Iniciar sesión: Acceso

ESTAMOS DE VOLTA COAS PILAS CARGADAS!!

Ola familias!!! 

Despois das vacacións volvemos coas pilas cargadas e preparados para afrontar este terceiro trimestre con enerxía.

Seguimos realizando na asemblea diversas actividades, entre elas as que teñen que ver coa lóxicamatemática.

Cando nos marchamos era marzo, pero voltamos en abril, entón tiñamos pendente facer o rexistro do tempo de marzo, e iso fixemos.

Esta semana houbo unha novidade no recuncho da casiña: agora temos unha casa da árbore coa que por suposto nos estivemos familiarizando.

E a profe nos puxo unha noticia sobre a erupción dun volcán e así descubrimos que este trimestre imos coñecer máis sobre eles.

Rafa nos trouxo un pedra volcánica do Teide e puidemos manipulala.

E comezamos con algo moi chulo que imos preparar, vos imaxinades que pode ser?

Como proposta de lectoescritura estivemos traballando o vocabulario da primavera, como sempre todo adaptado ao ritmo de cada un/unha. Nesta ocasión tiñamos que formar o nome das imaxes que aparecían nunhas tarxetas.

E o luns foi o Día das Artes Galegas, que este ano se lle adicou a Francisco Asorey, un escultor. Despois de coñecelo nos convertemos en escultores/as e creamos as nosas propias esculturas: unicornios, coches...

Como proposta sensorial tivemos que coller con pinzas unhas xoaniñas que había entre "herba". Traballamos moito a motricidade fina sen ser conscientes.

Outra das novidades desta semana foi este novo material: plus plus, cos que nos estivemos familiarizando de forma libre.

Ademais tivemos moita sorte de ver xogar ao noso compañeiro Antón de 1º cos seus compañeiros/as de hóckey. 

En valores, este mes llo adicamos á saúde e esta semana reforzamos a importancia dun bo lavado de dentes e un equipo xogou a un xogo de mesa sobre este tema, traballando tamén o respecto polo turno, o conteo...

Outra das propostas de lóxicamatemática foi, para os de 3 anos, traballar a grafía dos números poñendo fichas de cores sobre os número seguindo a súa direccionalidade.

Os peques de 4 anos tivemos que colocar as fichas de dominó no seu lugar. En primeiro lugar identificando os seus puntiños, pero logo vendo só os números tendo que asociar a grafía cantidade.

E os maiores realizamos sumas un pouquiño máis complicadas, posto que nos demos conta de que nos pasabamos de 10 nas unidade e tiñamos que cambialas por unha decea.

Outra das propostas foi traballar a direccionalidade cos insectos. Tiñamos unha plantilla na que buscabamos o insecto do que partir, traballando así a atención; despois seguiamos as flechas (direccionalidade) e viamos a que insecto chegábamos, buscando o seu debuxo.

O conto desta semana foi "Wanda y la abeja misteriosa" de Paula Merlán, unha historia fermosa que nos fala da aventura desta cadeliña por seguir a unha abella e na que coñece a unha amiga que se queda para sempre con ela no seu fogar. Así falamos da responsabilidade que supón ter unha animal na casa e que podemos facer se queremos adoptar un/unha.

Despois fixemos un debuxo da historia.

Os peques de 4 e 5 anos esta semana reforzamos a descripción, debuxando segundo as características que nos ía dicindo a mestra. Depois comprobamos se se parecía o noso debuxo ao  orixinal.

Ata a próxima semana!!!