Iniciar sesión: Acceso

Peques de A Laxe

XOGANDO EN FAMILIA

Esta semana tivemos de novo a sorte de contar coas nosas familias para pasar un ratiño xuntos xogando a xogos de mesa.

Os peques de 3 anos xogaron ao "Un", modificando un pouco as regras para adaptarnos ao ritmo madurativo dos nenos e nenas, e a "Catch it! Butterflies", onde tiñaN que atopar a bolboreta que tiña as características que indicaban os dados (tamaño e cores).

Os peques de 4 anos xogaron a "Adivina en 10" do mundo animal, onde tiñan que adiviñar un animal segundo as pistas que lle daba o compañeiro/a, e "Postman", no que o obxectivo é entregar o correo nas casas correctas.

E os peques de 5 anos xogaron a "Taco, gato, cabra, queso, pizza" no cal hai que estar moi atento e concentrado, e "Emotio", xogo no que se traballa  a  identificación de emocións.

MOITAS GRAZAS POR VIR FAMILIAS!!!!

SEGUIMOS COAS PROPOSTAS DE NADAL!!

Ola familias!!

Esta semana continuamos coas propostas de Nadal!! Tamén contamos coa visita de Gemola que nos contou o seu conto "Klad, o papagaio adhesivo". Podedes ver a publicación na sección de biblioteca.

O elfo estes días tamén estivo moi activo. Seguiu coas súas trasnadas.

E tamén continuamos co calendario de advento, que como sabedes en cada saquiño temos unha proba (adiviña, pregunta...). Nun deles o reto era facer unha árbore de Nadal!!! Que bonito quedou!!

Unha das propostas de motricidade fina foi decorar unha árbore de Nadal feita de oveiras con boliñas, pero había que usar as pinzas e iso conleva un maior  traballo das nosas mans para que collan forza, sen esquecer a parte creativa.

Tamén traballamos a pinza, pero esta vez coas pipetas para poder darlle cor a barba de Papá Noel.

Como proposta de lecto os maiores decoraron unha árbore con gomets asociando as maiúsculas coas minúsculas.

Os peques de 4 anos tiñan un saquiño cunha goma de Nadal e as letras para formar o seu nome. E así, coa axuda da tarxeta, completaron todo!!

E os peques de 3 fixeron o mesmo, pero as letras estaban algo mesturadas.

E xa temos elaboradas as bolsas para os traballos deste trimestre. E como queremos fomentar a autonomía eles/elas mesmos/as se pintaron as mans que estamparon na bolsa. Despois marcaban a forma dun triángulo e o cortaban, o pegaban e o decoraban con gomets de cores. Que orgullosa estou deles e delas!!

 

Tamén houbo unha proposta con plastilina, esta vez con moldes e selos de Nadal.

E tamén elaboramos a portada dos traballos: decoramos unha luva de inverno con grafismos creativos adaptados a cada idade e ritmo madurativo, as pegamos na cartolina e decoramos o fondo con copiños de neve: os peques de 3 anos fixéronos cos seus dediños e pintura branca, e os maiores con rotulador azul.

E por suposto tamén houbo propostas de lóxica matemática. Os maiores  completaron unha árbore de sumas: partiron dun número de base e foron sumándoos ata chegar arriba de todo.

Os de 4 anos contaron os elementos que había iguais e apuntaron o número, traballando así a grafía.

E os de 3 anos contaban os obxectos de Nadal dunha tarxeta e cunha pinza marcaban o número correspondente.

Outras das propostas de aproximación á lecto escritura foi para os maiores a de ler unha tarxeta con vocabulario destas datas, buscar o debuxo corresponente e despois formalo en minúscula.

Os máis peques da clase buscaron a inicial de obxectos de Nadal.

E os peques de 4 anos completaban os nomes con vogais ou consoantes.

E xa comezamos a elaborar as postais de Nadal!! Primeiro decoramos a man do Grinch e picamos unha boliña. A semana que ven as rematamos.

Outra das propostas de motricidade fina foi decorar con contas pequenas unha árbore especial feita con limpapipas (esta actividade foi para os maiores).

Os de 4 anos decoraron a barba do Papá Noel e os de 3 anos fixeron un bastón de caramelo cunhas boliñas máis grandes.

A semana que ven é a última do trimestre, pero está chea de sorpresas!!Guiño

SEGUIMOS COAS PROPOSTAS DE NADAL

Ola familias!!!

Esta semana foi moi curta, pero deu para moito.

Comezamos coas trasnadas que fixo o elfo. Cando chegamos á aula o luns o noso elfo metérase nun rolo de papel hixiénico moi de nadal e o esparcira por toda a clase. 

E o martes estaba vendo unha película comendo palomitas!!!

Tamén continuamos abrindo o noso calendario de advento e resolvendo o pequeno reto que atopamos en cada saquiño.

Unha das propostas foi desfrutar do minimundo de Nadal: un pobo con neve, casiñas, árbores, trineo e ata un boneco de neve.

E con árbores seguimos porque como proposta artística tivemos que decorar unha árbore de Nadal con pompóns e pedriñas de cores. Somos uns artistas!!! Os maiores, á hora de recoller, fixérono clasificando todo por cores de forma espontánea.

E como actividade de lóxicamatemática tivemos que poñer tantas galletas nun bote como nos indicaba o dado (reforzando a subitización) ou o número.

O domingo 3 de decembro celebrouse o Día das persoas con discapacidade e nós contamos este conto onde a súa protagonista, Álex, nos presenta aos seus compañeiros/as coas súas características, entre os cales estaba un que necesita unha cadeira de rodas, outro que emprega a lingua de signos para comunicarse ou outra que necesita un bastón porque non ve moi ben.

Ademais houbo unha sesión de creatividade preparando adornos de Nadal empregando materiais de refugallo como cds ou cartón.

Ata lle demos de comer a Papá Noel, ó seu reno e a un dos seus elfos unha sopa de Nadal moi rica, pero cantas culleres lle damos? Pois as que no indica o dado, traballando desta forma o conteo, sen esquecer a coordinación óculo-manual nos trasvases.

E como non, cado recollemos temos que barrer o que caeu ao chan, actividades propias da vida práctica.

Unha das propostas foi de lectoescritura e para iso os maiores tiveron que ver que había nunha bóla, escribir o seu nome e debuxalo. 

Os máis peques traballaron vocabulario destas datas formando o nome con letras, avanzando na conciencia fonolóxica.

E seguimos coa coordinación óculo- manual, a pinza e a concentración ao decorar unha árbore ou bóla de Nadal con pompóns na mesa de luz empregando as pinzas.

Para traballar o esquema corporal debuxamos a un elfo, respectando o ritmo de cada un/unha.

E tamén rematamos a actividade de outono que tiñamos pendente porque necesitábamos que secara. Nesta ocasión realizamos diferentes grafismos creativos que nos axudan na lectoescritura (direccionalidade de trazos).

E rematamos xogando ao bingo. Que concentrados estivemos para ver se tiñamos os elementos mencionados.

Boa ponte!! Vémonos o luns!!

DESPEDIMOS NOVEMBRO E LLE DAMOS A BENVIDA AO MES DO NADAL

Ola familias!!!

Estas son as actividades que realizamos esta semana.

Manipulamos e xogamos co minimundo do outono no que había lentellas, tractor, cabazas, nims e moitas setas de diferentes cores.

Estivemos traballando a atención e a coordinación óculo- manual con dous xogos: un era novo que consistía en formar o sandwich segundo as indicacións das tarxetas, e outro xa o coñecíamos, que era o de formar as torres coas pezas que nos indicaba unha tarxeta.

Seguimo afianzando a asociación grafía- cantidade, o conteo, as sumas e a atención cun xogo novo no que tiñamos que poñer tantos animais de cada tipo como nos dicía unha tarxeta e logo contar cantos animais había en total.

Tamén fixemos a última actividade de arte do outono na que deixamos a forma dunha folla no medio dunha cartolina estampando esponxas con pintura laranxa ao redor da folla. Pero esta actividade no remata aquí. Guiño

Como proposta de lectoescritura os peques de 4 anos completamos o nome dunhas imaxes poñéndolle as vogais (actividade que xa realizáramos a semana pasada de forma máis manipulativa).

Os peques de 3 anos seguiron afianzando o seu nome: primeiro o formaban con selos de letras, despois o facían repasando os puntiños e por último de forma autónoma.

E os peques de 5 anos formaban o nome dunhas imaxes avanzando así na conciencia fonolóxica, sempre respectando o nivel de cada un/unha.

O venres cando chegamos á clase tiñamos varias sorpresas:

Un calendario de advento no que imos ir abrindo cada día un saquiño, no que temos unha pequena proba (adiviña, reto de lectoescritura...) e un agasallo de Nadal.

Pero a maior sorpresa foi ver de novo ao noso amigo o Elfo que ven do Polo Norte a pasar unha tempado con nós. O que pasa é que lle gusta facer trasnadas e o primeiro día deixounos un saúdo na pizarra moi creativo, estando él enriba. A ver que fai os próximos días!!Guiño

Tamén tiñamos un buzón no que apareceu unha carta que nos falaba da chegada do Elfo, e sabedes quen a firmaba? O mismísimo Papá Noel!!!

Como rematamos o mes de novembro fixemos o rexistro do tempo contando os pompóns que hai en cada bote e deixando todo rexistrado nunha folla.

E como está acabando o trimestre, tamén estamos rematando o proxecto dos flamengos. Nesta ocasión fixemos a portada construíndo un quebracabezas de flamengos e formando o seu nome con selos de letras de cor rosa.

A vindeira semana é máis curta, pero estará chea de novas propostas de Nadal e esperando ver que sorpresas nos ten o Elfo.

PASIÑO A PASIÑO

Ola familias!!

Aquí estamos de novo para contarvos todo o que aconteceu na nosa clase esta semana.

Comezamos o luns coa conmemoración do Día da infancia. Para iso saímos ao corredor a ver o cartel onde se recollen algúns dos nosos dereitos como nenos e nenas e falamos sobre eles.

Entre eses dereitos está recibir coidado por parte da nosa familia e ter un nome. Por iso collemos uns dos bonecos da aula e lle puxemos un nome: Juanito e durante toda a xornada estivemos coidando del. Saíu con nós ao patio, estivo no xogo por recunchos...

Como proposta de lóxicamatemática traballamos a descomposición dun número, nesta ocasión o 8. Primeiro fixémolo de forma manipulativa e despois rexistrámolo todo nunha folla, repasando de novo o conteo e grafía dos números (para uns é repaso e para outro seguimos afianzándoa).

Os máis peques da clase traballaron a asociación de grafía- cantidade. Para iso collían un post it cun número de elementos, contábanos e poñíano na casiña correspondente. Como estamos avanzando!!!

Como proposta sensorial tivemos a oportunidade de manipular bombas de baño de diferentes formas e texturas. Sabedes que se mesturaron cores e obtivemos outras novas? Ao mesmo tempo tamén traballamos coas nosas mans ao usar as pipetas.

Dentro do xogo libre puidemos compartir momentos entre todos desfrutando dos xoguetes que trouxeron Nico, xogo de piratas e do corpo humano, e Beltrán, maletín de doutor/a.

E continuamos co proxecto dos flamengos, nesta ocasión coñecemos as 6 especies que hai, identificando cada unha para poder deixar rexistro diso.

Tamén preparamos as mans que a FEANPA nos deu para conmemorar o 25N. Previamente estivemos falando do que está ben e do que non en relación con este tema e despois clasificamos acccións correctas e incorrectas nesas mans (algunhas poñían non e outras si).

Esta semana o grupo de 4 e 5 anos estivemos traballando a creatividade, nesta ocasión a escritura creativa. Para iso a mestra ía sacando obxectos dunha caixa e cada compañeiro/a ía iniciando ou completando unha historia. Non vos podemos dicir máis porque está en proceso Guiño

E chegou o venres, día no que conmemoramos todos xuntos no centro o 25N. Para iso colgamos as mnas nunha corda morada e fixemos algo moi especial que moi pronto veredes na páxina principal da páxina web. Estade atentos!!

Pero o venres tamén estivemos afianzando a lectoescritura. Os máis peques collían letras e buscábanas na plantilla. Que ben o fixeron!!!

E os peques de 4 e 5 anos tiveron que completar unhas tarxetas cos nomes de froitas ás que lles faltaban as vogais. Son uns campeóns e campeonas!!!

Tamén queremos que vexades como traballamos en equipo de forma libre, nesta ocasión formando un quebracabezas de Frozen e outro dos flamengos que trouxo Duarte.

Ata a semana que ven!!!

Distribuir contido