALUMNAS/OS de 5º E 5º CURSOS.

Coma sempre, podedes enviarme os resultados das actividades, as receitas ou as vosas propias tartas no formato que queirades e a través tanto do correo electrónico coma o whtasapp. Lembrade que non é necesario imprimir, podedes escribilo nun caderno ou mesmo no propio documento se vos decidides a descargalo dende a nosa carpeta no GOOGLE DRIVE. 

 ATA A PRÓXIMA SEMANA!

Distribuir contido