Iniciar sesión: Acceso

Educación Física

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

NETFIT11

Ola chic@s!

Xa metidos en Xuño, acércase fin de curso. No cole teríamos xogos de auga, o trivial da Educación Física, as pelotas botiboti...e todos esos xogos que tanto vos gustan coa chegada do bo tempo.

Recuperarémolos para o vindeiro curso!

Este blog cérrase por este curso con algunhas propostas que me quedaron pendientes e que me gustaría que teñades, para probar estes días que veñen chuviosos ou cando queirades, xa que todos os enlaces e entradas anteriores quedarán activas no blog.

Gozade no verán!

Correde, saltade, brincade, bañádevos na praia...espero que o pasedes en grande!

Mil bicos!

Vémonos prontiño!

Lidia.-

NETFIT10

Ola chic@s!

Unha semana máis neste blog para ofrecervos algunhas propostas de movemento.

Nesta nova Fase 2 supoño que moitos aproveitaredes para ir a praia. Non deixedes de correr,  brincar, arrolar..! Desfrutade da natureza  e da liberdade sen olvidar as medidas de prevención que temos que seguir tendo.

Aquí tedes varias propostas para seguir movéndonos...

Un xogo que xa coñecedes, Virus, pero na súa versión Educación Física. Podedes imprimilo, metelo nunha caixiña e levalo a praia ou a donde queirades para xogar con el. Inclúe as instruccións. Tédelo en documentos adxuntos.

Para os máis peques, taboleiro de Psicomotricidade de rato a rato. Tédelo en documentos adxuntos.

Se tedes tapóns na casa, aquí tedes unha idea para xogar con eles.

Vídeo de entrenamento como un verdadeiro superheroe.

Recordades as indiacas do cole? Pois aquí tedes un vídeo para construílas na casa e xogar!

Por si queredes pasar un rato entretido en familia, aquí tedes un SCAPE HOME, un xogo de pistas online...

https://view.genial.ly/5ea3627b8cfd990d7d7723ec/game-breakout-escape-home-motriz-y-cognitivo?fbclid=IwAR2jxde4dSR2LVTZMzWhIUxuZXcbkzceTfVGydPpg4HZMDJu7AFBhRn94zk

Un pouco de bailoteo para alegrar o día...

E por último, como sempre, algo de relaxación...

MIl bicos chic@s! Seguide movendo o cu!

Agora, se podedes, na natureza!

Estámolo conseguindo!

Lidia

NETFIT9

Ola chic@s!

Como vos adiantei a semana pasada, esta ímola adicar ao xogo tradicional galego.

Déixovos varias propostas e anímovos, como sempre, a que me enviedes algunha foto ao meu correo electrónico cartamil8@gmail.com (unha foto por correo por favor).

Podedes descubrir algún xogo dos que vos propoño ou falar cos vosos familiares para xogar con eles a algún xogo ao que eles xogaban de pequenos. É unha boa ocasión para aprender a facer un enredo tamén!

Este é un resumo de un encontro de Xogos Tradicionais que organiza todos os anos XOTRAMU, unha asociación de Muimenta.

Páxina web de recursos en torno ao xogo tradicional.

Amplo traballo de recollida e descrición de xogos polas asociación XOTRAMU.

Imagen

Como contruír unha zoadeira de botón.

E uns exemplos de xogos de palmas que tanto me gustan e que xa fixemos no cole agunha vez.

MIL BICOS CHIC@S!

ESTÁMOLO CONSEGUINDO XUNT@S!

SEGUIDE QUEDANDO NA CASA!

LIDIA

NETFIT8

Ola chic@s!

Benvidos un martes máis a clase de Educación Física!

Xa estamos na FASE 1, estámolo facendo tan ben que pouco a pouco imos recuperando nova normalidade. Temos que seguir facendo as cousas así de ben !

E como todavía nos toca quedarnos na casa un pouquiño máis, aquí tedes as miñas propostas para movernos un pouco!

Comezamos cos máis peques...

https://www.facebook.com/watch/?ref=saved&v=254973365551959

Seguimos con máis exercicios de coordinación para tod@s...

Este ano teríanse que celebrar  os xogos olímpicos 2020, pero tiveron que aplazarse por mor do virus. Déixovos este xogo aos maiores para practicar un pouco sobre eles...

No cole estamos celebrando a semana das Letras Galegas, e non nos podemos olvidar que nesta época sempre empezamos a traballar os xogos tradicionais. Empezamos con algo esta semana e continuaremos a seguinte.

Neste enlace veñen 12 xogos tradicionais. Anímovos a practicar algún nesta semana!

https://praza.gal/ducias/xogos-tradicionais-galegos

E rematamos con un pouco de baile tradicional para dar a despedida!

Mil bicos compañeir@s!

Xuntos conseguirémolo!

Seguide movendo o cu!

Distribuir contido