Ao longo deste curso, o alumnado de Educación Infantil, vai desenvolver o proxecto lector a través dun plan anual de lectura titulado "Lendo, letra a letra chegamos á meta".
Este plan anual de lectura consiste en ir lendo, de xeito alfabéticamente ordeado, diferentes contos na media hora diaria adicada ao proxecto lector; de tal xeito que se comezarán a ler contos cuxos títulos comecen pola letra "A" e, remataremos en xuño lendo contos que empecen pola letra "Z".
As nenas e nenos de Educación Infantil elaboraron un panel con todas as letras onde irán pegando, cada día, unha fotocopia da portada do conto que lean; así cando remate este plan anual de lectura terán recollidas nese panel, todas as lecturas que fixeron ao longo do curso.
As nenas e nenos poden traer ao cole contos que empecen pola letra correspondente en cada momento. Este é o calendario de letras:
D 19 OUTUBRO |
E 27 OUTUBRO |
F 9 NOVEMBRO |
G 17 NOVEMBRO |
H 24 NOVEMBRO |
I 26 NOVEMBRO |
J 9 DECEMBRO |
K 18 DECEMBRO |
L 11 XANEIRO |
M 19 XANEIRO |
N 27 XANEIRO |
Ñ 4 FEBREIRO |
O 5 FEBREIRO |
P 18 FEBREIRO |
Q 1 MARZO |
R 8 MARZO |
S 17 MARZO |
T 6 ABRIL |
U 14 ABRIL |
V 22 ABRIL |
W 3 MAIO |
X 4 MAIO |
Y 10 MAIO |
Z 12 MAIO |
Aquí tedes unhas fotos deste proxecto.