Iniciar sesión: Acceso

REFORZA-T

Novas propostas para a fin de semana!

Ola de novo! Aproveitando a fin de semana, deixovos un caderno descargable con pasatempos. Algúns imprimibles e outros que podedes facer con cousas que teñades por casa. 

Deixovos tamén un enlace á web da que os descarguei que ten ideas de actividades chulas e xogos para pasar este días.

https://www.kietoparao.com/actividades-y-juegos-para-descargar/

Lembrade que todas as profes están subindo materiais chulísimos de contos, vídeos, música...

Eu pola miña parte propóñovos para esta finde que vaiamos creando unha lista de música que vos guste la APP Spotify. Só tedes que copiar e pegar na barra de ferramentas do voso buscador e abrirase directamente. Se queredes, tamén podedes descargar a aplicación en calquera dispositivo. Posto que é unha lista colaborativa, podedes engadir a música que queirades para que todas poidamos escoitala. 

 https://open.spotify.com/playlist/0pne9BZEC1b06yy4jbihxP?si=BmPZ6GVhRNyy1l472MtLPw

Escollede o que vos apeteza e desfrutade moito!

Benvidas e benvidos ao blogue REFORZA-T!

Boas a todas e a todos!

Douvos a benvida ao blogue de REFORZA-T. Quero darvos tamén a noraboa porque sei que estades levando esta situación que estamos a vivir moi ben e tamén traballando moito! Alegrame ver as vosas caras nas fotos e vídeos de todas as actividades que dende o cole vos estamos propoñendo.

Como sabedes, ireivos plantexando a partir de agora a través deste blogue, pequenas cousiñas para axudarvos a mellorar e a resolver as tarefas que vos están propoñendo as titoras.  Tamén, algunhas recomendacións para o estudo ou xogos para facer máis levadeiro o confinamento. 

Esta semana propóñovos que busquedes un momento no voso día a día para escribir un pequeno diario. Podedes facelo nun caderno, un folio, un documento de word... E contar o que queirades do voso día a día na casa, sobre como vos estades sentindo (espero que ben, imos pouquiño a pouquiño), coa familia, sobre as tarefas e o contacto coas profes ou sobre aquilo que esteades a facer no voso tempo libre. Podedes incluso acompañalo con algunha foto ou debuxos. 

É importante que, se vos animades a facelo, mo enviedes antes do xoves 30, pois traballaremos con eses pequenos textos ao longo da próxima semana. 

Lembrade que podedes envialo a calquera dos meus correos ou incluso via whatsapp. Vós decidides o formato. 

Xa de paso, deixovos unha pequena guía que podedes revisar coas vosas familias sobre algunhas técnicas de estudo que vos poden axudar a organizar estes novos horarios e incluso o espazo onde estades traballando. 

Sen máis, deséxovos moi boa semana e mándovos unha APERTA ENORME!!!!!!!

Distribuir contido