Iniciar sesión: Acceso

Blogues

VOLTA Ó COLE!

Ola familias! Sorriso

Esta semana comezamos unha nova aventura na aula de 4 anos, con profe nova e para algúns tamén unha clase nova. Estivemos a coñecer os espazos e recunchos desta, gozando de moito tempo de lecer.

O que máis nos gusta sen dúbida é xogar cos coches e os lego, explorando con diferentes construcións e creando as nosas propias estradas e cidades, cos animais e os playmobil.

Tamén nos gustou moito o noso recuncho do xogo simbólico, coa cociniña, o supermercado e os bebés. Encantounos ir á compra e xogar a vestir e desvestir aos bonecos...

Unha das cousas que novas que nos gustou foi facer pizzas, o forno estaba a tope... que ricas nos quedaron!! Canso

Outro dos espazos que nos gusta é o recuncho de arte, encántanos a témpera sólida e poder levar os nosos debuxos para casa.

Ademais deunos tempo a gozar xuntos do noso novo espazo para a lectura... que ben se está! O que máis nos gusta é meternos dentro do tipi Guiño

Non nos podemos esquecer que tamén desenvolvemos as nosas habilidades mentres nos divertiamos:

Aprendemos a compartir os materiais mentres traballamos a motricidade fina e a concentración: fixemos bolitas, churros, formas... controlando a nosa forza. Reláxanos moito!

Fomentamos a creatividade, a motricidade fina e o agarre, decorando os nosos novos manteis personalizados para a merenda, quedáronnos chulísimos!

Tamén puidemos xogar con xogos novos que desenvolven as nosas habilidades. Con este xogo de pesca traballamos a coordinación óculo-manual, a paciencia e a atención. Temos que estar moi concentrados!

Coas plantillas de asociación sombra-figura desenvolvemos a percepción visual, o pensamento e a atención, mentras traballamos o vocabulario de diferentes campos semánticos. Algunhas se nos complicaron un pouco pero... somos unh@s cracks!!

O bingo numérico serviunos para repasar conceptos básicos e traballar o conteo... había que estar moi atentos, xa que algunhas fichas eran moi difíciles!

E cos autobuses do zoolóxico seguimos traballando a atención, buscando os animais que eran iguais e colocándoos no lugar correspondente.

Por último, unha das novidades deste curso son as zapatillas, parece que nos gusta a idea porque estamos moi cómodos en clase... case case como na casa!

Outra das novidades son os equipos de traballo das mesas: coñecimos ó elefante Elmer, a Zebra Camila e ó Coelliño Branco. Cada un xa sabe cal é o seu equipo e o seu sitio novo!

A profe Noe está moi contenta porque a recibimos cos brazos abertos e superamos estes primeiros días con creces. Somos uns campións e campioas!

A semana que vén máis...!!! Risa

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA

Ola familias!!!

Xa estamos de volta despois dos meses de verán para comezar unha nova aventura con moitas novidades: nova aula no piso de arriba, reencontros, novos compis, novos materiais.... e sobre todo novas ilusións.

Estes primeiros días foron sobre todo de contacto co novo espazo (aínda falta algún mobiliario que en breve teremos), de desfrutar de novo o compartir xogos e momentos xuntos, de lembrar antigas rutinas e comezar a interiorizar outras novas.

Aquí vos amosamos as propostas deste días que nos permitiron familiarizarnos co novo espazo e outras actividades que levamos a cabo estes tres días.

Puidemos traballar a orientación espacial e a toma de decisións para escoller a mellor estratexia para conseguir o patrón dado.

Afianzamos a coordinación óculo- manual, a motricidade fina e a creatividade decorando estes corazóns con pezas pequenas de moitas cores.

Seguimos co traballo de ollo- man e a motricidade fina manipulando ferramentas para amañar o barco.

E como nons encantan as mesas sensoriais, estes días non podían faltar, neste caso cos trasvases de lentellas.

Como xogo simbólico un día tivemos a casiña que algúns xa coñecíamos do ano pasao, pero este curso temos mobiliarios de piscina. Guiño

Os coches non podían faltar, con algún novo vehículo, como un camión de Amazon e o tractor que nos deron moito xogo.

E a lecto tamen tiña que estar moi presente, neste caso formando as letras con pezas de diferentes cores e lonxitudes.

Tamén tivemos tempo para desfrutar da lectura no novo espazo da biblioteca.

Decoramos os manteis da merenda onde a creatividade estivo moi presente.

Xogamos co lego creando de todo: casiñas, camas... pero sobre todo desfrutando do tempo xuntos.

As construccións encántanos e se teñen imán moito máis.

Seguir os pasos para conseguir unha figura, neste caso un sandwich, é moi importante para darnos conta dos pasos de todo proceso.

Sen esquecer a importancia da pinza para a nosa motricidade fina.

E por suposto a orientación espacial non podía faltar con este xogo con tarxetas con diferentes dificultades. Canta concentración precisamos!!!

Outra proposta de lectoescritura foi formar palabras.

Co xogo das bolboretas reforzamos a atención.

Os imáns nos gustan a todos/as.

Mirade que torre fixo a nosa compi con estas pedras de cores, ordeándoas de maior a menor.

A expresión artísitica é moi importante e este curso contamos cunha pizarra enorme na clase na que puidemos debuxar cos rotuladores máxicos (pódense borrar, jeje).

Outra proposta con vehículos, esta vez cunha estrada nova.

Queredes mercar algo na nosa tenda? Temos de todo: froita, polo, conservas... Como preferides pagar: en efectivo ou con tarxeta? 

As construccións con pezas pequenas requiren maior precisión e concentración, pero non se nos resisten.

O xeoplano tamén estará presente este curso na nosa clase.

A profe Rocío nos propuxo xogar á jenga, pero nós transformamos o xogo creando torres de cores. Sorriso

Esta creación é un arco da vella.

Desfrutamos tanto debuxando que puidemos facelo de forma libre representando as tartarugas ninja, Sonic e moito máis. A profe xa recibiu os seus primeiros debuxos. Guiño

Co xogo Kappla podemos facer construccións moi altas.

Os compis que estiveron outros anos nesta aula nos deixaron quebracabezas que comezamos a facer para ver se están completos.

Como novidade este curso temos unha cesta da calma con diversos elementos que nos axudarán a relaxarnos.

O primeiro día recibimos un pequeno agasallo: unha pulseira que nos une como equipo.

Outra das novidades deste curso é que contamos dentro da aula cunha porta moi especial: o seu dono é un rato moi querido por nós. Terá que visitarnos este ano? Quen sabe. Guiño

Como vos comentamos, estamos familiarizándonos con novas rutinas, como é poñer as zapatillas para estar na aula.

E para a semana celebraremos os cumples deste mes xa que algúns compis estiveron de aniversario antes de que comezara o cole e gústanos celebralos todos xuntos. Así, os protagonistas decoraron as súas coroas e a semana que ven pasarémolo xenial.

Como podedes ver foron uns días con moitas novidadese novas ilusións. A profe está moi orgullosa de nós porque sempre deixamos todo recollido, respectamos as normas, fomos uns grandes anfitrións e somos un grande equipo.

A semana que ven moito máis!!

ÚLTIMA SEMANA DO CURSO

Ola familias!

Esta semana estivo chea de diversas actividades e tamén de moitas emocións!!!

O luns lles amosamos ao resto dos compis do cole todo o que aprendimos de China. 

Pero tamén tivemos tempo para xogar ao bingo do verán, traballando a atención.

O martes veu Gemola a facer experimentos con nós, concretamente unha lámpara de lava (moi relacionado co proxecto dos volcáns que traballamos este trimestre).

Estivemos por grupos para reforzar o traballo en equipo e fumos engadindo cada ingrediente, e sorpresa!!! Co último fixemos maxia!!

E como o fixemos tan ben recibimos un certificado que recolleu o encargado.

Grazas Gemola!!!

 

Despois pudiemos ir de forma libre polas tres propostas que nos tiña preparadas a profe: xogar coas peonzas e traballar as nosas manciñas, a mesa de luz para traballar a estimulación sensorial e a creatividade, e os policubos cos que houbo un consenso e todos os que alí estivemos decidimos formar os numbreblocks e realizar sumas.Que orgullosa está a profe de todo o que facemos!!!

E tamén houbo tempo para a relaxación.

E chegou o mércores, día que esperabamos con moita gañas. O tempo non nos deixou ir á praia, pero pasámolo en grande. Pola mañá desfrutamos de diversos xogos populares como a pesca de patiños, a jenga, o tiro de latas, o tres en raia, o paracaídas e moitos máis. 

Despois realizamos unha parada para comer todos xuntos no ximnasio.

E pola tarde puidemos ir de forma libre por cinco ambientes/espazos nos que desfrutar das propostas que cada un tiña:

- Música: tocamos instrumentos como o ukelele, o piano, o tambor, as campás...

- Aula multisensorial: experimentamos con luz negra, piscina de bolas, alfombra sensorial, mesas sensoriais...

- Acrosport: cantas posturas fixemos!!

- Aula STEAM, na que puidemos xogar con Lego e xogos de mesa.

- E caixas de patios dinámicos: disfrazámonos, fixemos manualidades e o observamos a natureza.

O xoves xogamos ao tres en raia na pizarra e despois fixemos zume de laranxa que puidemos degustar na merenda especial que tivemos. Traballamos en equipo a vida práctica e compartimos risas, conversas...

E chegou o venres, o día no que uns compañeiro/as se graduaban en infantil, deixando atrás esta etapa para comezar en setembro unha nova en primaria que estamos seguros que será moi fermosa.

Tamén tivo lugar o festival de fin de curso, no que representamos dúas cancións que preparamos co profe Almudena e no que estreamos a snosas camisetas do coro das emocións dentro do programa de Educación Responsable.

Perdoade que non haxa moitas fotos, pero nos centramos en disfrutar de cada segundo deste día.

Familias despídome este curso dándovos as grazas de corazón por todo e por tanto durante estes meses. Foi unha experiencia única, marabillosa e chea de grandes lembranzas. 

E aos peques dicirvos que os quero moitisimo e non poido estar máis orgullosa de vós e de todo o que conseguíchedes este curso. Grazas tamén a vós por todo o que me ensináchedes. 

Vos desexo un feliz verán e vémonos en setembro.

MINDFULNESS, JIU JITSU E MOITO MÁIS.

Ola familias!!

Esta semana estivo chea de novas experiencias. Comezamos con dúas sesións de Mindfulness para tomar conciencia do corpo e dos sentidos. Convertémonos en flores para escoitar o que nos rodea, ulir, tocar... Tamén fomos conscientes do traballo en equipo, do silencio, do respecto aso demais... Grazas Naiara!!! Foi un pracer!!

Tamén tivemos a sorte de desfrutar dunha sesión de Jiu Jitsu con Iper. A través de xogos puidemos coñecer un pouco máis esta arte e respectar as normas e aso demais. Grazas Iper!! Cantas risas!!

Pero tamén houbo tempo para seguir traballando a nosa creatividade realizando un debuxo con acuarelas sobre o verán.

E reforzamos a identificación de números, maior e menor, ademais do respecto polo turno e as normas grazas ao xogo Mucho Cucurucho, un xogo de verán no que temos que conseguir un xeado con 10 bólas, pero o número de cada bóla ten que ser superior ao anterior.

E por suposto tamén seguimos afianzando a lectoescritura. Os de 4 e 5 anos tiñan que adiviñar a palabra segreda poñendo a inicial de cada debuxo e os máis peques gardaban obxectos no caixón da súa inicial.

Para algúns compañeiros/as o 21 de xuño remata unha etapa, deixan infantil e o curso que ven estarán en primaria. E como hai inseguridades e dúbidas, grazas á profe Lucía e aos nosos compañeiros/as de 1º e 2º puidemos facerlles unha visita, coñecer a aula, cómo se traballa e facerlles preguntas.

Houbo tempo para manexar un pouco de diñeiro e ver como podemos facer para mercar diferentes obxectos. Canto nos fai falla? Moedas, billetes...?

Ademais realizamos pasatempos como sopas de letras e buscar as diferenzas para traballar a lecto e a atención.

E como traballamos tamén a atención? Pois colocando patiños de cores nunha plantilla segundo as indicacións dadas noutra, traballando tamén a orientación espacial.

O luns imos contarlle ao resto dos nosos compañeiros/as todo o que sabemos de China e por iso repasamos todo o aprendido e construimos unha pagoda e a muralla china con lego para ensinarllas.

A semana que ven estará chea de emocións, sentimentos a flor de pel e moitas máis sorpresas.!!!

SAÍDA AO TEATRO E MOITO MÁIS

Ola familias!!

Comezamos o último mes do curso con sentimentos encontrados: por un lado con moitas ganas de desfrutar do verán, pero por outro con nervios porque os maiores soben a primeiro e se preguntan se os imos botar de menos e por suposto que os botaremos de menos, pero no veremos no recreo e polo cole e haberá moitas apertas Sorriso

E nós seguimos traballando moito e afianzando contidos. O luns ao chegar nos atopamos cunha heladería lista para servir ricos helados de amorodo, limón, laranxa, arándanos, de pitufo.... E a iso nos puxemos mans á obra!! Pronto se mesturaron os sabores e xurdiron outros novos, e o importante é que desfrutamos e desenvolvemos a nosa creatividade, motricidade fina, experiencias sensoriais...

Tamén traballamos a nosa creatividade facendo debuxos de forma libre sobre o verán na nosa tea máxica na que pintamos con auga, pero logo o debuxo desaparece. Houbo moitos soles e piscinas.Guiño

E seguimos con actividades de lectoescritura, nesta ocasión para traballar o vocabulario do verán. Limos a palabras, a formamos en maiúscula e minúscula (os máis maiores) e logo a escribimos. Que ben traballamos!!!

Xa temos listas as nosas bolsas para levar os traballos deste trimestre á casa. Pintamos unha estrela de mar coa cor que cada un/unha quixo e lle pusxemos uns olliños e lle fixemos a boquiña; pronto as veredes!

E tamén temos rematadas as portadas dos traballos: unha cuncha decorada con grafismos creativos das cores que nos quixemos para traballar a toma de decisións e a motricidade fina con grafismos que nos axudan na escritura.

O martes fomos de excursión ao teatro Jofre a ver aos nosos compañeiros/as de teatro que o fixeron xenial.Noraboa compis!!

Á volta collimos forzas merendadno fóra aproveitando o bo tempo.

O mércores 5 de xuño conmemoramos o día do Medio Ambiente. Para iso en equipos mixtos saímos á fora a recoller o lixo que había polo cole e tomamos rexistro do mesmo, clasificándoo segundo fose papel, plástico, cartón... Que ben traballamos en equipo e como nos concienciamos da importancida de coidar o entorno que nos rodea.

Outra actividade desta semana para traballar a atención foi identificar as cores en imaxes do verán usando a caixa de cores de Montessori.

E nos gustan moitos os Numberblocks, por iso repasamos o conteo, a grafía- cantidade e as sumas empregando imaxes destes personaxes.

A semana que ben moito máis, que estará chea de sorpresas e novas actividades!!

Distribuir contido